Obxectivos da UE e Actividade Económica: Desafíos e Perspectivas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 195,94 KB
Obxectivos da UE
Os principais obxectivos da UE son o impulso económico e social, a afirmação da identidade europea no ámbito internacional, a implantação dunha cidadanía europea...
O Consello da UE toma así decisións máis importantes. E o Parlamento Europeo exerce a función lexislativa.
A ONG creáronse con fins humanitarios e sociais. A Cruz Vermella, Mans Unidas, Loira contra a pobreza. As ONGs adoptan terceiro protagonismo en situacións de emerxencia e de necesidades porque proporcionan servizos nas rexións do mundo.
Por outra parte, proliferaron múltiples organizacións internacionais que, ainda que consideradas ilegais polo tipo de actividade que exercen, poñen en dificultades os Estados e as súas funcións: son os grupos mafiosos, de traficantes de persoas ou de armas, terrorismo internacional, etc.
Denominamos actividade económica o conxunto de actividades desenvolvidas polos seres humanos para cubrir as diversas necesidades das persoas e das sociedades, xa sexa producindo bens ou prestando servizos.
A relación que existe entre recursos naturais e bens de consumo é que sen os recursos naturais non se poden producir bens de consumo.
Os axentes económicos son os que procuram, intercambian e consomen os diversos bens e servizos. Os principais son: as empresas, o sector público e as persoas.
Os factores que intervienen na produción de bens son os recursos naturais, o traballo, o capital, a tecnoloxía e o coñecemento.
A maior preparación, aumenta así as expectativas.
Sector primario: Abrangue as actividades destinadas a obter alimentos e materias primas do medio natural: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal.
O sector secundario inclúe o conxunto de actividades económicas que transforman as materias primas extraídas da natureza en produtos elaborados. As máis salientables son a industria, a construción, a minería e a explotación das fontes de enerxía (auga, petróleo, gas).
Sector terciario: non producen un ben material, senón que lles prestan un servizo á poboación ou a outras empresas. Algunhas das máis numerosas son o comercio, o transporte, a sanidade, a educación e o turismo.
MERCADO. Este sistema parte da base de que unicamente co libre xogo da oferta e da demanda se conseguen os prezos xustos que lles permiten ás persoas satisfacer as súas necesidades. A confrontación dos intereses entre vendedores e compradores permite fixar un prezo satisfactorio das mercadorías e dos servizos para ambos.
O mercado é o lugar onde mercan e se venden os bens ou servizos. Os prezos dos produtos adoitan subir cando hai moitos compradores que queren o mesmo produto. Os prezos dun produto baixan cando a súa demanda é escasa.
Neste sistema, as persoas producen todo o que precisan para cubrir así as súas necesidades.
A maior parte dos intercambios de bens industriais realizanse entre os Estados membros. Non obstante, a UE tamén exporta, principalmente a EUA, Suíza e Rusia, maquinaria, produtos químicos e farmacéuticos, vehículos e aviões, e importa desde China, EUA e Rusia, maquinaria, produtos enerxéticos e vehículos.
A crise económica de 2007 afectou ao sector secundario. Algúns industrias, como a da automoción, adaptáronse a ela deixando de producir de forma masiva para facelo segundo a demanda. O subsector máis castigado foi a construción, que reduciu a súa actividade a mínimos históricos, así como o seu índice de ocupación.
A UE presenta un crecemento económico débil, unha inflación moi baixa, unha taxa de paro considerable nalgúns países e un endebedamento público demasiado elevado en economías tan importantes como a italiana, a francesa e a española.
Combate o paro e conseguir un nivel de emprego dos 75%
Fomentar a formación e diminuir o abandono escolar
Reducir a pobreza e a exclusión social.