Normas Esenciais de Acentuación e Valores Gramaticais do Galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 5,53 KB

Valores Gramaticais e Clases de Palabras

Valores do Pronome "Se"

O pronome se pode adoptar diferentes funcións gramaticais:

  • Reflexivo: O suxeito realiza e recibe a acción.
  • Recíproco: Dous ou máis suxeitos realizan a acción á vez.
  • Verbo Pronominal: Funciona como formante léxico; ao quitar o se pérdese significado.
  • Pasiva Reflexa: O se vai en plural (concordando co suxeito paciente).
  • Impersoal Incoativa: O se vai en singular (oracións impersoais).

Valores da Conxunción

A conxunción pode ter as seguintes funcións:

  • Completiva: Inicia unha interrogativa directa ou indirecta.
  • Condicional: Indica condición (ex: en caso de que, á condición de).
  • Comparativa: Utilízase para establecer comparacións (ex: coma se).

Valores do "Que"

Pronome "Que"

  • Relativo: Pódese substituír por o cal (ou as súas variantes).
  • Interrogativo: Utilizado en enunciados interrogativos directos e indirectos.
  • Exclamativo: Utilizado en enunciados exclamativos.

Conxunción "Que"

  • Completiva: Introduce oracións subordinadas substantivas (cando non se saiba cal é a función, adoita ser esta).
  • Causal: Pódese substituír por porque.
  • Comparativa: Utilízase para comparar dúas cousas.
  • Final: Indica unha finalidade (ex: para que).
  • Disxuntiva: Une dous termos de significado oposto.
  • Locución Conxuntiva: Forma parte de locucións como: aínda que, a pesar de que, en caso de que.

Definición de Clases de Palabras

  • Substantivos (Hiperónimo): Persoa, animal, obxecto, vestimenta, sentimento, actitude, situación, comportamento.
  • Abstractos: Palabras que indican acción de, calidade de, ou fenómeno que.
  • Verbo: Defínese comezando con outro verbo en infinitivo.
  • Adxectivo: Dise de, relativo a, aplícase a, que + verbo.
  • Adverbio: En, con, de maneira...

Normas de Acentuación Ortográfica do Galego

A acentuación ortográfica (uso do til) segue as seguintes regras xerais:

1. Palabras Agudas (Oxítonas)

Acéntuanse as polisílabas rematadas en vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, polémns.

Excepcións (Non levan acento ortográfico):

  • Monosílabos: leis, el, ti.
  • As rematadas en ditongo decrecente (+n, s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis.
  • As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -s: cantar, nariz, arroz.

2. Palabras Graves (Paroxítonas)

Exemplos de palabras graves sen acento: atmosfera, biosfera, heroe.

Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s, ou en grupos consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, misil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).

Polo tanto, non levan acento: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.

3. Palabras Esdrúxulas (Proparoxítonas)

Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.

4. Acentuación de -i ou -u en Hiato

Independentemente das regras anteriores, levan acento ortográfico as vogais -i e -u agudas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo (hiato): aínda, baúl, caía, Colúmbra, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo...

Nota: O i ou u non levan acento ortográfico se van precedidas de q ou g e aparece un h (ex: prohibes).

5. Estranxeirismos e Latinismos

Só se acentúan se seguen as normas xerais de acentuación descritas anteriormente.

6. Observacións Adicionais

  • As maiúsculas levan acento ortográfico.
  • Non levan acento ortográfico os adverbios acabados en -mente, os demostrativos, nin o numeral un.
  • Tampouco o levan os interrogativos e exclamativos en xeral: Como lle vai? Onde está? Preguntoulle cal quería.
  • Só se acentúan para evitar posibles anfiboloxías (uso do acento diacrítico): dille qué queres.
  • Acento Diacrítico e Clíticos: O acento diacrítico úsase para distinguir homógrafos. Nos verbos con pronomes clíticos, a acentuación segue as regras xerais, tratando o conxunto coma unha sílaba máis: cóntallo, éme igual, dálle.

Entradas relacionadas: