A Nova Narrativa Galega: Autores, Obras e Características Fundamentais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en con un tamaño de 2,4 KB

Características da Nova Narrativa Galega (NNG)

  • Dimensión política: A política determina as relacións humanas.
  • Exploración existencial: Aborda o absurdo, a angustia humana e a violencia destrutiva como consecuencia do sometemento a un poder opresivo.
  • Mitoloxía persoal: Desenvolvemento dunha mitoloxía propia e simbólica (por exemplo, Tagen Ata é Galicia, Terra Ancha é España).
  • Riqueza lingüística: Lingua dotada de gran valor expresivo, moi rica, variada e que manexa todos os rexistros.

Autores e Obras Destacadas

Camilo Gonsar (Sarria, 1931)

Licenciado en Letras e en Dereito. A súa novela Como calquera outro día (1962) trata das lembranzas dun emigrante a piques de regresar a Galicia. Cara a Times Square (1980, pero escrita anos antes) é a obra que pecha definitivamente a época da NNG —o resto dos escritores colegas xa abandonaran eses presupostos—: nun clima de irrealidade, dous estranxeiros solitarios e desarraigados deambulan por Nova York cara a un destino misterioso.

María Xosé Queizán (Vigo, 1939)

Só a primeira das súas obras entra dentro da NNG: A orella no buraco (1965), unha breve novela escrita coa técnica obxectalista na que todos os obxectos se describen con moito pormenor. O protagonista, descrito como un obxecto máis, é un vagabundo que monologa sen orde temporal ningunha. Toda a narrativa posterior desta autora está tinguida dun forte compromiso progresista, igualitarista e feminista.

Xohana Torres (Santiago, 1931)

Publicou en 1972 Adiós, María, unha novela que balancea entre o Vigo proletario dos anos 60 e a realidade da emigración. O punto de conexión é Maxa, a protagonista adolescente que ten que facerse cargo de si mesma, dos seus irmáns e tamén dos seus avós nun arrabaldo de Vigo porque seus pais tiveron que emigrar a Francia. O monólogo interior e os saltos no tempo son os recursos técnicos máis destacados.

Carlos Casares (Xinzo de Limia, 1941)

Foi profesor, biógrafo, editor, parlamentario autonómico, columnista e académico da RAG. Na súa traxectoria narrativa hai que diferenciar claramente dúas etapas: a do experimentalismo e a renovación formal propias da NNG e unha segunda etapa de narrativa máis clásica e realista.

Entradas relacionadas: