Organización política dos estados e a cooperación internacional

Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,29 KB

Que é un estado:

Un estado é unha unidade política e administrativa formada por: un conxunto de cidadáns con dereitos e obrigas, un territorio delimitado por unhas fronteiras, conxunto de leis que regulan a convivencia, unhas institucións que fan efectivas as decisións, uns símbolos que o identifican (bandeira, capital, himno, moeda).

Funcións do estado:

Establece relacións internacionais, garante a seguridade nacional mantendo a orde pública nas suas fronteiras, regula a economía e as relacións laborais, proporciona servizos básicos aos cidadáns (educación, sanidade, transporte).

O estado de benestar:

É o estado o que pon a disposición dos cidadáns uns servizos públicos, establecen sistemas de pensións e outorgan subvencións e subsidios para atender as necesidades da poboación. Na actualidade só existe nos países desenvolvidos e é mais forte en Europa que noutros continentes.

Estados frustrados:

Presentan un baleiro de poder que non lles permite defender o seu territorio e aos cidadáns.

Estados non recoñecidos:

Poden cumprir ou non os requisitos como estado pero non son recoñecidos polos organismos internacionais ou outros estados. A organización política dos estados:

Monarquia:

O xefe de estado é o rei, poden ser ditatorias ou democráticas.

República:

O xefe de estado é un presidente, poden ser ditatorias ou democráticas.

Democracia:

O cidadáns elixen o goberno e o poder está repartido.

Parlamento:

Poder lexislativo.

Goberno:

Poder executivo.

Xuíces:

Poder xudicial.

Ditadura:

Unha persoa ou grupo ten todo o poder.

Laico:

Hai separación entre a igrexa e o estado.

Teocrático:

Os relixiosos ocupan o goberno ou teñen autoridade para decidir sobre a política.

Confesional:

Manten unha relixión oficial.

Centralizados:

A administración central goberna todo o territorio. Hai institucións locais e rexionais pero non teñen autonomía de goberno.

Descentralizados:

Aínda que as institucións estatais exercen a súa autoridade en todo o estado, as rexións teñen as súas institucións propias (non dependen das institucións estatais).

O estado español:

A Constitución española de 1978 garante os dereitos, as liberdades e os deberes fundamentais dos cidadáns. Tamén define a organización do estado e establece a separación de poderes. España é unha monarquía parlamentaria.

Monarquia:

O rei é o xefe do estado (poderes representativos).

Parlamentaria:

O parlamento representa aos cidadáns e é o encargado de formar goberno.

A separación de poderes está reflectida nas principais institucións:

- Poder lexislativo: as Cortes (Congreso dos Deputados e Senado). Son elixidas directamente polos cidadáns, e ocúpanse de elaborar as leis, tomar iniciativas políticas e exercer o control do goberno. - Poder executivo: o goberno (presidente e ministros). Ocúpase de aplicar as leis, presentar proxectos e dirixir a administración. - Poder xudicial: os tribunais de xustiza. Ocúpanse de administrar xustiza, aplicando as leis na resolución de conflitos.

As etapas do proceso electoral:

1. Publicación do censo electoral: a administración publica o censo electoral ou rexistro dos cidadáns con dereito a voto. 2. Designación e presentación de candidaturas: as candidaturas son as listas cos nomes das persoas que se presentan en cada circunstancia ou distrito electoral. 3. A campaña electoral: é o período durante o cal os partidos lles explican o seu programa político ou de goberno aos electores mediante mitins, propaganda ou debates nos medios. 4. A votación: durante a xornada electoral os electores exercen o seu dereito a voto no colexio electoral que lles foi asignado, ainda que tamén se pode votar por correo. No colexio hai varias mesas electorais nas cales están as urnas. Os que están sentados van por sorteo. 5. O escrutinio: é o reconto de votos emitidos e iníciase unha vez finalizada a votación.

Organización territorial:

España divídese en 17 Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas. Cada Comunidade Autónoma está formada por diferentes provincias (administradas polas Deputacións Provinciais). Cada provincia está formada por municipios. Cada municipio está gobernado por un Concello.

A cooperación internacional:

A ONU é o principal organismo internacional de mediación entre estados. Fundouse en 1945, tras a II Guerra Mundial. Na actualidade a forman 193 países. Os seus obxectivos principais son: defender os dereitos humanos, manter a paz, traballar na cooperación internacional. Órganos principais: Secretario Xeral, Asamblea Xeral, Consello de Seguridade. Organismos específicos: FMI, OMS, ACNUR.

A UE foi creada en 1957 tras a II Guerra Mundial co fin de consolidar a paz e evitar novas guerras e competir fronte ás dúas grandes súperpotencias que dominaban o mundo: EEUU e a URSS. Antecedente: CECA (Comunidade do Carbón e do Aceiro). Creación da CEE (Comunidade Económica Europea). Países iniciais: RF Alemana, Francia, BENELUX, Italia. Obxectivos iniciais: políticas económicas comúns, liberdade de circulación de produtos, libres taxas aduaneiras. En 1993, tras o Tratado de Maastricht, a CEE pasou a ser a UE. España, xunto a Portugal, entra na UE no ano 1986. Hoxe en día está formada por 27 países, tras a recente saída do Reino Unido. A UE a día de hoxe: integración económica, unión monetaria desde 2002 (euro), cooperación política através das institucións, recoñece a cidadanía europea e a libre circulación de cidadáns, impulsa fondos e políticas de solidariedade para as rexións menos favorecidas e reducir os grandes contrastes, impulsa políticas ambientais.

A UE: As institucións da Unión Europea: Parlamento europeo, Consello da UE, Comisión europea, Tribunal de Xustiza. Requisitos de adhesión na UE: dispoñer dun sistema democrático, ter unha economía capaz de competir nos mercados internacionais, asumir as obrigas dos Estados membros. Países candidatos: Macedonia, Islandia, Montenegro, Albania, Serbia, Turquía, Bosnia. Retos hoxe da UE: reducir as diferenzas e contrastes rexionais, loitar contra a pobreza e os desequilibrios, fortalecer o euro, aumentar a competitividade económica fronte a novas potencias.

Completa unha táboa como esta sobre a ONU:

Ano de fundación: 1945, Nº de Estados membros: 193, Obxectivos: Defender os dereitos humanos, manter a paz, traballar na cooperación internacional. Órganos principais: Secretario Xeral, Asamblea Xeral, Consello de Seguridade. Organismos especializados: FMI, OMS, ACNUR.

Completa unha táboa como esta sobre a Unión Europea:

Ano de fundación: 1957, Nº de Estados membros: 27, Obxectivos iniciais: Políticas económicas comúns, liberdade de circulación de produtos, libres taxas aduaneiras. Institucións principais: Parlamento europeo, Consello da UE, Comisión europea, Tribunal de Xustiza. Retos: Reducir as diferenzas e contrastes rexionais, loitar contra a pobreza e os desequilibrios, fortalecer o euro, aumentar a competitividade económica fronte a novas potencias.

Entradas relacionadas: