Nova sociedade de classes i domini burgès: conflictivitat social i moviment obrer
Nova sociedade de classes e domini burgués
3.1. Os grupos tradicionais:
- Nobreza: conservou os seus patrimonios e en Galicia era a fidalguía.
- Clero: perdeu privilexios coa revolución liberal, pero a súa influencia seguía sendo grande.
- Campesiñado: era o grupo máis numeroso e diminuíu os seus efectivos ao longo do segle XIX.
En Andalucía houbo moitas revoltas polos problemas agrícolas. En Galicia, aínda que non se tiña a propiedade da terra, se tiñan certos dereitos do réxime foral, pero non era suficiente.
Os novos grupos:
- Burguesía: estaba integrada por comerciantes, industriais, financeiros… Era o grupo ascendente da sociedade, pero o escaso desenvolvemento industrial español fixo que fosen poucos. Hai que diferenciar a alta burguesía e as clases medias.
- Proletariado: alcanzou unha importancia numérica considerable.
Conflictividade social e movemento obreiro
4.1. Conflictividade social: Na nova sociedade hai unha conflictividade que provoca o nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras nas condicións de traballo (movemento obreiro), seguidas por ideoloxías inspiradoras como o anarquismo e o socialismo marxista.
4.2. As condicións de vida da clase traballadora: A burguesía tiña como obxectivo obter o máximo beneficio co menor custo, polo que os traballadores sufrían duras condicións de traballo.
4.3. Reacción contra as máquinas. O ludismo: Os obreiros, a causa da perda do seu traballo ou das malas condicións, destruían as fábricas, xa que as consideraban as causantes. Estas accións eran ludistas. En España iniciouse en Levante e seguiu en Cataluña (El Vapor de Bonaplata).
4.4. As protestas organizadas: a folga: Cando non se conseguían negociacións, os traballadores usaban a folga para tentar lograr melloras nas condicións. Era unha folga parcial, pero cando as peticións esixían un cambio político, convertíanse en folgas xerais revolucionarias.
4.5. Sociedades de resistencia e sindicatos de oficio: Os obreiros, para defender os seus intereses, formaron sindicatos que foron prohibidos ao principio, pero grazas a unha lei de 1839 se legalizaron. Os gobernos moderados as prohibiron, mentres que os progresistas e democráticos non.
4.6. As novas ideoloxías obreiras a partir do século XIX:
- Anarquismo: introducido en 1868 por Fanelli. Tivo gran influencia en Cataluña, Levante e Andalucía e tiña como obxectivo a transformación revolucionaria mediante:
- Destrución do Estado.
- Eliminación de calquera tipo de poder.
- Supresión da propiedade privada e abolición do dereito de herdanza.
- Eliminación das diferenzas socioeconómicas.
- Agrupación en comunas.
- Esta transformación debía ser levada a cabo polo proletariado.
- Socialismo marxista: introducido por Marx.
- O medio máis eficaz para lograr cambios era a loita de clases.
- Estes cambios debían levalos a cabo o proletariado en sindicatos.
- Os traballadores debían usar o Estado como instrumento de nivelación social.
- Unha vez feitos co poder, debían impor unha ditadura do proletariado.
- Todos os individuos debían quedar en iguais condicións.