A Normalización do Galego: Unha Tarefa Pendente
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 17,17 KB
A Normalización do Galego: Unha Tarefa Pendente
O Galego: Unha Lingua Minorizada
Un idioma é un dos sinais de identidade máis relevantes dun pobo, e ter esta consideración debería suporlle moito prestixio. Mais hai linguas que, a pesar de seren identitarias, non gozan dese recoñecemento, pois non están normalizadas en funcións relevantes como a laboral, a institucional (xustiza, sanidade, ensino e Administración) ou a cultural. Isto é o que lle acontece ao galego. A pesar de ser o idioma propio de Galicia, a expansión e unificación levada a cabo pola coroa de Castela dende a época medieval provocou que o galego fose perdendo prestixio e funcións como consecuencia dun longo conflito lingüístico co castelán. Así se creou unha situación diglósica, onde a lingua allea se converteu en hexemónica/dominante (A) e a nosa en minorizada/dominada (B). Esa diglosia, ou reparto desigual, víase a nivel social nos ámbitos formais (medios de comunicación, economía, cultura, Administración, sanidade, ensino ou xustiza) ou xeográfico (uso do galego no rural fronte á hexemonía do castelán nos ámbitos urbanos). Neste contexto nacen os prexuízos, xuízos de valor inxustificados sobre unha lingua e os seus falantes, consecuencia directa de estereotipos ou ideas preconcibidas.
Que é Normalizar?
Normalizar é intervir con medidas legais, políticas, sociais e lingüísticas para que o idioma minorizado recupere funcións e usos nos distintos ámbitos sociais: ensino, cultura, medios de comunicación, Administración, xustiza, científico-tecnolóxico, económico, laboral, político ou familiar. Quen leva a cabo ese proceso? Os poderes públicos, aínda que o labor de colectivos sociais é importante.
Comparativa con Outras Linguas Cooficiais
Comparando a situación legal das linguas cooficiais do Estado español, o castelán ten garantida a obriga de sabelo e as outras linguas só o dereito, se teñen o status de oficialidade (algo do que non gozan o asturiano e o aragonés). Centrándonos no galego, vasco e catalán, a situación máis favorable é a do catalán, polo prestixio social, a inmersión lingüística no sistema educativo, o compromiso dos seus dirixentes e o gran número de medios de comunicación. O vasco é lingua vehicular no ensino secundario da maioría dos rapaces, grazas ao sistema inmersivo modelo D. En Galicia, as Escolas Semente usan o galego como lingua vehicular, pero teñen unha presenza case anecdótica. En canto ao uso na administración, xustiza e sanidade, a situación do catalán é algo mellor, pero denúnciase que non se require o dominio do idioma propio para traballar nesas delegacións. Un problema que se aprecia en Cataluña (sobre todo en Barcelona) e dende hai tempo en Galicia e no País Vasco é o desapego da xente nova cara ao idioma da súa comunidade.
A Diversidade Lingüística no Estado Español
O Estado español ten unha grande diversidade lingüística, mais a imposición do castelán deixa en inferioridade as demais linguas, que aínda que cooficiais, non gozan do mesmo prestixio. A Constitución obriga a saber castelán, pero non se extrapola ás linguas cooficiais. O seu coñecemento non é requisito para acceder á Administración, xustiza ou corpos de seguridade. O proceso de normalización non é efectivo, e o uso deses idiomas tampouco se garante nos distintos ámbitos. Os causantes somos os propios falantes, que non mostramos suficiente compromiso, e os dirixentes, que non levan a cabo medidas que fomenten a protección e uso destes idiomas. A recente entrada destas linguas no Congreso (setembro de 2023) é un paso importante, mais son estes idiomas os que ven perigar a súa supervivencia. O Consello de Europa, a través da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, deu reiterados avisos aos dirixentes pola precaria situación de linguas como o galego.
A Importancia da Lingua
O idioma é o sinal de identidade máis característico dun pobo, o que nos fai distintos nun mundo globalizado. É o testemuño máis fiel da riqueza cultural dun territorio, e a cultura é a mellor folla de presentación dun pobo. A través das linguas herdamos literatura, música ou cine. A lingua é o reflexo da idiosincrasia dun territorio e dos seus habitantes. Saber dúas linguas axuda a aprender outras novas e cantas máis linguas dominemos, máis saídas laborais teremos.
O Catalán
Fálase en Cataluña, Valencia, Illas Baleares, Andorra, zona oriental de Aragón, nunha comarca murciana, no Rosellón (Francia) e na cidade italiana de Alguer (Sardeña). En Valencia, o goberno non está comprometido coa normalización. No sistema educativo, no curso 23-24, o valenciano deixou de ser obrigatorio nas zonas castelanfalantes. Nas Baleares, o catalán segue a retroceder. No ensino utilízase como lingua vehicular e de aprendizaxe. Na xustiza, a normativa impide a esixencia do catalán ao persoal xudicial. Na sanidade, non existe plena normalización. Nos medios, o catalán é maioritario, pero a súa presenza en redes sociais e videoxogos é marxinal. Conta con máis de 100 diarios.
O Vasco
Fálase en Euskadi, Navarra, País Vasco francés e zonas de Cantabria e Burgos. Non é unha lingua románica. Destacamos a súa insuficiente presenza nos medios e na Administración. No ámbito educativo hai 3 modelos: A (castelán como lingua vehicular), B (parte en castelán e parte en éuscaro) e D (vasco como lingua vehicular). O modelo D xestiona case o 70% do alumnado. Só un 37% da poboación fala esta lingua.
O Asturiano
e o aragonés. Centrándonos no galego, vasco e catalán, a situación máis favorable é a deste último, polo prestixio social que ten, pola inmersión lingüística levada a cabo no seu sistema educativo, polo compromiso dos seus dirixentes co idioma (moi evidente no caso catalán, e testemuñal no noso caso), e polo gran número de medios de comunicación cos que conta (nós só a RTVG, e apenas prensa escrita). Ben é certo que o vasco é lingua vehicular no ensino secundario da maioría dos rapaces desa comunidade, porque están case todos escolarizados no sistema inmersivo modelo D. Nós non contamos con esa opción, aínda que hai algunha escola que usa o galego como lingua vehicular -Escolas Semente-, pero teñen unha presenza case anecdótica no territorio galego, e están sufragadas basicamente polos pais. En canto ó uso na administración, na xustiza e na sanidade, a situación do Catalán é algo mellor, pero tamén se está a denunciar, como noutras comunidades, que quen queira desempeñar un cargo nesas delegacións non precisa demostrar que domina o idioma propio dese lugar (un madrileño non é obrigado a saber galego para traballar na Galiza, por exemplo). Un problema que xa se vai apreciando lixeiramente en Cataluña (nas grandes cidades, sobre todo Barcelona), e dende hai moito en Galicia e no País Vasco, é o desapego que a xente nova sente cara ó idioma da súa comunidade
O Estado español é un estado cunha grande diversidade lingüística, mais a imposición do castelán deixa nunha posición de inferioridade as demais linguas faladas no territorio, que aínda que cooficiais co español nas súas respectivas comunidades, non gozan do prestixio e recoñecemento co que conta a lingua hexemónica. Un exemplo desa discriminación radica xa no marco legal, pois a Constitución dinos que estamos obrigados a saber castelán, pero esa obrigatoriedade non se extrapola aos falantes das comunidades que contan con lingua propia. Ademais, o coñecemento das linguas cooficiais non é un requisito para acceder, polo menos nesas comunidades, á Administración, á Xustiza ou ós corpos de seguridade. Isto fainos pensar que o proceso de normalización destas linguas non está sendo efectivo, e máis cando o uso deses idiomas tampouco se garante nos distintos ámbitos a normalizar (cultural, institucional, educativo, medios de comunicación, xustiza, científico-tecnolóxico, económico, laboral, político, ou familiar). Os causantes disto somos os propios falantes, que non mostramos o suficiente compromiso cara ao principal sinal de identidade que temos, mais tamén os nosos dirixentes porque non levan a cabo medidas que fomenten a protección e USO destes idiomas. É por esta razón que a recente entrada destas no Congreso (setembro do 23) é un paso enorme ó recoñecer nas altas esferas do poder a diversidade do territorio español, aínda que sempre haberá quen diga que isto pon en perigo o castelán, a pesar de que este ten totalmente garantido o seu futuro en España. Por moito que uns congresistas falen en galego, vasco ou catalán...non nos enganemos, son estes idiomas os que ven perigar a súa supervivencia. Basta lembrar como o Consello de Europa, a través da Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias, deu reiterados turróns de orellas aos nosos dirixentes (tamén autonómicos!) pola precaria situación na que se atopan idiomas como o galego, que está perdendo de xeito alarmante falantes, perigando incluso a transmisión xeracional. Baixo esta problemática sempre reside a mesma causa: a imposición dunhas linguas sobre outras, duns falantes sobre outros, duns pobos sobre outros
, o idioma é o sinal de identidade máis característico dun pobo, aquilo que nos fai distintos nun mundo globalizado que tende á homoxeneidade. Que sentido tería que falásemos o mesmo idioma todos? Sería un mundo dunha única tonalidade, uniforme, monótono e tamén...irreal!, porque os costumes, o territorio, o xeito de ser de cada pobo provocaría que co tempo esa homoxeneidade lingüística se tornase en diversidade.
, o idioma é o testemuño máis fiel da riqueza cultural dun territorio, e a cultura, non os enganemos, é a mellor folla de presentación dun pobo. A través das linguas herdamos literatura, música ou cine, manifestacións que transmiten o espírito artístico dun pobo, trazo que nos distingue do resto das especies animais que habitan a terra
s a lingua é tamén o reflexo da idiosincrasia dun territorio e dos seus habitantes. Pensemos na nosa, onde a través do léxico nos daremos conta, por exemplo, do espírito entroidesco das nosas xentes en todas as súas expresións (traxes, festas, gastronomía,etc.): pantalla, cigarrón, peliqueiro
saber dúas linguas axuda a aprender outras novas dado que/posto que coñecendo unhas estruturas podemos asimilar mellor outras.
)E cantas máis linguas dominemos, outro punto a favor da diversidade idiomática, máis saídas laborais teremo
Son dúas variedades da mesma lingua, e fálase en Cataluña (oficial co castelán e aranés), Valencia (oficial co castelán), Illas Baleares (oficial co castelán), Andorra (ÚNICA lingua oficial), zona oriental de Aragón(non oficial), nunha comarca murciana (non oficial), no Rosellón en Francia (non oficial), e na cidade italiana de Alguer (na illa de Sardeña, aínda que alí lle chaman alguerés, e onde é cooficial co italiano e co sardo). En Valencia, pero alí o goberno da Generalitat non está nada comprometido co proceso normalizador desta lingua, emporiso, segue a ser falado pola metade da poboación, gozando nas cidades dunha gran vitalidade. No sistema educativo aprobouse que no curso 23-24 o valenciano deixara de ser obrigatorio nas zonas castelanfalantes. Isto permitirá o predominio do castelán, modificando xa que logo a Lei de Plurilingüismo. Seguirá, iso si, sendo unha materia obrigatoria, pero non a lingua vehicular de Matemáticas, Ciencias ou Coñecemento do Medio, un retroceso sen igual. Antes deste cambio nos concellos castelanfalantes era o obrigado dar o 25% das materias en catalán. Nas Baleares o catalán segue a retrocer, habendo un 40% que non sabe sequera falalo, a pesar de que é lingua vehicular no ensino. Un factor que repercute moi negativamente no idioma é que as illas reciben xente de diversos países que non senten ningún apego cara a el.
• Ensino: utilizada como vehicular e de aprendizaxe. • Xustiza: a normativa reguladora da Administración impide a esixencia do coñecemento da lingua catalá ao persoal xudicial para ocupar unha praza nesta comunidade, e consecuentemente as sentenzas ditadas en catalán non alcanzan o 10%. • Sanidade: na atención médica non existe plena normalización. • Medios de comunicación: na radio e prensa o catalán é maioritario, pero a súa presenza en redes sociais e videoxogos é marxinal. Destacable é que conte con máis de 100 diarios (impresos e dixitais), algo que contrasta coa situación galega. • Social: cabe destacar que o catalán foi historicamente unha lingua usada pola burguesía, ao contrario do que pasou en Galicia, onde as clases dirixentes enseguida pasaron a falar en castelán. Por ese motivo é un idioma que non arrastra os múltiples prexuízos cos que contou dende a Época Medieval a nosa lingua, relegada ó ámbito rural e aos contextos máis informais
VASCO : Fálase en Euskadi (oficial), Navarra (só oficial nunha das tres zonas lingüísticas, a vascófona), no País Vasco francés (sur de Francia), e en zonas de Cantabria e de Burgos. A súa particularidade ten que ver coa orixe, pois fronte ás outras faladas na Península, esta non é unha lingua románica; a súa orixe non está nada clara sendo a lingua máis antiga de Europa. En canto ós ámbitos, destacamos insuficiente presenza nos medios de comunicación e na Administración. No ámbito educativo hai 3 modelos: modelo A, con ensinanza en castelán como lingua vehicular, execpto a materia de Lingua e literatura vasca; modelo B, onde se fai unha parte da ensinanza en castelán e outra en éuscaro; e o modelo D, con ensino en vasco como lingua vehicular, menos a materia de Lingua e literatura castelá. Destes tres modelos, o D ten un forte peso pois xestiona case o 70% do alumnado da comunidade. Do seu uso destacamos que só un 37% da poboación fala esta lingua.
Posúe xa a Academia de la Llingua Asturiana, que se encarga de elaborar gramática, dicionarios e normas ortográfias, pero non é oficial. Forma parte do ástur-leonés, que abrangue tamén falas de parte de León e Zamora, xunto co mirandés, a lingua de Miranda do Douro (Portugal) e que tampouco é oficial. Non está normalizada en ningún ámbito (educativo, administrativo, xurídico, sanitario, cultural, dos medios de comunicación, económico, etc.).
Portugués e galego foron na súa orixe unha mesma lingua ata que a separación territorial do século XII as afastaron, converténdose a portuguesa nunha lingua de estado. O galego, debido ó sometemento exercido pola Coroa de Castela sobre Galicia, comezará unha profunda marxinación a finais do medievo, proceso que orixinou un conflito lingüístico e unha situación diglósica, con todos os prexuízos lingüisticos que esta trouxo consigo. O portugués é lingua oficial en Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Mozambique, Sâo Tomé e Príncipe, Guinea Ecuatorial e Timor-Leste. É o idioma románico máis usado despois do español e o máis falado no hemisferio sur, artellando o coñecido como mundo lusófono. En 1996 creouse a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, na que ten presenza tamén o Consello da Cultura Galega pola vinculación que galego e portugués tieron historicamente. Este nexo lingüístico pode ofrecernos tamén importantes benificios empresariais, deportivos ou sociais. Dende o 2014 o portugués ofértase tamén no sistema educativo galego, algo que reforzou esa ancestral irmandade. Pertencer ó mundo lusófono ábrenos ós galegos milleiros de portas a todos eses lugares onde se fala, e cos que poderiamos relacionarnos. Non é pouca cousa! Talvez, dito isto, deberiamos pensar mellor se unificar a norma escrita coa da lingua irmá, e poder así exportar a nosa cultura a todos estes países. (Se non o digo, rebento, “¡bong!”, como o “Poema nuclear” de Celso Emilio, creador do Socialrealismo)
a) a Constitución e o Estatuto de Autonomía, onde se di que o galego é oficial en Galicia, igual có castelán, aínda que se descrimina o noso idioma porque obrigan a coñecer o español, pero non o galego.
)O Plan Xeral do 2004 e os decretos que trataron de consolidalo no ensino, aínda que no Decreto do 2010 se equipara no reparto de materias co castelán, 50% cada unha. O Plan xeral foi un paso enorme, pois pretendía potenciar o galego en todos os ámbitos
A Lei de Normalización Lingüística do 83, que pretende levar o uso do galego á vida pública: educación, administración, xustiza ou comercio. Vela tamén polo uso das formas galegas na nosa toponimia
)A morte do rural e do mundo tradicional leva parella a morte do noso idioma,;Os prexuízos seguen vixentes, aínda que moitos van desaparecendo, algo que está a facer que se consoliden novos galegofalantes, os neofalantes, xente fortemente concienciada vinculada ó mundo urbano, ;)No ensino, non se lle dá preferencia ó idioma, a pesar da súa situación de desvantaxe, equiparándoo co castelán, e incluso co inglés en colexios bilingües. Por riba, non se vela para que no urbano os nenos teñan como lingua vehicular en Infantil o galego, cando nas cidades é onde máis perigo corre ;