A nutrición e os nutrientes: funcións, tipos e aparello dixestivo

BiologíaActualizado el 3,19 KB

Resumen

O texto explica o concepto de nutrición e as funcións dos nutrientes (enerxética, plástica e reguladora). Describe os principais tipos de nutrientes, como glícidos, lípidos, proteínas, auga, minerais e vitaminas, e como o organismo obtén enerxía mediante a respiración celular. Tamén presenta a dixestión e as partes do aparello dixestivo.

Puntos clave

  • A nutrición é o conxunto de procesos polos que o corpo recibe, transforma e incorpora os nutrientes ás células.
  • As tres funcións dos nutrientes son enerxética, plástica ou reparadora e reguladora.
  • Os glícidos son a fonte de enerxía máis importante; poden ser sinxelos (frutosa, sacarosa) ou complexos (amidón, glicóxeno).
  • As proteínas teñen función plástica, pois son os principais compoñentes da estrutura celular.
  • As vitaminas teñen función reguladora, actúan en cantidades moi pequenas e o organismo non as pode fabricar.
  • A dixestión esmiúza os alimentos e os encimas convértenos en moléculas máis pequenas que as células poden usar.
  • O aparello dixestivo está formado por un conduto de aproximadamente 9 metros e glándulas que vertén zumes dixestivos.

Ponte a prueba

1.1 A nutrición e os nutrientes

A nutrición é un conxunto de procesos mediante os cales o corpo recibe, transforma e incorpora ás súas células os nutrientes necesarios.

Os nutrientes son compoñidos químicos contidos nos alimentos que as células necesitan para vivir. As funcións son as seguintes:

  • Enerxética: Fornecen de enerxía para o funcionamento das células.
  • Plástica ou reparadora: Proporcionan compoñentes para o crecemento e reparación das células e os tecidos que se destroen.
  • Reguladora: Subministran substancias que controlan as reaccións químicas similares.

1.2 Tipos de nutrientes

Os glícidos son a fonte de enerxía máis importante das nosas células. Poden ser sinxelos (a frutosa, sacarosa...) ou complexos (o amidón e o glicóxeno), que necesitan unha dixestión máis longa.

A celulosa é o compoñente principal da fibra vexetal e é un glícido complexo.

Os lípidos

Desempeñan as tres funcións dos nutrientes. Os máis abundantes son as graxas, que realizan funcións enerxéticas e forman depósitos de reserva.

Existen outros lípidios cuxas funcións son plásticas (forman vitaminas e hormonas) e teñen unha función reguladora.

As proteínas

Teñen unha función plástica, xa que son os principais compoñentes da estrutura das células. Tamén realizan funcións reguladoras.

A auga é un nutriente esencial

É o compoñente máis abundante do organismo. Serve para refrixerar o corpo, é o vehículo de desprazamento das substancias polo organismo, axuda a eliminar os residuos e é o medio onde se producen as reaccións químicas das células.

Minerais

Desempeñan unha función plástica, como o calcio e o fósforo, que constitúen a estrutura dos ósos.

As vitaminas

Teñen unha función reguladora. Actúan en cantidades moi pequenas e o organismo non as pode fabricar, polo que as ten que tomar cos alimentos.

1.3 Os nutrientes fornecen enerxía ao organismo

A principal fonte de enerxía para o organismo son os glícidos e os lípidos que, por medio da respiración celular, liberan a enerxía acumulada. A respiración consiste nunha combustión controlada que se mide pola calor desprendida e exprésase en calorías ou en joules.

Que función realiza a dixestión?

Durante a dixestión esmiúzanse os alimentos e os encimas dos zumes dixestivos rompen as moléculas e convértenas noutras máis pequenas que entran no organismo e poden ser utilizadas polas células. Este proceso realízase dentro do aparello dixestivo.

O aparello dixestivo

Está formado por:

  • Conduto: 9 metros de lonxitude a través do cal pasan os alimentos.
  • Glándulas: Vérten os seus zumes no tubo. As principais son as salivares, o fígado e o páncreas. Na parede do estómago localízanse as glándulas gástricas, que segregan o zume gástrico. Os principais compoñentes son o ácido clorhídrico e a pepsina.

En algunha zona denomínase esfínter; o músculo da parede do tubo pode estar relaxado ou contraído.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as funcións dos nutrientes?

Os nutrientes cumpren tres funcións: enerxética, fornecendo enerxía para as células; plástica ou reparadora, proporcionando compoñentes para o crecemento e a reparación dos tecidos; e reguladora, subministrando substancias que controlan as reaccións químicas.

Por que a auga é un nutriente esencial?

A auga é o compoñente máis abundante do organismo. Serve para refrixerar o corpo, transportar substancias, axudar a eliminar residuos e é o medio onde se producen as reaccións químicas das células.

Que función realiza a dixestión?

A dixestión esmiúza os alimentos e os encimas dos zumes dixestivos rompen as moléculas en outras máis pequenas, que entran no organismo e poden ser utilizadas polas células.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é a principal fonte de enerxía para o organismo segundo o texto?
2. Que función teñen principalmente as proteínas?
3. Por que as vitaminas hai que tomalas cos alimentos?
4. Cal é o compoñente principal da fibra vexetal?
5. Que compoñentes principais ten o zume gástrico?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.