A Narrativa e Poesía Galega de Posguerra (1936-1975)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 13,56 KB

A Guerra Civil supuxo unha ruptura co impulso que a Xeración Nós lle dera á narrativa en lingua galega. O centro de actividade literaria desprázase ao exilio. Ata a segunda década da posguerra non se rexistra ningún título de novelas, libros de relatos etc. en galego e publicados en Galicia. A primeira novela publicada na posguerra foi A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero. Ata ben entrada a década de 1960 non se pode falar de tendencias, con todo pódese facer a seguinte clasificación:

Narrativa

  1. Obras continuadoras da prosa da Xeración Nós. Inclúese aquí A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero que narra a vida de varias xeracións dunha familia fidalga e Otero Pedrayo retoma o seu labor con obras como Entre a vendima e a castañeira (1957) e O señorito de Reboraina (1960).
  2. Obras que pertencen ao:
    1. Realismo social, narrativa comprometida coa denuncia da situación pola que pasa a Galicia da época, representada por Eduardo Blanco Amor coa novela A esmorga (1959).
    2. Realismo fantástico, representado pola obra de Á. Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe (Simbad), greco-latina (Orestes) ou nórdica (Merlín) con recursos do mundo popular, de realidade cotiá e fantasía desbordada.
    3. Realismo popular, representado por Anxel Fole coa súa obra Á lus do candil. Esta é unha narrativa con textos construídos sobre a técnica do conto tradicional oral.
    4. Realismo rural, representado por obras de Xosé Neira Vilas.

Poesía

No tocante á poesía desde 1936 a 1975, Galicia viviu as consecuencias sociais, económicas, políticas e culturais derivadas da Ditadura franquista. Ata mediados dos 50 a sociedade vive unha situación de estancamento e retroceso. A poesía sofre unha paralización despois da Guerra Civil, non se pode falar de recuperación lírica ata ben entrada a década dos 50. A actividade cultural continuada só é posible no exilio. Dentro de Galicia comeza unha tímida recuperación a partir de 1947, coa publicación de Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. No 1949 sae en Pontevedra a Colección Benito Soto e no ano seguinte, constitúese a Editorial Galaxia, que abre o camiño para novas editoras en galego. Mentres que no exilio destacaba a poesía social-realista, en Galicia predominaba a poesía intimista e esteticista cun desexo de fuxir da realidade. As obras de poesía deste momento pódense encadrar en tres xeracións diferentes.

Eduardo Blanco Amor (Neorrealismo narrativo)

Biografía

  • Ourense (1897) - Vigo (1979)
  • Emigra de mozo á Arxentina. Corresponsal da prensa bonaerense para España.
  • Contacta coa xeración do 27. Coñeceu e tratou a xente como Borges ou Alberti.
  • Corrixe e prologa os “Seis poemas galegos” de García Lorca.
  • Colaborou en “Nós” con tres capítulos da novela inacabada “A escadeira de Xacob”.

A obra narrativa de Blanco Amor é de enorme importancia, porque trouxo á literatura galega novos temas e formas de narrar:

  • Técnica telefónica: Diálogo no que só se recollen as respostas a unhas preguntas que o lector pode supoñer, pero que non aparecen (A Esmorga). É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz que falaría en castelán ao facer as preguntas e o reo que fala en galego. O silencio do xuíz simboliza a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador.
  • Uso dun determinado punto de vista (primeira persoa).
  • Introdución dos espazos urbanos. Xente ao lonxe e A Esmorga aparecen ambientadas no Ourense do primeiro terzo do século XX, ao que lle desfigura o nome en base á súa orixe latina, e denomínaa Auria.
  • Presenza e análise das clases sociais baixas e personaxes marxinais nas súas obras, inexistentes na literatura galega ata entón (pobreza, fame, marxinación, delincuencia, violencia...).
  • Utilización da lingua popular (reflexo fiel da fala das clases populares).
  • Caracterización realista da sociedade galega de principios de século: clase traballadora e formación do sindicalismo (Xente ao lonxe) e a vida marxinal e de suburbio da cidade de Ourense (A esmorga).
  • Presenza do mundo infantil onde nenos e adolescentes son os protagonistas, que narran a historia cunha visión inxenua e inocente (Xente ao lonxe, 1972 e Os biosbardos, 1962).

A esmorga

A esmorga supón a renovación temática e formal da narrativa galega de posguerra. Cibrán relata diante do xuíz as últimas 24 horas de esmorga por Auria en compañía do Bocas e Milhomes. As características principais son:

  • Espazo urbano suburbial: Blanco Amor incorpora á literatura galega un estrato social baixo que converte en protagonista.
  • Emprego de linguaxe coloquial.
  • Drama interior do protagonista, Cibrán, o narrador-protagonista, cuestionase entre o que fai el e os seus compañeiros.
  • Importancia da chuvia persistente ao longo de toda a novela, que fai que Cibrán non vaia traballar á obra e obriga aos protagonistas ao consumo de alcohol, feito que desencadea a violencia.
  • Técnica narrativa innovadora, “a técnica telefónica”, só aparece a única voz de Cibrán que responde ás preguntas que lle fai o xuíz e que non aparecen no texto por formularse en castelán con toda seguridade.

Xente ao lonxe

Xente ao lonxe é a historia da familia Vilar narrada en 1ª persoa por Suso, o fillo, e por outros narradores (multiperspectivismo ou varias perspectivas), como a súa irmá Evanxelina, que reflicte o importante papel da muller na obra. É unha radiografía de Ourense (Auria) de principios de século centrada no movemento da clase obreira e sindical.

Poesía

  • Romances galegos (1928)
  • Poema en catro tempos (1931), a modo de canto elexíaco pola morte duns mariñeiros.
  • Cancioneiro (1951)

Teatro

  • Farsa para títeres, a mestura do tráxico e o cómico lembran ós esperpentos de Valle Inclán.
  • Teatro pra xente, catro obras e tres contos escénicos na liña dos anteriores.

Anxel Fole (Lugo 1903-1986)

A súa narrativa caracterízase por empregar unha linguaxe rica e enxebre, con abundantes dialectalismos e barbarismos. Fole móstrase na súa obra baixo a figura dun contador de contos.

Nos seus libros emprega unha lingua rica e enxebre, xa que o galego é recollido entre as xentes do Courel, con abundantes dialectalismos e barbarismos. A súa obra narrativa parte da tradición oral popular do sur de Lugo e está constituída por:

  • Á lus do candil composto por 15 contos, narrados polas noites, en que 4 fidalgos e os seus criados quedan illados pola neve.
  • Terra brava, recorre de novo o recurso de incluír os contos dentro do conto principal. Reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio e recorren a unha estrutura narrativa semellante á de varias persoas nunha das longas conversas ao redor da lareira ou dunha mesa, tan comúns no mundo rural galego.
  • Outros títulos: Contos de néboa, Historias que ninguén cre, nos que continúa cos esquemas anteriores, están ambientadas no mundo urbano da cidade de Lugo, aínda que sigan presentes elementos do conto de medo e misterio que caracterizaban as dúas novelas anteriores. Tamén podemos atopar un certo ton de humor nas súas páxinas. En canto a técnica é partidario de conservar ao máximo a aparencia oral do relato escrito; coa lingua fai o mesmo, xa que procura transcribir o galego propio da zona.
  • Contos ao carón do lume (1953) e Terra brava (1955), libros de relatos ambientados nas montañas de Lugo, que reflicten a realidade do pobo galego de montaña e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, tradicionais. Os temas tamén son tradicionais: contos de lobos, de aparecidos e premonicións da morte; de lendas populares (a Santa Compaña...) combinados con sentido do humor e explicados pola lóxica.

Álvaro Cunqueiro (O Mundo Máxico)

Biografía

  • Mondoñedo (1911) - Vigo (1981)
  • Colabora nas revistas “Nós” e “Yunque”.
  • Dirixiu durante varios anos “El Faro de Vigo”
  • Doutor “honoris causa”, pouco tempo antes de morrer.
  • É un dos escritores máis complexos e polifacéticos da literatura galega (poesía, narrativa e teatro).

Narrativa

A narrativa de Cunqueiro caracterízase por:

  • Tendencia á disgregación da novela: os seus textos están construídos mediante a acumulación de relatos argumentativamente inconexos.
  • Coexisten múltiples narradores. Utiliza sempre técnicas propias da narración realista, con recursos da tradición oral popular (arcaísmos e dialectalismos propios do galego da área de Mondoñedo).
  • Nos seus libros coexisten personaxes e feitos fantásticos con outros que poderían pertencer á vida cotiá.
  • A acción das súas obras desenvólvese en ambientes familiares, o cal provoca no lector aparencia de realidade.
  • Os personaxes das súas obras proceden, en moitos casos, de vellos mitos doutras culturas (En Merlín e familia o protagonista é o mago Merlín, mais tamén aparecen o rei Artur e a raíña Xenebra; en Se o vello Sinbad volvese ás illas o protagonista é Sinbad).
  • Outra característica de Cunqueiro é o humor. Non só está presente nas súas novelas, senón tamén nos relatos breves, onde intenta ofrecer unha visión das crenzas e do xeito de entender o mundo que teñen as persoas do rural galego.

Poética

Características
  • Afán rupturista.
  • Conecta coas vangardas.
  • Poemas neopopulistas e neotrobadoristas.
  • Funde a forma da cantiga de amigo coas imaxes das vangardas.
  • Mar ao norde (1932), vangardista; o seu primeiro libro. Consta de poemas breves que xiran ao redor da temática marítima e nos que se aprecian imaxes cubistas, que nace como unha homenaxe a Manuel Antonio.
  • Poemas do si e non, surrealismo.
  • Cantiga nova que se chama Ribeira, vangardismo, neopopulismo, neotrobador.
  • Dona de corpo delgado, poesía de corte clásico e liña neotrobadoresca.
  • Herba de aquí e acolá, aborda os temas transcendentais do ser humano. Recrea mitos lendarios, personaxes históricos e figuras da literatura universal e reflexiona sobre o paso do tempo, os cambios e a morte.
Características da súa narrativa
  • Alarde de imaxinación.
  • Lirismo e humor.
  • Mestura da realidade cotiá coa fantasía e o mundo dos soños (realismo máxico ou fantástico).
  • Mestura de elementos de tradición galega con ambientes exóticos.
  • Estrutura narrativa baseada en relatos curtos, relacionados entre si mediante un elemento unificador.
  • Avoga por unha autonomía absoluta da arte.
  • Xoga coas palabras, temas e técnicas, sen outra preocupación que as estrictamente literarias.
  • Paisaxe liricamente galeguizada e ligada ó ser humano.
  • Estrutura narrativa: carácter radial dun personaxe principal arredor do que xiran os episodios.
  • Nivel formal: preciosismo estético, inzado de sesorialismo e de imaxes.
  • Estilo arcaizante e popular que conecta coa narrativa medieval e o estilo oral dos contos populares.
  1. Tres novelas, son historias contadas por un narrador-testemuña:
    • Merlín e familia (1955), está formado por unha serie de episodios que xiran ao redor do mago Merlín, que vive retirado xunto coa raíña Xenebra e o seu criado Felipe de Amancia en terras de Miranda, na comarca de Mondoñedo. A historia está narrada desde a vellez de Felipe relatando as visitas de estraños personaxes ao mago buscando solución dun problema de carácter máxico.
    • As crónicas do Sochantre (1956), está ambientada na Bretaña francesa e conta a historia do sochantre (sacerdote encargado de dirixir o coro que canta nos oficios relixiosos) que é requerido para tocar no enterro dun fidalgo.
    • Se o vello Sinbad vólvese ás illas (1961), conta a historia de Sinbad que, xa vello, decide facerse de novo ao mar para demostrar que as súas historias son certas, pero esta aventura lévao a recluírse no mundo dos soños.

    Nas tres hai unha mesma estrutura: unha técnica de relato dentro do relato, ou relatos sucesivos cun débil fío argumental. En todas elas se mestura o mundo real e lendario, o autor bota man do humor e ironía e narra ao xeito do relato oral. O espazo está fóra da realidade e o fantástico aparece como algo propio e cotiá.

  2. Trioloxía de relatos galegos: Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979). Estas obras empregan a técnica do relato contado e presentan personaxes do mundo imaxinario galego (meigas, ananos...) e do mundo rural ou vilego aínda que ás veces as súas aventuras sexan de natureza fantástica. Son semblanzas de personaxes reais ou imaxinarios, a través dos que amosa aspectos da psicoloxía do home galego e da mitoloxía popular.

Entradas relacionadas: