A Nova Narrativa Galega: Movemento, Características e Figuras Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,84 KB
A Nova Narrativa Galega: Características e Autores Fundamentais
A Nova Narrativa Galega (NNG) é o conxunto de obras editadas entre finais dos anos 50 e comezos dos 70 que inaugura un novo xeito de narrar, e que asimila unhas técnicas narrativas renovadoras propias da literatura do século XX. Os autores máis importantes son Gonzalo Rodríguez Mourullo con Memorias de Tains, Xosé Luís Méndez Ferrín con O crepúsculo e as formigas, María Xosé Quizán con A orella no buraco, Camilo Suárez Llanos con Lonxe de nós e dentro, Xoana Torres con Adiós, María e Carlos Casares con Vento ferido.
A NNG aparece con novas preocupacións, cunha nova imaxe da sociedade e cunha maior complexidade estrutural e temática.
Características Literarias da Nova Narrativa Galega
As súas características literarias son as seguintes:
A relectura dos fenómenos sociais
Créanse mundos opresivos, atafegantes, nos que o individuo se atopa illado fronte ao aparello dominante e opresor. Móstrase unha realidade pesimista, pero tamén se vislumbra un futuro de esperanza.
O espazo literario
Desaparece o mundo rural e domina o mundo urbano como espazo literario, pero a cidade preséntase como unha referencia onde ocorre a acción, como se ve nos textos de O crepúsculo e as formigas.
O papel do protagonista
O protagonista é un simple actuante, un instrumento do autor, utilizado como narrador que ve como se fose unha cámara de cine ou que leva as situacións ao absurdo. Ademais, aparecen personaxes conflitivos socialmente, xente mal vista pero que reflicten co seu comportamento a incomprensión social á que se ven sometidos (Vento Ferido).
A redución temporal
Os relatos xa non son continuos, senón que se produce unha redución temporal; o tempo da acción pode ser un día, unha hora, un minuto como se ve en “Cando cheguen as chuvias” de Vento ferido.
A influencia doutras ciencias e filosofías
A influencia doutras ciencias como a psicoloxía freudiana, o mundo do subconsciente e do onírico, a filosofía existencial e a teoría do absurdo como se pode ver no texto “A pensión Míguez” de O crepúsculo e as formigas.
Novos recursos narrativos
Os autores da NNG poñen en práctica moitos recursos narrativos que son novos na narrativa galega:
- A reminiscencia: un recurso no que o autor utiliza a lembranza que suxire algún elemento ambiental para introducir o relato dunha peripecia, como sucede por exemplo no relato “Cando cheguen as chuvias” de Vento ferido.
- O punto de vista: van predominar outros modos de narrar máis individualizadores e obxectivos como a omnisciencia selectiva, o “eu” protagonista e o monólogo interior, como no relato “Monólogo” de Vento ferido.
- A técnica cinematográfica: a forma de presentar o escenario da acción como se se tratase dunha cámara que fose mostrando a escena.
- A alteración da orde cronolóxica dos acontecementos aplicando unha estrutura aberta.
Conclusión
En resumo, a NNG, aínda que algúns dos seus compoñentes abandonaran a creación literaria e outros seguisen por camiños diferentes dos iniciais, proporcionou á nosa literatura algúns dos nomes máis importantes e figuras autenticamente singulares como as de Casares ou Ferrín, que achegaron a súa calidade á nosa cultura.