A Normalización Lingüística do Galego (1936-1975)

Enviado por kazama y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,03 KB

O Galego na Ditadura: Represión e Recuperación (1936-1975)

1936-1950: Paralización e Retroceso

O período que vai desde 1936 ata 1950 ten como característica principal a paralización e o retroceso do proceso de normalización lingüística e cultural, levado a cabo desde a fundación das Irmandades da Fala. Só nos núcleos galeguistas do exilio americano seguía o galego desempeñando as funcións logradas no período anterior.

A Guerra Civil (GC) e o triunfo do franquismo supuxeron a supresión das liberdades e a implantación dun novo ordenamento que exaltaba a unidade política de España e reprimía calquera manifestación de diferencialismo que non fose de carácter folclórico.

Consecuencias da Guerra Civil na Lingua

Entre as moitas consecuencias negativas da Guerra Civil, hai algunhas que afectaron moi directamente á recuperación do idioma:

  • Impediu a entrada en vigor do Estatuto de Autonomía aprobado en 1936, no que se estableceu a cooficialidade do galego.
  • Malogrou o traballo das persoas que loitaron pola normalización lingüística e cultural, ou ben eliminándoos fisicamente ou anulándoos co exilio e o silencio.

Finalizada a GC, iníciase en Galicia un período de interrupción das actividades culturais e lingüísticas sen publicacións en galego. No ano 1947 edítase o primeiro libro de poesía, ***Comaros verdes*** de Aquilino Iglesia Alvariño. Antes de 1950 aparecen algunhas editoriais. Neste período, os exiliados van converter cidades como Bos Aires, Montevideo ou México en capitais culturais e espirituais de Galicia: créanse editoriais, edítanse libros e publicacións periódicas.

1950-1975: Recuperación e Institucionalización

A partir dos anos 50, debido á necesidade de lograr respectabilidade e recoñecemento internacionais, prodúcese unha certa apertura do Réxime. Isto permitiu que comezasen a manifestarse síntomas de recuperación cultural que callaron na fundación en 1950 da ***Editorial Galaxia***.

Un dos obxectivos da Editorial Galaxia (EG) era transmitir ás novas xeracións o ideario galeguista. Galaxia vai editar poesía, narrativa, ensaio e prosa científica.

Marcos da Recuperación Cultural

Nos anos 60 hai cambios que afectan positivamente á recuperación do idioma nos usos cultos:

  • No 1963 reaparece a revista ***Grial*** e a Real Academia Galega (RAG), ao celebrarse o centenario da publicación de ***Cantares Galegos*** de Rosalía, instaura o *Día das Letras Galegas*.
  • Nacen na ilegalidade novas organizacións políticas nacionalistas.
  • O movemento da *Nova Canción Galega*, promovida polo colectivo de cantautores ***Voces Ceibes***, emprega o galego nas súas cancións, moitas veces baseadas en textos literarios, e impulsan a normalización do galego no ámbito musical.
  • No 1965 créase a Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na USC.
  • No 1968 fúndase o *Instituto da Lingua Galega* (ILG).
  • En 1974 a TVE emite *Panorama de Galicia*.

Entradas relacionadas: