A Nova Narrativa Galega (NNG): Autores, Obras e Características

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,36 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

O nome de Nova Narrativa Galega (NNG) vén do francés nouveau roman, un movemento literario que propugna a obxectividade, considerando como o máis importante do relato as cousas, e o home como un obxecto e non o centro de todo. Os cultivadores desprezan as formas narrativas tradicionais e buscan novos camiños.

Ruptura coa tradición narrativa

Os escritores rebelábanse contra a maneira de novelar dos predecesores como Castelao ou Otero Pedrayo. A NNG rompe coa narrativa do Grupo Nós e continuadores: Fole, Cunqueiro e Blanco Amor. Nunca chegou a consolidarse como grupo. No plano literario, destaca a intención innovadora e a ruptura formal coa tradición narrativa.

Características e Obxectivos

As obras da NNG teñen en común:

  • Localización espacial imprecisa.
  • Ambientes urbanos para personaxes non identificados.

Este movemento ten un carácter culturalista que pretende enriquecer a prosa con novas técnicas. O obxectivo común era a normalización da lingua galega na escrita.

Desenvolvemento da NNG: Catro Momentos

Dentro do desenvolvemento da NNG diferenciamos catro momentos:

  1. Aparición do movemento: Con Memorias de Tains de Mourullo (1956) e Percival e outras historias de Ferrín (1958).
  2. Consolidación: Con O crepúsculo das formigas de Ferrín (1961).
  3. Técnica obxectalista: En obras como Arrabaldo do norte de Ferrín (1964).
  4. Peche: Coa obra Retorno a Tagen Ata de Ferrín (1971).

Autores Representativos da Nova Narrativa Galega

Xosé Luís Méndez Ferrín

A obra de Xosé Luís Méndez Ferrín divídese en tres grandes etapas:

  1. 1958-1970 (Apertura): Etapa de apertura a outras literaturas, con obras como O crepúsculo das formigas e Arrabaldo do norte.
  2. Realidade Política: A realidade política galega convértese na protagonista da súa narrativa. Escribe obras como Retorno a Tagen Ata.
  3. Última etapa: Publica libros como Crónica de nós.

As características da súa obra son o uso rigoroso da lingua, e o dominio e amplo repertorio de técnicas narrativas.

Gonzalo Rodríguez Mourullo

Gonzalo Rodríguez Mourullo foi o pioneiro da renovación formal con Memorias de Tains, obra que serviu de inspiración a todo o grupo.

Carlos Casares

A produción de Carlos Casares céntrase no conto e na novela. Presenta dúas etapas:

  1. Vangardista e anotadora: Iniciada en 1967 con Vento ferido. Comeza a súa andaina co conxunto de 12 relatos titulado Vento ferido e publica outro de técnica experimental: Cambio en tres.
  2. Realista: Tras abandonar esta tendencia, segue a escribir obras como O sol do verán.

María Xosé Queizán e Xohana Torres

Debemos mencionar a María Xosé Queizán, feminista e nacionalista. A súa obra A Orella no buraco é unha novela que aborda o tema da liberdade. Xunto a ela temos a Xohana Torres, gran defensora dos dereitos da muller, que escribe Adiós María.

Entradas relacionadas: