Orixe da filosofía grega: do mito ao logos
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 1,78 KB
O nacemento da filosofía en Grecia
A filosofía xorde en Grecia, onde era o mesmo que a ciencia, no século VI a.C. Prodúcese cando se pasa da explicación imaxinativa, arbitraria e global (o mito) a unha explicación necesaria, causal e racional acerca da realidade (o logos).
O problema da Physis e o concepto de Arché
A filosofía grega comeza como unha reflexión en torno ao problema da physis (natureza), coa pregunta de por que a natureza é un cosmos, un todo ordenado, cando no fondo todo é diferente e está en continuo cambio. Os primeiros pensadores crían que, no fondo, todo é o mesmo: a pesar da pluralidade, hai un principio de esencia; a pesar da diferenza, hai un principio de igualdade e, a pesar do cambio, hai estabilidade. Isto denomínase o principio ou arché.
A physis explícase a través do arché: a existencia dun principio primeiro do que todo proceda, no que todo consista e ao que todo retorne.
Ideas básicas dos primeiros filósofos
Hai dúas ideas básicas nos primeiros filósofos gregos:
- A materia (a natureza, o mundo) é eterna.
- O movemento de remuíño, de carácter circular, a partir do cal a materia se pon en movemento e se xera todo o que existe.
As respostas ao problema do Arché
Existen varias respostas ao problema do arché. Os filósofos milesios, por exemplo, propuxeron que o principio ou arché é un elemento de carácter material, como o aire, a auga, a terra ou o ápeiron.
- Tales de Mileto: Propuxo a auga como arché, por ser un elemento fundamental para a vida.