Obras e Autores da Literatura Galega (Anos 50-70)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,78 KB

Tipos de Textos

  • Normativos: Recollen as normas ou ordes acerca do comportamento das persoas.
  • Instructivos: Proporcionan a información necesaria para a realización dunha actividade. (Por orde cronolóxica)

Autores do Exilio e a Denuncia Social

Luis Seoane

Home polifacético que destacou nas artes plásticas e na poesía. A súa poesía caracterízase pola denuncia social. Os temas principais son a diáspora (emigración e exilio) e a historia de Galicia dende a Idade Media aos nosos días, centrándose nas persoas máis humildes.

Obras destacadas de Seoane:

  • Fardel de Exiliado
  • As cicatrices
  • A maior abondamento

Lorenzo Varela

É autor de dous poemarios:

  • Catro poemas para catro gravados (con gravados de Luis Seoane).
  • Lonxe (sobre a súa experiencia persoal no exilio e a saudade da terra).

Ramón Valenzuela

As súas obras teñen un marcado carácter autobiográfico e constitúen un documento narrativo sobre a súa época:

  • "Non agardarei por ninguén": Preséntase en forma de diario sen datas, protagonizado por un fidalgo galeguista republicano.
  • "Era tempo de apandar": É unha especie de continuación da anterior. O protagonista, tras a guerra, exíliase en Francia e, durante a Segunda Guerra Mundial, a Gestapo devolveuno á España de Franco.

A Literatura Galega: Dos Anos Cincuenta aos Setenta

A Guerra Civil e a posterior ditadura supuxeron un período de silencio para a literatura galega. A produción literaria en galego continuou no exilio americano.

Recuperación e Nova Narrativa

  • Anos 50: Recupérase paulatinamente a produción literaria na nosa lingua, sobre todo grazas á editorial Galaxia. No xénero narrativo, os escritores máis significativos son Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
  • Anos 60 (Nova Narrativa Galega): Aparece unha nova xeración que renova a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e temas. Integran esta xeración escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xoana Torres e María Xosé Queizán.
  • Finais dos 60 e 70: Danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferreiro e Xavier Alcalá.

Álvaro Cunqueiro: Biografía e Obra

Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e iniciou a súa carreira coa publicación de varios libros de poesía. Tras a guerra, comezou a súa profesión de xornalista, así como a súa carreira literaria en castelán. De regreso a Mondoñedo nos anos cincuenta, uniuse ao proxecto Galaxia e continuou a súa actividade literaria en galego, como narrador e dramaturgo, sen abandonar totalmente a poesía. Instalouse en Vigo, foi director do Faro de Vigo, ingresou na Real Academia Galega e foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Obras de Cunqueiro

Narrativa

  1. Novelas:
    • Merlín e familia: Retoma a figura mítica do mago Merlín, adaptándoo a un tempo presente e a un escenario galego. O narrador, Felipe de Amancia (antigo paxe de Merlín), lembra a súa infancia á beira do mago e conta diversos sucesos alí acontecidos, reunindo historias independentes.
    • As crónicas de Cochantre: Sitúase na Gran Bretaña francesa. Protagonizada por un músico que se dirixe a tocar nun enterro e é recollido por unha carroza na que viaxan varios defuntos.
    • Se o vello Sinbad volvese ás illas: Recupera o personaxe do vello mariñeiro, agora xa retirado, que soña con regresar ao mar e levar a cabo novas viaxes aventureiras.
  2. Libros de Relatos:

    Os tres libros de relatos (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes) forman unha especie de triloxía, cunha mesma temática e estrutura. Son relatos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral. Mediante o humor e a fantasía, presenta a psicoloxía do home galego.

Outros Xéneros

  • Poesía: Cunqueiro comeza no tempo de vangarda e continúa despois da guerra coa publicación de Dona do corpo delgado e Herba aquí ou acolá.
  • Teatro: Escribiu O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A noite vai coma un río.
  • Ensaio: Tesouros novos e vellos é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.

Entradas relacionadas: