Narrativa Galega do Século XX: Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Diseño e Ingeniería
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,26 KB
Ánxel Fole: O Mestre da Narrativa Rural
Obras Principais de Ánxel Fole
- A luz do candil: 14 relatos nos que uns fidalgos se xuntan unha noite no pazo dun deles e son sorprendidos por unha nevada. Para pasar o tempo, deciden irse contando contos os uns aos outros.
- Terra brava: Volume de contos ambientados na Galicia rural e montañesa.
- Contos da néboa e Historias que ninguén cre: Destacan por estaren ambientados no medio urbano.
Características da Súa Obra
- Reflicten a realidade galega, especialmente a dureza do mundo rural da montaña, e plasman todo un sistema de crenzas aínda vivas neses lugares nos anos 50.
- Utiliza os recursos propios da narración oral e popular para narrar.
- Naturalismo lingüístico, sen fuxir de dialectalismos e vulgarismos.
Eduardo Blanco Amor: A Narrativa Urbana e Social
A súa amizade con Lorca resultou decisiva para que este escribise os seus Seis poemas galegos.
Obras Narrativas Clave
- A esmorga: Narra unhas 24 horas de desenfreada esmorga de tres amigos de ámbitos marxinados.
- Os biosbardos: Volume de contos de aparencia autobiográfica, narrados en primeira persoa por un narrador infantil e ambientados no Ourense de principios do século XX.
- Xente ao lonxe: Novela longa que encerra varias historias. A de Suso, o neno protagonista e narrador, que vai relatando a súa infancia e evolución no seo dunha familia onde se dan contradicións ideolóxicas.
Álvaro Cunqueiro: Maxia, Humor e Intertextualidade
Narrativa Longa (Obras Enfiadas)
Formada por tres obras ás que non se lles poden chamar propiamente novelas, pois son obras compostas a base de enfiar contos dentro delas:
- Merlín e familia: Polo pazo do señor Merlín pasan xentes que buscan nel axuda para os seus problemas. Merlín escóitaos, actúa cos seus poderes sobrenaturais e soluciónalles os problemas.
- As crónicas do sochantre: Cinco defuntos que viaxan nunha carroza pola Bretaña francesa. A ela sobe un músico para tocar no funeral dun nobre e, para entreter a viaxe, as cinco almas en pena van contando como morreron.
- Se o vello Simbad volvese ás illas: O vello mariño Simbad está xubilado, cego e desvariado. No seu desvarío pretende embarcar e pilotar unha nave que está a punto de partir rumbo a lonxanos mares.
Narrativa Breve
Composta por tres volumes de relatos ou semblanzas humorísticas de personaxes galegos tirados dunha realidade que o propio Cunqueiro vía que esmorecía: o galego popular e rural:
- Escola de menciñeiros
- Xente de aquí e acolá
- Os outros feirantes
Características da Obra Cunqueiriana
- Mestura constante do real co fantástico.
- Influencia da narración oral no estilo.
- Presenza do humor no tratamento das situacións e do lirismo no tratamento dos personaxes.
- Intertextualidade: referencias a múltiples textos literarios e culturas de todo o mundo.
Xosé Neira Vilas: A Memoria da Aldea e a Emigración
Núcleos Temáticos da Súa Obra
Galicia Interior
- Memorias dun neno labrego: Vida nunha aldea galega de posguerra desde a perspectiva do seu protagonista, o neno Balbino. Nel reflíctense os problemas da pobreza, o atraso e o abuso dos poderosos, características dalgunhas zonas da Galicia rural da época.
- Outras obras: Cartas a Lelo, Aqueles anos de Moncho, Xente no rodicio.
Galicia da Emigración
- Historias de emigrantes e Relatos mariñeiros: Neles aparecen os problemas de adaptación dos emigrantes galegos nas terras americanas, a nostalxia, e o éxito ou fracaso.