Narrativa Galega do Século XX: Fole, Cunqueiro e Blanco Amor
Enviado por Chuletator online y clasificado en Diseño e Ingeniería
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,48 KB
Os Pilares da Narrativa Galega do Século XX
Ánxel Fole: A Literatura Oral e o Courel
O máis salientable da obra de Ánxel Fole son os seus catro libros de contos, baseados na técnica da literatura oral. O de maior éxito editorial é o primeiro: Á lus do candil (1953).
- Os dous primeiros libros ambientáronse na década dos 40 nas terras do Courel.
- Os dous últimos son de ambientación urbana.
Temáticas principais da obra de Fole:
- O fantástico.
- O humorístico.
- O anecdótico.
- O detectivesco.
A súa prosa é áxil e enxebre, e reflicte a Galicia do Courel.
Álvaro Cunqueiro: Fusión de Realidade e Fantasía
Álvaro Cunqueiro foi un gran narrador, ademais de poeta e xornalista. Na súa obra hai unha fusión entre o real e o fantástico: os mundos imaxinarios son tratados con estratexias de verosimilitude, como a precisión de datos xeográficos, cronolóxicos, etc. A súa obra caracterízase tamén por un diálogo coa cultura e a literatura universal (mitos).
Estrutura da Narrativa de Cunqueiro
A súa narrativa consta de:
- 3 novelas.
- 3 libros de “semblanzas” de tipos populares galegos.
Se o vello Sinbad volvese ás illas é a máis lograda das súas novelas. Nela, a estrutura é máis complexa que nas anteriores: narra as memorias do vello mariñeiro Sinbad, un heroe na fin da súa vida, asediado polo fracaso e pola nostalxia do pasado.
Na triloxía das “semblanzas” maniféstase claramente o peculiar realismo cunqueiriano, citando unha serie de tipos insólitos, característicos do rural galego, dotados de capacidades sorprendentes.
Eduardo Blanco Amor: Ourense e Crítica Social
Eduardo Blanco Amor cultivou múltiples facetas, pero consagrouse como narrador. Na súa obra hai dúas constantes:
- Ourense, a súa cidade natal, que aparece na ficción como Auria.
- As lembranzas da súa infancia e mocidade.
A esmorga (1959) é unha novela novidosa en varios aspectos, como a presenza do mundo da xustiza e de personaxes do proletariado urbano. Estruturalmente, o relato reproduce a declaración de Cibrán e o narrador intervén soamente nas notas iniciais e no epílogo, usando unha técnica telefónica.
Os biosbardos (1962) é un libro de relatos protagonizados por nenos cunha visión escasamente idílica da infancia, con certos apuntes de crítica social.
A crítica social faise máis evidente en Xente ao lonxe (1972), a súa novela de máis complexa estrutura, na que se alternan diferentes voces e puntos de vista narrativos.
Xosé Neira Vilas: O Ciclo do Neno e a Emigración
Xosé Neira Vilas. A súa abondosa produción narrativa pódese clasificar segundo dous criterios principais:
- O protagonista sexa infantil ou adulto.
- A localización sexa en Galicia ou en América.
O chamado “o ciclo do neno” iniciao en 1961 co seu libro máis famoso, que segue sendo un best-seller, Memorias dun neno labrego.
Nas obras situadas en América trata a problemática da emigración. A súa última publicación é do 2012, Esperando o leiteiro.