Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,15 KB

A Nova Narrativa Galega

Características, Autores e Obras Representativas

Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras. Do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da Nova Narrativa Galega.

No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. A obra de arte redúcese a un puro formalismo, a unha construción enxeñosa e artificiosamente técnica. En palabras de Mª Xosé Queizán, unha das autoras, procúrase “elaborar a novela sen tema, sen andadura lóxica, sen busca; non hai heroe nin historia, nin anécdota”.

CARACTERÍSTICAS

A) No relativo ao argumento, ao tema:

  • Abandono do antropocentrismo.
  • Localización espacial imprecisa, sen identificación física.
  • Ambientes urbanos.
  • Ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, que só se albiscan nun segundo plano en clave simbólica.
  • Mestura de realidade e mundo fantástico, onírico.
  • Exploración de situacións estrañas e opresivas, nos límites do absurdo.
  • Presenza do sexo e da violencia, que moi frecuentemente leva emparellada a morte.

B) Formais:

  • Monólogo interior.
  • Distorsión temporal.
  • Pluralidade de voces narrativas, que se alternan e superpoñen, mesturando ás veces as persoas gramaticais.
  • Enfoque obxectivista no que o narrador non rexistra máis que os feitos que percibiría unha cámara.

O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), cunha obra moi extensa e moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. Nela podemos destacar tres etapas:

  • Nova Narrativa Galega: 1961-1971. Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo.
  • Segunda etapa: 1971-1980. Maior riqueza temática e omnipresencia da preocupación política. (As outras dúas etapas posteriores están xa fóra dos límites da NNG)
  • Terceira etapa: a partir de 1980. Caracterízase por unha volta á fantasía e ás recreacións míticas e maior preocupación estilística, con Tagen Ata -Galiza- entre fábulas imaxinarias que encerran unha denuncia social.

O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia

O teatro sufriu aínda máis que os outros xéneros narrativos as consecuencias da guerra e a posterior ditadura, ao ser impensábel un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posíbel grazas ao labor do exilio: Castelao e Os vellos non deben de namorarse; Varela Buxán, que foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina: autor teatral, director e actor. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que non están exentas de crítica social, ou Blanco Amor, quen dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu Farsas para títeres, moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos.

En Galicia, entre 1950 e 1965, escríbese un teatro máis pensado para ler que para representar. Destaca Cunqueiro coa súa obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958). Tamén nesta época publican obras teatrais algúns dos membros da Xeración dos 50, como Franco Grande, Arcadio López Casanova ou Manuel María.

A mediados dos sesenta a mellora da situación social e económica propicia unha certa actividade teatral, malia ser sempre –e tamén nesta etapa– este xénero o menos cultivado da literatura galega. Extraordinaria importancia terán as Mostras de Teatro de Ribadavia, iniciadas no 1973 e que continuarán ata 1980.

Algúns dos autores vinculados a esta iniciativa, e que continuaron a súa produción posteriormente ou aínda seguen, son:

  • Euloxio Rodríguez Ruibal, autor de teatro experimental que comezou escribindo obras influídas pola técnica cinematográfica comprometidas coa realidade social e política do país. Nunha segunda etapa ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega.
  • Manuel Lourenzo, actor, director e autor teatral, é unha das figuras máis importantes e prolíficas dos últimos 40 anos do noso teatro. Dentro da súa extensísima obra podemos sinalar tres ciclos:
    • Ciclo mítico, no que se recrea personaxes míticos do teatro grego, como Electra.
    • Ciclo histórico.
    • Ciclo experimental.
  • Roberto Vidal Bolaño foi tamén autor, actor e director. O seu teatro seguiu dous camiños diferentes: por un lado atopamos textos simbólicos con raíces populares e por outro textos máis complexos cunha visión pesimista da vida.

Entradas relacionadas: