Orixe e Evolución do Galego: Estratos Lingüísticos e Formación do Léxico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,13 KB

Formación da Lingua Galega

Toda lingua ten a súa orixe noutra anterior da que é variedade tópica ou dialecto. Así, o galego, castelán, catalán, etc., son dialectos románicos, romances ou neolatinos (variantes xeográficas do latín vulgar).

O galego é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín vulgar (traído polos colonizadores nos séculos II e I a.C.). Para entender a diferenza do galego cos outros romances hai que ter en conta:

  • A distancia que separaba o noso territorio da metrópole (Roma), o galego é máis conservador.
  • Os diferentes momentos na colonización e o grao de penetración. Os romanos colonizan Galicia 200 anos despois que a franxa mediterránea.
  • O nivel de instrución dos axentes da latinización (lexionarios, funcionarios...).
  • Os estratos lingüísticos orixinados polos desprazamentos dos pobos coas súas culturas e linguas.

Estratos Lingüísticos: Substrato, Estrato, Adstrato e Superestrato

Substrato

É a influencia dunha lingua nativa ou indíxena sobre outra lingua implantada no mesmo territorio. O substrato lingüístico galego fórmano as linguas que se falaban en Galicia antes da chegada dos romanos, e que desapareceron coa implantación do latín.

Estrato

É a lingua base da que deriva a nosa, o latín.

Adstrato

É a recíproca influencia entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio. A influencia do castelán sobre a fala galega e a do galego sobre o castelán que se fala en Galicia.

Superestrato

É a influencia exercida sobre unha lingua autóctona por unha lingua invasora. A influencia das linguas xermánicas ou árabes sobre o latín vulgar de Galicia entre os séculos V e IX.

Formación Histórica do Léxico Galego

Palabras Patrimoniais

Proceden do latín vulgar e evolucionaron totalmente ata chegar á forma actual. Foron incorporadas na época da colonización romana, transmitíronse por vía oral e acadaron un uso xeneralizado. Constitúen a maior parte do noso léxico.

Exemplos:

Amicum= amigo, Aurum= ouro, Caelum = ceo, Calentem= quente, Causam= cousa, Chamare= chamar, Directum = dereito, Factum=feito, Flagrare= cheirar, Flammam= chama, Legere= ler, Natare=nadar, Noctem= noite, Paucus= pouco, Pectum= peito, Plagam= chaga. Popolum= pobo, Subputare= chapodar, Secare= segar. Taurum= touro Tenere= ter ,Vedere=ver

Auga, Catro, Cea, Chuvia, Chan, Chama, Chamar, Cortello, Comer, Dor, Estado, Feito, Ferreiro, Gardar, Illa, Leite, Moer, Moito, Ollo, Outro, Partilla, Pedra, Perigo, Pobo, Pontella, Segredo, Tempo.

Semicultismos

Son palabras do latín que experimentaron cambios fonéticos, pero non todos os que lles corresponderían. Evolucionaron menos cas palabras patrimoniais e máis cos cultismos.

Delicatum: delicado, Miraculum: milagre, Flaccum: fraco.

Outras: artigo, branco, cravo, crego, cobra, insua, frouxo, prata.

Cultismos

Son palabras que procedentes do latín escrito conservamos sen cambios relevantes porque se incorporan tardiamente á lingua.

Acuático, capítulo, cátedra, chip, computar, colocar, democracia, disquete, encefalograma, glándula, hidróxeno, hipopótamo, mecánica, pleno, oftalmólogo, secreto.

Latinismos

a priori, ídem, lapsus, ipso facto, ex professo (a propósito para iso), hic et nunc (agora mesmo), sine die (sen data), in media res (no medio das cousas), in albis (en branco), ad litteram (ó pé da letra), ad hoc (está feito para iso en concreto), rara avis (algo extraño), honoris causa (para honrar), de iure (por dereito), de facto (de feito), in situ (no lugar), muto propio (por propio impulso).

Abstracción, Acuoso, Altruísmo, Audiencia, Clave, Cuaternario, Dolor, Escena, Estatal, Factor, Guarismo, Inflamable, Lácteo, Monóculo, Multitude, Opción, Partícula, Pluviómetro, Popular, Primaria, Precepto.

Pares Léxicos

Son formas patrimoniais e cultas que derivan dun mesmo étimo latino. Ou dun mesmo étimo deriven unha culta, unha semiculta e unha patrimonial.

Conciliu: concello (patr.), concilio (cult.)

Collocare: colgar (p.), colocar (c.)

Calidu: caldo (p.) cálido (c.)

Clavícula: chavella (p), caravilla (s.) clavícula (c.)

Plena: chea (p) prea (s) plena (c)

Regula: rella (p) regra (s) regular (c)

Entradas relacionadas: