Orixe e Formación da Lingua Galega: Substrato e Superestrato

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,67 KB

A historia da lingua galega comeza cando os colonizadores romanos trouxeron o latín ao noroeste da Península Ibérica. Sufriron un proceso de asimilación cultural. As linguas prerromanas deixaron a súa pegada sobre o idioma dos colonizadores, por iso, conforman o substrato galego.

O Substrato na Lingua Galega

As linguas que forman o substrato galego son as linguas prelatinas. Non tiñan cultivo escrito, tiñan dous tipos de achegas ao substrato: o indoeuropeo e o preindoeuropeo.

Achegas Preindoeuropeas e Indoeuropeas

O compoñente preindoeuropeo foi na Idade de Pedra. Teñen 3 grupos: as de orixe caucásica, as de orixe euroafricana ou mediterránea e as palabras ás que non podemos atribuír unha orixe certa.

Influencia Celta na Gallaecia

No ano 800 a.C., os pobos preindoeuropeos foron desprazados. Destacaban os celtas, que se estenderon por Europa central e occidental. O nome do noso país e o xentilicio que nos designa é de orixe celta. Existen celtismos que foron incorporados a través da romanización. Os romanos e celtas mantiveran unha dilatada convivencia con anterioridade. A meirande parte da influencia celta é substratística. Outra influencia celta produciuse na evolución fonética que sufriu o latín. O proceso de aprendizaxe dun idioma novo realízase a partir da fonética e do modo de entoación da primeira lingua. Os hábitos articulatorios das linguas prelatinas influíron con toda certeza no latín empregado polos habitantes da Gallaecia. Houbo unha pegada toponímica celta.

Pegada Léxica Preindoeuropea
  • Mato
  • Queiroga
  • Carqueixa
  • Carrasco
  • Amorodo
  • Sobaco
  • Barranco
  • Barro
Pegada Léxica Celta
  • Berce
  • Billa
  • Balor
  • Burato
  • Bugallo
Toponimia de Orixe Celta
  • Bugallo
  • Coruña
  • Laxe
  • Miño
  • Barallobre
  • Castrobe

O Superestrato na Lingua Galega

Co fin do Imperio Romano, foronse impoñendo as bases da sociedade medieval. A Gallaecia constituíuse cunha forte identidade de seu. No século IV e principios do V tivo lugar o primeiro espertar cultural.

Influencia Xermánica (Suevos, Vándalos, Visigodos)

Amais dos suevos, chegaron á Gallaecia outros pobos xermánicos coma os vándalos e os visigodos. As linguas dos pobos xermánicos que se estableceron a partir do S. V forman parte do superestrato do galego. A influencia exercida sobre a lingua latina é superficial, fundamentalmente de tipo léxico e onomástico.

Influencia Árabe na Península Ibérica

No ano 711, entran os árabes na Península e dominan o territorio do reino visigodo. A presenza árabe debuxou un mapa político e cultural na Península que conduciu á constitución dos diferentes romances hispánicos. As falas do norte van dar lugar a cinco linguas romances. Algunha delas protagoniza durante a Idade Media un proceso de expansión cara ao sur, a medida que reducen o dominio territorial árabe e o dominio lingüístico do romance do sur: o mozárabe.

Arabismos no Léxico Galego

O vocabulario de orixe árabe afecta a moi diversos campos léxicos. Unha boa parte dos arabismos chegaron a nós a través do castelán.

Antroponimia de Orixe Árabe
  • Afonso
  • Alberte
  • Álvaro
  • Elvira
Léxico Común de Orixe Árabe
  • Agasallar
  • Arpa
  • Esmagar
  • Espeto
  • Frecha
  • Galardón
  • Guerra
Toponimia de Orixe Árabe
  • Sada
Arabismos Comúns (Léxico)
  • Alcalde
  • Aldea
  • Algodón

Entradas relacionadas: