Narrativa Galega: Prosa dos Séculos XX e XXI
A prosa galega de finais do século XX e comezos do século XXI. Moitos dos narradores iniciáronse como poetas e logo descubríronse como narradores co desenvolvemento da narrativa e con premios de relato ou novela, como o Blanco Amor.
Tendencias da narrativa galega actual
a) Narrativa de xénero
Importante esforzo editorial por introducir unha literatura de quiosco, como a novela policiaca e detectivesca: Crime en Compostela, de Carlos Regueira, e O crime da Rúa da Moeda Vella, de Román Raña. Éxito da novela negra: Seis cordas e un corazón, de Xelis de Toro; Un home que xaceu aquí e Unha noite con Carla, de Aníbal Malvar. Menor éxito do xénero erótico: Anel de mel, de Xulio Valcárcel. Menor tamén a ficción científica: Galou Z-28, de Lois Diéguez, e a novela de aventuras e terror.
Como reacción, comezou a desenvolverse unha literatura máis autóctona, dedicada á revisión da tradición galega e á construción de alternativas. Camiños:
Realismo sociolóxico
Morrer en Castrelo, de Fernández Ferreiro, evolucionou a un realismo alegórico-social en Fábula, de Xabier Alcalá.
Narrativa artúrica
Da tradición artúrica e cabaleiresca: Amor de Artur, de Ferrín; Galván en Saor, de Darío Xohán.
Novela histórica
Recupera aspectos da historia de Galicia mesturando real e ficticio, centrados especialmente no tema da Guerra Civil e a posguerra: Os mortos daquel verán, de Carlos Casares; Agosto do 36, de Fernández Ferreiro; O triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes.
Narrativa urbana e experimental
Transformación da sociedade galega, cada vez máis urbana, onde os novos narradores levan á novela as cidades e os costumes consumistas: Polaroid e Tic-Tac, de Suso de Toro.
b) Narrativa brava, temática urbana e ruralista
Choque cultural galego entre a sociedade tradicional e as modas da sociedade de consumo, con narrativa irónica de Xurxo Souto ou Manuel Rivas.
c) Narrativa intimista
O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas.
Novela feminista
Amantia, de M.ª Xosé Queizán.
Narradores
Xeración dos anos 70 e 80
- Méndez Ferrín (Ourense, 1938): Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras, Antón e inocentes (anos 70), Crónica de nós, Arnoia, Arnoia (anos 80).
- Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002): Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío, Deus sentado nun sillón azul.
Promoción dos anos 80
- Alfredo Conde: Xa vai Grifón no vento, Azul cobalto, María das Batallas.
- Xabier Alcalá: A nosa cinza, Fábula.
- Víctor Freixanes: O triángulo escrito na circunferencia, A cidade dos césares, O enxoval da noiva.
- Xosé Manuel Martínez: A fuxida.
Narradores dos anos 90 e inicios do século XXI
- Manuel Rivas (A Coruña, 1957): autor máis lido na actualidade, de estilo condensado e intensidade lírica. Obras: Un millón de vacas, Os comedores de patacas, Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal. Cultiva o ensaio en No mellor país do mundo.
- Suso de Toro (Santiago, 1956): colaboracións na prensa. Obras: Caixón desastre, A sombra cazadora, Calzados Lola, 13 badaladas, Sete palabras.
- Darío Xohán Cabana (1952): tradutor da Divina Comedia ao galego e cultivador de diversos xéneros. Obras: Galván en Saor, Morte de rei, Cerco de ferro.
- Gonzalo Navaza (Lalín, 1957): Erros e Tanatos.
- Xosé Miranda (Lugo, 1955): Morning Star, Tarxeta vermella.
- M.ª Xosé Queizán (Vigo, 1939): Amor de tango, O solpor da coupletista.
- Miguel Anxo Murado: Ruído, Soño da febre, Fin de século en Palestina.
- Marilar Aleixandre: Coitelo en novembro, A cabeza de Medusa.
- Marcos Calveiro: Rinocerontes e quimeras, O carteiro de Bagdad, Centauros da noite (Premio Raíña Lupa).
- Rosa Aneiros: Resistencia, As de bolboreta, Sol de inverno.
- Diego Ameixeiras: Dime algo sucio, Asasinato no comité.