Novas formas de sociabilidade, industria e economía no século XX

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,61 KB

Novas formas de sociabilidade e cultura urbanas

O desenvolvemento das cidades e dunha sociedade moderna implicaron novos valores sociais e novas formas de socializarse e de lecer. Unha das transformacións máis importantes foi a mellora do nivel educativo da poboación, houbo un gran aumento da alfabetización e mellorouse o sistema educativo. Todo isto levou a un aumento do hábito da lectura, o que favoreceu a expansión da prensa escrita, xurdindo así unha prensa de masas que se converteu nun instrumento de relación entre os cidadáns. Xorde un novo asociacionismo que tiña un carácter cívico, proliferan os casinos e os círculos. Tamén se colle o costume de practicar excursións e deporte, e unha das novas formas de entretemento máis importante foi o cine.

A industria no primeiro terzo do século XX. A economía

Cambio enerxético e avances tecnolóxicos

Unha das causas que provocaron cambios na economía española nesta época foi a utilización de novas fontes de enerxía coma a electricidade e o petróleo. Con isto venceuse un dos grandes problemas que tiña España para crecer, que era a escaseza de fontes de enerxía. Iniciouse a electrificación nas zonas públicas das grandes cidades e no transporte urbano, despois nas industrias. Por outra banda, o petróleo abriu paso a unha revolución nos transportes: o automóbil.

O crecemento industrial

A industria experimentou unha importante transformación coa aparición de novas industrias e a consolidación das xa existentes. Entre os sectores tradicionais, o téxtil catalán seguiu a súa expansión, pero perdeu peso; as industrias alimentarias tamén sufriron un retroceso. A industria química consolidouse grazas á fabricación de fertilizantes, medicamentos e pinturas. A industria siderúrxica vizcaína medrou e creouse a empresa Altos Hornos de Vizcaya, que foi o complexo máis importante durante o século XX, e tamén se crea Altos Hornos del Mediterráneo. O crecemento da industria eléctrica leva a crear a primeira empresa, Compañía Sevillana de Electricidad, pero a produción de electricidade concentrouse sobre todo no grupo La Canadiense. Tamén tivo crecemento a industria metalúrxica, debido ao automóbil e aos electrodomésticos. A empresa automobilística primeira en España foi a marca Hispano Suiza, especializada en vehículos de luxo. O crecemento dos automóbiles estimulou a creación de refinerías de petróleo como foi CAMPSA. E a construción tamén tivo un gran empuxe debido á industria do cemento.

O intervencionismo do Estado

Unha das características da economía neste terzo foi a restrición da competencia entre empresas e o intervencionismo do Estado, co obxectivo de reducir a competencia e fomentar a industria nacional. A miúdo as empresas establecían acordos para fixar prezos e repartiren entre elas o mercado mediante cotas. Isto implicou uns prezos de venda maiores ca noutros países e, polo tanto, restrinxindo máis a demanda. O intervencionismo do Estado manifestouse de dúas maneiras: mediante axudas para estimular o investimento privado en industrias máis avanzadas, e o aumento do proteccionismo. O caso máis explícito de protección foi o do carbón, o Estado obrigaba a consumir carbón español para poder acollerse ás axudas públicas. Estas medidas proteccionistas tiveron efectos negativos para a economía española, xa que axudaron a que a industria fose pouco produtiva e competitiva co exterior, pero tamén tiveron efectos positivos como fomentar o avance tecnolóxico, axudaron a mellorar as infraestruturas e promoveron a aparición de novos sectores industriais.

Entradas relacionadas: