Organización social e económica no Antigo Réxime
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,43 KB
Señorío territorial: No Antigo Réxime, dereito de propiedade dos señores sobre a terra
Señorío xurisdicional: No Antigo Réxime, dereito dos señores de xulgar aos campesiños que viven e traballan nas súas terras.
Asento de negros: Dereito outorgado a Gran Bretaña trala Guerra de Sucesión española polo cal podía comerciar con escravos negros na América española.
Navío de permiso: Dereito outorgado a Gran Bretaña trala Guerra de Sucesión española polo cal podía exportar e importar mercadorías, unha vez ao ano, na América española.
Tratado de Utrecht: Conxunto de tratados que pon fin á Guerra de Sucesión española e que implica outorgar a Gran Bretaña o asento de negros, o navío de permiso e supón, asemade, perdas territorias para España como Menorca ou Xibraltar.
Guerra da Sucesión Española: Conflicto bélico (1708-1714) Felipe V foi recoñecido como Rei, pero non foi aceptado por gran parte das potencias europeas e proclamaron rei do Arquiduque Carlos Hasburgo (Francia aliada con Castela contra G. Bretaña, Austria, Roma, Aragón, para obter o trono)
Barbeito: Descanso da terra de cultivo durante un ano que permite que recupere os seus nutrientes.
Rotación bienal: Sistema de cultivo polo cal a terra se divide en dúas franxas e cada ano, de maneira alterna, se deixa unha delas descansar (barbeito). Deste xeito, cada fracción de terreo descansa cada dous anos. Con este sistema se aproveita cada ano só a metade do terreo cultivable.
Rotación trienal: Sistema de cultivo polo cal a terra se divide en tres franxas e cada ano, de maneira alterna, se deixa unha delas descansar (barbeito). Deste xeito, cada fracción de terreo descansa cada tres anos. Con este sistema se aproveita cada ano dous tercios do terreo cultivable.
Renda: Parte da colleita que o campesiño paga ao señor polo uso da terra de cultivo.
Taxa: Cantidade de diñeiro que debe pagar o cidadán no estado por determinados servicios que en ocasións ten carácter de imposto ou tributo
Domestic system: Sistema produtivo industrial que pretende escapar ao control dos gremios para o cal, en vez de artesáns, un emprendedor emprega a campesiños no período de tempo no que non están ocupados en tarefas agrarias. É típico do sector textil.
Gremio: No sistema económico do Antigo Réxime, asociacións de artesáns do mesmo oficio.
Mercantilismo: Sistema económico que defende que a riqueza das nacións depende da cantidade de ouro e prata e metais preciosos que posúan. Favorece as exportacións sobre as importacións. En Francia chamouse Colbertismo e deuse durante o reinado de Luis XIV.
Estamento: Cada un dos grupos sociais do Antigo Réxime ao que se pertencía por nacemento. Podían ser privilexiados ou non privilexiados. Son clero, nobreza (privilexiados) e campesiñado e grupos urbanos (artesáns e burgueses, non privilexiados).
Privilexiado: No sistema social do Antigo Réxime, grupo social que gozaba de privilexios tales coma non pagar impostos, cobralos, non traballar, xulgar e ser xulgados por membros do seu estamento
Non privilexiado: No sistema social do Antigo Réxime, grupo social que non gozaba de privilexios e pagaba impostos, traballaba, e era xulgado por membros do estamento superior
Réxime demográfico antigo: É típico do Antigo Réxime. Caracterízase pola elevada natalidade e as altas taxas de mortalidade.
Tribunal da Inquisición: Institución eclesiástica fundada polos Reis Católicos para manter a ortodoxia relixiosa en España e perseguir aos hereges, meigas e a todos os que foran sospeitosos de non seguir a doutrina católica.
Decretos de Nova Planta: Disposicións outorgadas por Felipe V polas cales se establecía a primacía das leis de Castela para todo o territorio peninsular, se impoñían os mesmos impostos para Castela e Aragón e se suprimían os Foros e institucións propias dos aragoneses.
Foros: Normas que outorgan privilexios a algúns territorios. Ex. Foros de Aragón.
Lei Sálica: Disposición legal que prohibe gobernar ás mulleres e que foi establecida en España polo rei Felipe V de Borbón.
Intendente Funcionario: Encargado da recadación de impostos
Secretario de Estado: No Antigo Réxime, dende o reinado de Felipe V, alto cargo equiparable a un Ministro
Pactos de Familia: Alianza asinada entre os Borbóns de España e Francia pola cal se comprometían a axudarse mutuamente en caso de conflito cunha potencia estranxeira.
Catastro de Ensenada: Reconto das propiedades e riquezas dos estamentos privilexiados realizadas polo marqués de Ensenada durante o reinado de Fernando VI polo que se pretendía incrementar o control da Coroa sobre as propiedades dos súbditos para facilitar o cobro de impostos polo Rei
Dereito de presentación: Privilexio dos monarcas españois para o nomeamento de Bispos que lles permitía propor unha terna (tres nomes) ao Papa de entre os cales este escollía a un coma Bispo.
Ilustración: Corrente de pensamento que defende que os actos do ser humano deben estar guiados pola Razón.
División de poderes: Principio político defendido por Locke e Montesquieu que establece a necesidade de que o poder do estado poida controlarse repartindo o seu exercicio entre varias institucións diferentes que se controlen e compensen unhas ás outras procurando un equilibrio de poder. Segundo di Montesquieu na obra 'O Espírito das leis' eses poderes debían ser tres: lexistlativo, executivo e xudicial.
-Poder lexislativo: Facultade de ditar normas. Corresponde ao Parlamento
-Poder executivo: Facultade de gobernar. Corresponde ao executivo ou Goberno
-Poder xudicial: Facultade de xulgar. Corresponde aos xuíces e trinbunais de xustiza
Pacto social: Doutrina de Rousseau que establece que os homes, bos por natureza, configuran unha sociedade mediante un compromiso polo cal ceden parte da súa liberdade ao Estado a cambio de obter seguridade e paz social.
Tolerancia relixiosa: Segundo Voltaire no 'Tratado sobre a tolerancia', é un principio fundamental para a convivencia segundo o cal debe respetarse a liberdade de cultos e evitar a confrontación por motivos relixiosos.
Décimo: Parte da colleita que o campesiño entrega á Igrexa.
Monarquía absoluta: Sistema político no que o Rei posúe todo o poder e o exerce sen límite algún. O poder do Rei procede de Deus e só responde do seu exercicio perante Deus.
Mestre artesán: Artesán que coñece todos os secretos do oficio e é quen de facer unha obra mestra. Ë o dono do obradoiro.
Oficial: Artesán que traballa nun obradoiro alleo e cobra polo seu traballo.
Aprendiz: Artesán que está aprendendo un oficio, vive no obradoiro e non cobra polo seu traballo.