Normativización, Mudanzas Semánticas e Interferencias Lingüísticas no Galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,84 KB

A Normativización

A normativización dunha lingua consiste na elaboración da variedade estándar, é dicir, o código lingüístico común para todos os falantes. Isto supón fixar unha ortografía, unha gramática e un dicionario que recolla o léxico que podemos usar.

A variedade estándar ou lingua normativa é, por tanto, o modelo de corrección de lingua oral e escrita que se emprega nos usos formais, nos medios de comunicación, na Administración, no ensino... É a lingua que se estuda: inglés normativo, galego normativo, etc.

A Normativización da Lingua Galega

O proceso de normativización da lingua galega iníciase a partir do Rexurdimento (século XIX), momento no que comeza a recuperarse como lingua de cultura.

Nesta tarefa de estandarización houbo varias etapas:

  • Nun primeiro momento, os autores utilizan o galego oral da súa comarca no rexistro popular, con abundantes vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
  • Máis tarde, procuran un modelo supradialectal (para superar as variantes locais) e diferencialista (para marcar as diferenzas fronte ao castelán) e incorporan cultismos, lusismos, arcaísmos e hipergaleguismos. Tamén simplifican a ortografía (eliminan apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos) e optan por unha ortografía baseada no castelán (ñ, l...).
  • No ano 1982 a Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILGA) elaboraron as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego e foron declaradas a normativa oficial, a variedade estándar.

Como sucede nas outras linguas, estas normas experimentan cambios e actualizacións posteriores. A última reforma foi publicada en 2003 e supuxo un achegamento a outras posturas normativas (reintegracionismo, mínimos).

Os Cambios Semánticos

Denominamos cambio semántico o proceso polo que o significado das palabras sofre modificacións ao longo do tempo.

Causas dos Cambios Semánticos

Causas Lingüísticas

Se varias palabras adoitan ir xuntas para expresar un significado, por economía lingüística hai unha tendencia a que unha delas asuma o valor do conxunto. Ex.: portátil (por ordenador portátil), móbil (por teléfono móbil), postal (por tarxeta postal).

Causas Históricas

Existen numerosos obxectos que foron cambiando e modernizándose co paso do tempo, pero que seguen realizando a mesma función. En moitos casos consérvase a palabra primitiva para designalos. Ex.: a palabra pluma (de ave) empregábase para designar un obxecto para escribir, aínda que o instrumento actual xa non teña relación co orixinal. A palabra coche, referíase antigamente a unha carruaxe de tracción animal, pero agora ten o sentido de máquina automóbil.

Causas Sociais

Moitas palabras cambian de significado porque restrinxen ou amplían o seu uso:

  • Restrición de significado: unha palabra pertencente á lingua común especialízase nunha área determinada. Así, trauma orixinariamente significaba «ferida, parte lesionada» pero a partir da psicanálise de Freud pasou a designar os danos no inconsciente.
  • Ampliación de significado: unha palabra propia dun grupo social ou dunha actividade ou profesión concreta pasa a ser de uso xeral. A palabra arribar, á parte de significar «chegar a porto unha embarcación», tamén se refire a «chegar ao final dun itinerario». Chupa-chup pasou de ser unha marca específica a denominar calquera caramelo de forma esférica cun pau como mango.

Causas Psicolóxicas

A semellanza entre dous elementos ou o efecto emotivo que un termo produce no falante provoca que este aplique esa denominación a outros elementos. Por exemplo, designar a unha persoa como: ser un galiña, ser un porco, ser un voitre...

Tamén por razóns psicolóxicas (temor, superstición, pudor, etc.) certas palabras que nunha comunidade teñen connotacións desagradables ou negativas son substituídas por outras que se consideran máis adecuadas ou delicadas: parir / dar a luz; preñada / embarazada, en estado, encinta, xestante.

Tipos de Cambios Semánticos

  • Elipse. Redución dunha expresión a un único elemento. Ex.: Un café cortado / un cortado.
  • Metáfora. Cambio dunha palabra por outra coa que se relaciona por semellanza. Ex.: cu da agulla - cu dun cesto, boca do forno - boca do metro.
  • Metonimia. Substitución dun termo por outro co que se relaciona por proximidade ou contigüidade, do seguinte modo:
    • Empregar o efecto para denominar a causa. Ex.: Respectade as miñas canas (aspecto propio da idade avanzada).
    • Substituír o nome da obra polo do autor. Ex.: Na exposición hai varios cadros de Quesada.
    • Denominar un produto polo lugar de procedencia. Ex.: Apetéceme beber un ribeiro (viño do Ribeiro).
  • Sinédoque. Substitución dunha palabra por outra coa que mantén unha relación de contigüidade do tipo:
    • Chamar o contido co nome do continente: comer dous pratos.
    • A parte polo todo. Ex.: Toca a cinco euros por cabeza (por persoa).
    • A materia pola obra. Ex.: Hoxe hai que limpar a prata.
  • Especialización. Un termo común pasa a ter un significado diferente nun ámbito de uso concreto. Ex.: cartafol (contedor virtual de arquivos de datos), ventá (presentación da información na pantalla dun ordenador).
  • Eufemismo. Palabra ou expresión que se emprega para substituír outra considerada tabú, que se rexeita por crenzas, motivos morais ou psíquicos (medo, temor, pudor...) ou tamén por cortesía, para evitar ofender a sensibilidade do oínte. Ex.: terceira idade (vellez); de cor (negro); desempregado (parado); descansar en paz (morrer).
  • Disfemismo. Fenómeno contrario do eufemismo, que consiste en substituír unha palabra por outra de efecto humorístico ou pexorativo. Ex.: estirar a pata por morrer; estar coa barriga na boca por estar preñada.

Interferencias e Desviacións da Norma

Vulgarismos

Son formas incorrectas que presentan alteracións do vocalismo ou do consonantismo: *arradio, *bondá, *espranza, *probe, *númaro, *estatuto, *leutor, *menistro, *poblema... Prodúcense na fala pouco coidada, propia do nivel vulgar de lingua.

Dialectalismos

Son formas pertencentes á lingua falada nas diversas zonas de Galicia, que difiren das formas normativas: irmau, iste, corasón.

Hipergaleguismos e Hiperenxebrismos

Son formas ultracorrixidas de palabras plenamente galegas que coinciden coas formas castelás. Os falantes consideran que non son formas correctas e «regaleguízanas» a partir de equivalencias entre as dúas linguas. Exemplo: *persoaxe, *primaveira, *horizonte, *sinceiro, *gasoliña, *montana.

Arcaísmos

Son termos antigos pero en desuso na lingua actual. Exemplo: *capiduo (por capítulo), *vegada (por vez), *ren (por nada), *outo (por alto).

•Castelanismos
Os castelanismos son o síntoma máis directo da influencia do castelán no galego. As persoas galegofalantes desvíanse da norma lingüística propia e acollen trazos do castelán. Esta deturpación da lingua é unha mani festación do conflito lingüístico e impide o uso dunha lingua de calidade. Son estran-xeirismos que deben evitarse

Entradas relacionadas: