Nova Narrativa Galega: Autores e Obras

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,69 KB

Influencias e precursores

A chamada Nova Narrativa Galega, un conxunto de obras editadas entre finais dos 50 e comezos dos 70, inaugura un novo xeito de narrar. As obras da NNG participan da concepción desintegradora da novela tradicional practicada por escritores do século XX como:

  • Marcel Proust (novela psicolóxica)
  • Franz Kafka (o mundo atormentado, con protagonistas illados e impotentes ante unha realidade estraña e absurda, un mundo no que non existe unha fronteira clara entre o real e o soñado)
  • James Joyce (a exploración do monólogo interior)
  • John Dos Passos (a destrución da lóxica temporal)
  • Sigmund Freud (a presenza do complexo mundo do subconsciente)

E, por último, do nouveau roman o obxectalismo, que lle concede ás cousas a mesma importancia que aos personaxes, que deixarán de ser o centro. O protagonista fica reducido a un pronome (eu, ti...), cuxa identidade non interesa.

Obxectivos da Nova Narrativa Galega

Propóñense uns mesmos obxectivos:

  • Renovación da narrativa galega: coa intención de europeización e modernización da literatura galega.
  • Actividade cultural e política galeguista: pensamento de carácter existencialista e marxista, e participan na aparición do nacionalismo galego de esquerdas.
  • Compromiso coa lingua galega: manteñen unha práctica monolingüe en galego.

Características formais e temáticas

Desde o punto de vista técnico

  • Monólogo interior: os contidos psíquicos son presentados tal e como flúen na conciencia do individuo, sen que exista unha organización lóxica dos mesmos.
  • Novos puntos de vista: o narrador-cámara, narrador-protagonista, narrador-testemuña. Utilízanse varios narradores nun mesmo relato para mostrar a realidade desde unha perspectiva diversa (multiperspectivismo).
  • Rómpese a linealidade temporal, non hai orde cronolóxica. Hai abundantes proxeccións tanto ao pasado (analepse ou flash-back) coma ao futuro (prolepse ou flash-forward). O tempo pasa a ser subxectivo, relativo, no que todos os planos aparecen fundidos.
  • Redución temporal: anúlase o sentido durativo, redúcese ao máximo.
  • O espazo deixa de ser simplemente o decorado realista da acción para cargarse tamén de subxectividade (inflúe o estado anímico do narrador) ou adquirir un senso simbólico.

Desde un punto de vista temático

  • Intentaron reflectir nas súas obras a situación alienante vivida pola xente a causa da ditadura, a industrialización e a sociedade de consumo.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos.
  • Ambientes urbanos periféricos e por espazos claustrofóbicos, sórdidos ou enigmáticos e fusión desacougante e inquietante de realidade e fantasía.
  • Negación da idea de argumento e de acción.
  • Os personaxes protagonistas son problemáticos, acostuman ser antiheroes, insignificantes e sempre conflitivos, desarraigados, solitarios, moitas veces traumatizados, desprovistos de humanidade e sentimentos. Deles poucas veces se dan datos externos (a que se dedican, como son, onde viven, etc.), o lector ten que tratar de descifrar as claves do seu comportamento.
  • Presenza reiterada da violencia, da agresividade e da tensión nas relacións humanas. O sexo e a morte son ideas obsesivas nestas narracións.
  • Tema do absurdo existencial.

Autores e obras representativas

  • Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce un árbore.
  • Camilo Gonsar (pseudónimo de Camilo González Suárez-Llanos): Cara a Times Square.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín:
    • O crepúsculo e as formigas: libro de relatos que se desenvolven nun ambiente urbano cheo de sordidez e poboado por personaxes patolóxicos e marxinais. Abordan temas como a violencia, a morte, o medo, os conflitos políticos, etc.
    • Arrabaldo do norte: segue a técnica obxectivista do nouveau roman francés. Protagonizada por un personaxe anónimo á procura dun obxectivo impreciso nunha cidade sen nome. Abundan as descricións dun espazo urbano desolado e despoboado. Personaxes antiheroicos e patolóxicos, voces narrativas inusuais, fusión do real e o fantástico, o normal e o anormal.
  • Carlos Casares:
    • Libro de relatos: contos de ambiente urbano, a violencia infantil ou nos adultos, a soidade da vellez, a frustración, o amor perdido, etc.
    • Cambio en tres: ambientada na sociedade galega durante o franquismo, tempo de prohibición e intolerancia. Unha realidade desesperanzada contada mediante recursos técnicos daquela novidosos, como o monólogo interior, o obxectivismo ou a visión distante do narrador en segunda persoa e reflicten as crises de adolescencia e mocidade.
  • María Xosé Queizán: A orella no buraco (obxectalismo moi influenciada polo nouveau roman).
  • Camilo González Suárez-Llanos: Cara a Times Square, ambientada nunha fantasmagórica Nova York. A súa narrativa caracterízase pola reflexión sobre a identidade, unha visión crítica da sociedade, o recurso a ambientes contemporáneos e a procura de argumentos pouco convencionais.
  • Xohana Torres: é a primeira novela totalmente narrada coa técnica do monólogo interior.

Entradas relacionadas: