Normalización do Galego: Ensino e Medios de Comunicación

Informática y Telecomunicaciones5,98 KB

O Galego: Normalización a través do Ensino e dos Medios de Comunicación

Normalización a través do Sistema Educativo

Desde a Lei de Normalización Lingüística (LNL) de 1983, o principal obxectivo do sistema educativo en Galicia diríxese a converter os alumnos en individuos bilingües.

Perspectiva Histórica

A raíz do status cooficial da lingua galega, a súa presenza no ensino comeza simplemente como materia ao mesmo nivel ca unha lingua estranxeira. Ata a Orde de 1987/1988 non se establece de xeito obrigatorio o seu uso como lingua vehicular e só nunha área, unicamente nos ciclos medio e superior da Educación Xeral Básica (EXB).

No seguinte decreto, o 247/1995, aumentan as dúas materias que se deben impartir en galego e, ademais, esténdese á ESO e ao Bacharelato, á parte dos segundo e terceiro ciclos de Primaria. Por último, no decreto actual 124/2007, a presenza obrigatoria do galego acada o 50% en todos os niveis educativos non universitarios, incluído o primeiro ciclo de Primaria.

Todos estes marcos caracterízanse por establecer uns mínimos de obrigado cumprimento, a partir dos cales cada centro debe planificar a distribución de linguas no currículo. O principal problema é que na maioría dos casos os mínimos se interpretan como máximos. Así, o emprego dunha lingua ou doutra pasa a depender na práctica da vontade e interese dos docentes afectados.

A Normalización do Galego a través dos Medios de Comunicación

Hoxe en día, outro ámbito de gran transcendencia para a normalización é o dos medios de comunicación. Ten tal influxo que cambiou non só o mundo das comunicacións senón as sociedades en xeral, dando lugar á denominada era da globalización. Por outra parte, Internet favoreceu o auxe das linguas internacionais, sobre todo o inglés, pero ao mesmo tempo abre novas posibilidades para o desenvolvemento das linguas minoritarias.

A Televisión

A creación da Compañía de Radios e Televisión de Galicia en 1985 converteuse nun elemento fundamental para a normalización da lingua propia, sobre todo no plano actitudinal. A presenza case plena do galego nunha canle de televisión contribuíu a asociar a nosa lingua a connotacións moi diferentes das tradicionais, ampliando os seus ámbitos de uso.

O Cine

Os pioneiros foron o Chano Piñeiro e Carlos L. Piñeiro. Máis recentemente destacan filmes de animación como O Bosque Animado, con sede na Coruña, que empregaba por primeira vez en Europa a animación en 3D. Pero despois deste viñeron outros como O soño dunha noite de San Xoán e Pérez, o ratiño dos teus soños. En definitiva, o audiovisual galego é un sector en crecemento, aínda que polo momento está lonxe da súa plena normalización, xa que esta só se consegue a través da diversificación.

Internet e o Ciberespazo

Internet é o medio de comunicación por excelencia dos nosos tempos. A súa distribución é moi desigual e Galicia presenta un dos índices de uso máis baixos de toda España. Actualmente podemos baixar libros en galego de Internet ou aprender galego a través da rede con cursos multimedia de autoaprendizaxe.

A pesar disto, a presenza da lingua galega en Internet supón un baixo 0,014%, mentres que o inglés ocupa o 61% e o castelán ocupa o 8º posto cun 2,25%. Non obstante, isto non debe impedirnos afrontar o reto de crear entre todos o propio espazo do galego na rede.

As Oracións Coordenadas

Presentan unha estrutura na cal se relacionan os elementos mediante un nexo e están situados a un mesmo nivel sintáctico. Os nexos son as conxuncións:

  • Adversativas (formadas por unha tese, un nexo e unha antítese).
  • Disxuntivas (con M1, M2 e nexo disxuntivo ou).
  • Copulativas (por dous membros e por un nexo copulativo).
  • Distributivas (formadas por 2 membros e por un nexo distributivo).

Os Cambios Semánticos

Denotación e Connotación

Chámase denotación o significado obxectivo dunha palabra. Ademais, as palabras poden servir outra información de carácter subxectivo denominada connotación. Dúas palabras poden ter o mesmo significado denotativo e distintas connotacións. As connotacións das palabras adoitan ter relación con ideoloxías ou sistemas de valores presentes na sociedade.

Tabú e Eufemismo

Algúns conceptos son considerados incorrectos e reciben o nome de tabús. O termo substitutivo usado en lugar do tabú recibe o nome de eufemismo. Relacionado coas nocións de tabú e de eufemismo está o emprego da linguaxe politicamente correcta, que evita certas palabras por considerar que están cargadas de connotación machista, etc.

Os Cambios Semánticos (Xeral)

É onde se producen alteracións debidas aos usos figurados das palabras ou á redución, ampliación e desprazamento de significado. O cambio de significado desde o latín ata o galego produciuse pola xeneralización dun uso figurado da palabra. Os medios de comunicación de masas inflúen de maneira decisiva nos cambios semánticos e son capaces de conseguir que a sociedade chegue a utilizar termos novos.

Descargar

PDF Word HTML