A Narrativa Galega no Século XX: Vangardas e Exilio

Enviado por VictorCasti y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,24 KB

A Narrativa na Época Nós

O século XX supuxo un período decisivo na consolidación da narrativa galega. Foi a primeira vez que apareceu un grupo de autores que escribiu novelas, contos e ensaios en galego desde unha perspectiva renovadora. Con eles superouse a narración de tipo folclórico e creouse unha prosa máis culta e cosmopolita, incorporando o didactismo e o humor irónico e retranqueiro. Crearon os órganos de difusión que permitían publicar tanto a súa propia obra narrativa coma a doutros autores.

Vicente Risco (1884-1963)

Naceu en Ourense, nunha familia burguesa liberal. Tivo unha ampla formación intelectual. Desde novo foi animador da vida cultural ourensá, con proxectos coma a revista La Centuña. En 1918 iniciou a súa etapa galeguista, e en 1920 dirixiu a revista Nós. Na década de 1920 elaborou unha sólida obra narrativa e converteuse nun dos teorizadores do nacionalismo galego. Con todo, a partir de 1930 a súa oposición ao marxismo iríao levando cara a posicións ideolóxicas moi conservadoras. Tras a Guerra Civil, abandonou o galeguismo e apoiou o franquismo.

Obra narrativa

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
  • O lobo de xente; a trabe do ouro e a trabe de alquitrán
  • O porco de pé

Obra ensaística

  • Teoría do nacionalismo galego (1920)
  • Nós, os inadaptados (1933)

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)

Naceu en Ourense, nunha familia fidalga con pazo en Trasalba. Doutor en Xeografía e Historia, dedicouse á docencia, primeiro como catedrático de Instituto e despois na Universidade. Colaborou con Castelao no Partido Galeguista e foi deputado durante a II República. Retirado nun exilio interior tras a Guerra Civil, nunca renunciou ás súas conviccións e ata a súa morte foi considerado un modelo de integridade galeguista. A súa sólida e ampla formación cultural, o coñecemento directo dos mundos campesiño e fidalgo e a súa vinculación co compromiso galeguista son os alicerces en que se basea o seu mundo literario.

Obra narrativa

Autor da obra máis extensa da literatura galega, que abrangue practicamente todos os xéneros: prosa, poesía e teatro. A súa produción convérteo no autor máis importante da prosa contemporánea, e é considerado o creador da moderna novela longa no noso idioma.

  • Os camiños da vida
  • Arredor de si
  • A romaría de Xelmírez
  • Devalar
  • Contos do camiño e da rúa
  • Entre a vendima e a castañeira

Obra ensaística

Completa síntese xeográfica, histórica e cultural do noso país.

  • Guía de Galicia
  • Ensaio histórico sobre a cultura galega

A cultura galega ten un carácter fondamente campesiño e defínese por tres períodos históricos de esplendor: o celta, o románico e o barroco. O carácter diferencial de Galicia.

Castelao (1886-1950)

Naceu en Rianxo no seo dunha familia marisqueira. De cativo, emigrou a Arxentina; de volta en Galicia, estudou Medicina en Compostela, pero abandonou a profesión para dedicarse á súa obra artística e ao seu labor político.

A partir de 1920 asumiu a dirección artística da revista Nós e comezou Un ollo de vidro. Durante a II República participou activamente na vida política e foi deputado nas Cortes polo Partido Galeguista. Defendeu a elaboración e a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia. Tras a Guerra Civil, viuse obrigado a exiliarse en América, pero sen renunciar á súa actividade cultural e política, a prol de Galicia e en contra do franquismo. Morreu en Buenos Aires.

Obra narrativa

Humanismo e o compromiso cos máis débiles; a crítica da marxinación económica de Galicia, o protagonismo social das clases populares.

  • Un ollo de vidro
  • Memorias dun esquelete
  • Cousas
  • Retríncos
  • Os dous de sempre

Obra ensaística

  • Sempre en Galiza. Galicia aparece definida con todas as características propias dunha nación.

Rafael Dieste (1899-1981)

Naceu en Rianxo en 1899. Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela, exerceu de xornalista en medios galeguistas e estivo vencellado ao Seminario de Estudos Galegos. Durante a Guerra Civil colaborou en actividades culturais antifascistas e en defensa do goberno legal republicano.

Obra narrativa

Son relatos breves que xiran arredor da morte, do misterio e do medo, ambientados nunha atmosfera máxica e irreal. Os contos teñen unha raíz popular, e moitos deles unha ambientación galega.

  • Dos arquivos do trasno
  • A fiestra valdeira

As Vangardas

As vangardas son un conxunto de movementos artísticos internacionais que xurdiron en Europa nun período convulso, abalado pola crise de valores provocada pola I Guerra Mundial e pola Revolución Rusa. Era esta unha etapa de importantes cambios sociais, tecnolóxicos… O obxectivo dos movementos de vangarda era superar a concepción clásica da arte como imitación da realidade, procurando novas formas de interpretar o mundo. Os seus principios xerais foron:

  • A liberdade creativa
  • A arte debe procurar a novidade e a orixinalidade, e posuír un sentido lúdico e transgresor.

A poesía de vangarda supuxo a desaparición de barreiras, tanto temáticas coma formais e semánticas. Pódese falar de tres tendencias diferentes:

  • O vangardismo creacionista de Manuel Antonio.
  • O imaxinismo ou hilozoísmo de Luís Amado Carballo.
  • O neotrobadorismo de Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.

Manuel Antonio Pérez Sánchez (1900-1930)

Naceu en Rianxo en 1900. Foi desde moi novo unha persoa comprometida e inconformista, vinculada co nacionalismo das Irmandades e do Grupo Nós. Con todo, sempre amosou un espírito independente. Fixo estudos náuticos en Vigo e, como mariñeiro, percorreu medio mundo. Enfermo de tuberculose, morreu en 1930.

  • De catro a catro
  • Máis alá!

Luís Amado Carballo (1901-1927)

Publicou en vida Proel (1927) e, de xeito póstumo, saíu O galo (1928).

A súa poesía non significa unha ruptura total coa tradición, xa que nela mestura elementos tradicionais con outros máis innovadores. A súa obra está influenciada pola corrente inglesa do imaxinismo.

O Neotrobadorismo

Consistiu nunha recreación libre dos temas amorosos e do estilo paralelístico das cantigas trobadorescas.

Álvaro Cunqueiro

  • Cantiga nova que se chama ñveiran
  • Dona do corpo delgado
  • Mar ao norde
  • Poemas do si e do non

Fermín Bouza Brey

  • Nao senlleira

Guerra Civil

Nada máis comezar a Guerra Civil, en 1936, Galicia quedou integrada no bando franquista. A Guerra Civil e a inmediata posguerra supuxeron unha ruptura con toda a tradición cultural vinculada co nacionalismo democrático. A actuación represiva da ditadura impediu toda actividade política contraria ao réxime, e paralizou tamén a evolución cultural e literaria da sociedade galega. Practicamente non se publicou nada en galego. A represión contra a cultura galega comezou co asasinato de persoas vinculadas co nacionalismo nos ámbitos cultural, político e xornalístico. Elimináronse todas as institucións e organismos que mantiñan viva a cultura.

A Cultura Galega no Exilio

Ante o medo a perderen a liberdade e a vida, os dirixentes nacionalistas e os intelectuais galeguistas víronse forzados ao exilio. A Galicia do exilio converteuse no centro neurálxico da oposición política ao franquismo. Dada a numerosa colonia galega, Buenos Aires converteuse na verdadeira capital política de Galicia durante máis dunha década. A influencia de Castelao deixou sentir en dúas direccións complementarias: no ámbito cultural e ideolóxico e nunha incesante actividade política.

A Literatura Galega no Exilio

En conxunto, as diversas comunidades galegas do exilio mantiveron viva a actividade cultural en lingua galega.

  • Galicia emigrante
  • Vieiros

Luís Seoane (1910-1979)

Destacou como artista gráfico, pintor, gravador, debuxante, editor de revistas e xornais... Mantivo sempre un compromiso cívico e social con Galicia, desde unha postura ideolóxica de esquerdas. Nos seus poemas denunciou as causas que provocaron a emigración galega e situou como protagonista colectivo o pobo na súa evolución histórica.

  • Fardel de eisilado
  • A soldadeira

Lorenzo Varela (1917-1978)

Naceu na Habana e, máis tarde, emigrou coa súa familia a Buenos Aires. Desde alí veu a Galicia e máis tarde tivo que exiliarse, e retornou para Buenos Aires. É alí onde entra en contacto co círculo de exiliados galegos, e colabora en moitas tarefas culturais.

  • Catro poemas pra catro gravados
  • Lonxe

Entradas relacionadas: