Obxectivos educativos e metodoloxía de aprendizaxe

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,49 KB

Obxectivos do desenvolvemento educativo

  • Alcanzar o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades.
  • Desenvolver a capacidade para regular a súa aprendizaxe, incrementar a creatividade e o espírito emprendedor.
  • Capacitar para as actividades profesionais e de colaboración social.
  • Adquirir hábitos intelectuais e técnicas de traballo, coñecementos e hábitos saudables.
  • Capacitar para a comunicación na lingua oficial e cooficial, e nunha ou máis linguas estranxeiras.
  • Educar na responsabilidade individual e no mérito e esforzo persoal.
  • Respectar os dereitos e liberdades fundamentais, a igualdade entre homes e mulleres, e a non discriminación.
  • Exercitar a tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
  • Formar na paz, o respecto aos dereitos humanos, a cohesión social, os dereitos dos animais e o ambiente, e o desenvolvemento sustentable.
  • Respectar e recoñecer a pluralidade lingüística e cultural.
  • Preparar para o exercicio da cidadanía, para a inserción na sociedade, e para a participación activa con actitude crítica e responsable.

Roles e elementos da comunidade educativa

Docente

  • Organizar as condicións.
  • Partir das concepcións do alumnado.
  • Achegar os instrumentos da ciencia para enriquecer o espazo de coñecemento compartido.
  • Mellorar a práctica e a comunicación na escola.
  • Facilitar a reflexión crítica e a reconstrución do pensamento intuitivo.

Alumnado

  • O compromiso de participación nun proceso aberto de comunicación.
  • Achegar coñecementos, concepcións, intereses, preocupacións…

Escola

  • Unha institución educativa.
  • Un centro flexible e aberto.
  • Un centro de vivencia cultural.
  • Unha comunidade aberta de aprendizaxe, reflexión e acción.

Aula

Ser un foro aberto de debate, intercambio e negociación de significados, concepcións e representacións da realidade.

Currículo

  • Basearse en problemas.
  • Ser flexible e diversificado.
  • Organizarse en proxectos de traballo, interpretación e experimentación.

Aprendizaxe

  • O proceso de enculturación, de inmersión na cultura do coñecemento crítico.
  • A adquisición de ferramentas culturais e de sentido práctico para a interpretación e intervención en contextos complexos.

Entradas relacionadas: