A Orixe e Evolución do Ser Humano: Perspectivas Antropolóxicas e Científicas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,3 KB

Antropoloxía: O Estudo do Ser Humano

A Visión Aristotélica e a Perspectiva Científica

Segundo Aristóteles, o home “é un animal racional e político”. A antropoloxía utiliza a ciencia para o seu estudo. O home é a especie animal máis intelixente, aínda que xeneticamente somos moi parecidos aos chimpancés. Non somos a especie elixida, senón que, como di Folei, somos unha especie única e intelixente entre as outras.

O Paradigma Evolucionista

As Teses de Darwin e a Selección Natural

Darwin escribiu a obra “A orixe das especies”, na que contradicía a teoría dos naturalistas e a da maioría da poboación que cría na influencia dos deuses. Formulou as teses evolucionistas:

  • Os factores hereditarios dos pais varían nos seus fillos, e a maior variación, maior capacidade para adaptarse desa especie: a teoría da selección natural.
  • Os recursos alimenticios non medran ao mesmo tempo que a poboación e chegará un momento no que non haxa recursos para todos, o que dará lugar á loita pola supervivencia. Só van sobrevivir os mellor adaptados.
  • A evolución é froito do azar e non explica a evolución dunhas especies a partir doutras. A evolución é un cambio sen ningún propósito e non busca a perfección.

A Teoría da Evolución Actual

A actual teoría da evolución é unha combinación das ideas de Darwin e o desenvolvemento da xenética.

Correntes Opostas á Evolución

Linneo e Cuvier opoñíanse á teoría de Darwin, defendendo o Fixismo e o Creacionismo.

Fixismo

O Fixismo afirma que todas as especies vivas hoxe en día son idénticas a como apareceron por vez primeira na Terra, é dicir, non evolucionaron. Explica que no pasado puideron existir especies que hoxe non existen, o que explicaría o descubrimento dos restos fósiles.

Creacionismo

O Creacionismo afirma que todas as especies vivas foron creadas por Deus tal e como son hoxe, polo que tamén se opón a que as especies aparecesen de forma gradual.

Deseño Intelixente

A teoría do “deseño intelixente” oponse á teoría da evolución, xa que ve imposible que o azar dea lugar aos órganos, como, por exemplo, un ollo. A isto chámanlle o principio da “complexidade irredutible”.

A ciencia acepta a teoría da evolución.

Implicacións Sociais da Teoría Evolutiva

Darwinismo Social

O Darwinismo social defende que os comportamentos humanos están determinados por leis biolóxicas ou evolutivas. O seu máximo defensor foi Spencer. Foi utilizado entre os séculos XIX e XX, defendendo que os seres máis fortes deberían sobrevivir. Calquera acción dirixida aos "débiles" (pobres) era inútil, porque ía en contra da bioloxía. Este Darwinismo social é apoiado polos racistas, que defendían que razas inferiores como os africanos deberían someterse a razas superiores como as europeas, o que levou aos nazis a matar os xudeus nos campos de concentración.

Euxenesia

A Euxenesia refírese a intervencións dirixidas a mellorar as cualidades do ser humano para que poida adaptarse ao medio.

Entradas relacionadas: