A Narrativa de Posguerra Galega: Neira Vilas e o Realismo Rural

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,29 KB

Neira Vilas: Contexto e Traxectoria

Neira Vilas pertence á narrativa de posguerra, un período no que non atopamos unha xeración propiamente dita debido á presión da ditadura, senón traxectorias individualizadas, cada unha con características específicas.

Temas Centrais e Denuncia Social

No caso de Neira Vilas, destaca por converter o campesiñado en protagonista das súas obras, coa intención de denunciar as malas condicións de traballo e de vida no ámbito rural, é dicir, a explotación dos humildes. Isto vese exemplificado na figura de Alfredo, un rapaz que se ve obrigado a abandonar a escola e a realizar un traballo duro e mal pagado.

Estilo Narrativo

Canto ao seu estilo narrativo, fronte a outros autores desta época, como Blanco-Amor ou os integrantes da Nova Narrativa Galega, na maioría das súas obras non busca experimentar, senón que segue unha liña tradicional, co emprego do narrador en terceira persoa omnisciente. Vémolo moi claramente no texto, pois o narrador reproduce os pensamentos do protagonista (“Alfredo deuse en cavilar”), a través do uso do verbo “pensou”.

Estrutura e Temática da Obra de Neira Vilas

A súa obra está constituída por novelas e libros de relatos que se poden agrupar segundo o marco espacial no que transcorren as historias (Galicia ou América) ou tendo en conta o tipo de protagonista (infantil ou adulto). As obras caracterízanse pola constante presenza do mundo rural galego de posguerra.

A súa literatura busca facer reflexionar sobre a emigración, a explotación, o caciquismo e a incomprensión que sofren os nenos. A súa obra representa o realismo rural, pois denuncia as penurias da vida labrega que el mesmo experimentou.

Obras Ambientadas na Galicia Interior

Estas obras plasman a sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. Os personaxes semellan incapaces de escapar dese mundo atrasado onde impera a dominación política e relixiosa nun clima de sometemento e resignación.

Memorias dun neno labrego

Nesta obra maniféstase a vida dunha aldea galega de posguerra a través das inquedanzas e a frustración de Balbino, un rapaz que vive nun mundo labrego de miseria, atraso, opresión e inxustiza que non ofrece outra saída salvadora máis ca a da emigración. É un dos libros máis lidos e traducidos da nosa literatura.

Outros Autores da Narrativa de Posguerra

Arcadio López Casanova (Lugo, 1942 - Valencia, 2022)

Máis novo que os outros membros desta xeración, pódeselle considerar, polo menos parcialmente, integrado nela. É autor dos seguintes poemarios:

  • Palabra de honor (1967)

Xohana Torres (Santiago, 1931 - Vigo, 2017)

Publicou os seguintes libros de poemas:

  • Do sulco (1959), libro co que se inaugura a colección Illa Nova da editorial Galaxia.

Entradas relacionadas: