A Obra Poética de Rosalía de Castro: Un Percorrido por Cantares Gallegos, Follas Novas e O Cravo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,05 KB

Cantares Gallegos: Un Marco na Poesía Galega

Publicado en 1863, este libro consta de 36 poemas que presentan unha estrutura circular, xa que o primeiro e o último poema son variantes do mesmo tema. A voz lírica principal é a dunha “meniña gaiteira”, quen dálle voz aos diferentes narradores dos poemas.

Temas Principais en Cantares Gallegos:

  • Poemas Costumistas: Algúns poemas retratan festas populares, romarías, vodas e escenas cotiás. Moitos dos protagonistas son labregos e labregas, reflectindo a vida rural galega.
  • Poemas Patrióticos: Reivindícase o carácter diferencial galego fronte ao centralismo castelán. Denúnciase a discriminación que sufría Galicia naquela época.
  • Intimismo: Son bastantes os poemas que exploran os sentimentos máis íntimos da autora, como o amor, a nostalxia, a soidade, o desamor e a saudade.
  • Poemas de Protesta Social: Denúncianse problemas sociais daquela época, como a emigración e a crise social que levou a moita xente a padecer fame.
  • Reivindicación Lingüística: Realízase un chamamento ao pobo galego para dignificar a súa lingua como instrumento válido para a creación literaria.

Follas Novas: A Madurez Poética de Rosalía

Publicado en 1880, este é o libro máis extenso da obra de Rosalía, con 130 poemas. Está dividido en cinco partes:

Estrutura e Contido de Follas Novas:

  • 1ª Parte: Vaguedades
    • As mulleres escritoras e a súa obra.
    • Pesimismo vital e lamento pola xuventude perdida.
  • 2ª Parte: Do Íntimo
    • Desacougo pola brevidade dos momentos felices da vida.
    • O suicidio.
    • Amor e desamor.
    • Crítica á Igrexa daquela época.
    • Lexitimación da violencia para defenderse do acoso ou abuso.
  • 3ª Parte: Varia
    • Esta sección conecta temas das dúas primeiras partes coas dúas últimas, servindo de ponte.
  • 4ª Parte: Da Terra
    • Lamento polo sufrimento das persoas vulnerables.
    • Dor polo amor que provoca sufrimento e infelicidade.
    • Denuncia dos abusos cometidos contra o pobo galego, en especial contra labregos e mulleres.
  • 5ª Parte: As Viúdas dos Vivos e as Viúdas dos Mortos
    • A emigración e os seus problemas derivados, en especial as mulleres que quedan soas.
    • Abusos das persoas poderosas sobre os labregos e labregas.
    • Chamamento aos poetas galegos para que defendan Galicia.

Comentario do Poema «O Cravo» de Rosalía de Castro

Métrica do Poema:

O poema presenta a seguinte estrutura métrica: 8-, 7+1=8a’, 11-, 7+1=8a’. É un poema que combina versos de 11 e 8 sílabas, que riman en asoante nos versos pares.

A súa estrutura aseméllase a un romance, polo uso de versos octosílabos, e tamén a unha silva, por combinar versos de dúas medidas. Esta combinación de versos foi innovada por Rosalía de Castro, anticipándose á silva libre, que se faría típica na poesía dos séculos XX e XXI.

Estrutura do Poema: Explicación de cada parte

Ao ser un poema narrativo, podemos dividilo en tres partes fundamentais: introdución, nó e desenlace.

  • a) Introdución: Rosalía afirma que tiña unha dor moi forte (simbolizada por un cravo) no corazón (vv. 1-8).
  • b) Nó: Rosalía pídelle a Deus forza para poder arrancar o cravo, e conségueo. Pero entón sente un gran baleiro onde estaba o cravo, incapaz de sentir nada (vv. 9-16).
  • c) Desenlace: Son os últimos catro versos. A expresión «este barro mortal» fai referencia ao barro co que Deus creou o ser humano. Significa a dificultade de entender os complexos sentimentos humanos.

Simbolismo do Cravo no Poema:

A diferenza fundamental entre unha metáfora e un símbolo é que o símbolo é difícil de interpretar por ter varias posibles explicacións. No contexto de «O Cravo», este pode simbolizar:

  • Un amor perdido.
  • A morte dun fillo.
  • A súa enfermidade.
  • O desamor.
  • A soidade.
  • A tristeza existencial.

Resumo por Partes do Poema:

  1. 1ª Parte: A voz poética afirma que ten un cravo no corazón, unha dor profunda e persistente.
  2. 2ª Parte: Pídelle forzas a Deus para sacalo e conségueo. Con todo, tras arrincalo, queda cun gran baleiro, sendo incapaz de sentir nada.
  3. 3ª Parte: Finalmente, recoñece a incapacidade de entender os seus propios sentimentos, aludindo á complexidade da condición humana (teoría da saudade).

Entradas relacionadas: