Narrativa Galega Posguerra: Cunqueiro, Fole, Blanco Amor
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,44 KB
A prosa galega da posguerra
Correntes temáticas e tendencias
Galaxia e a narrativa inicial
En 1950 créase a editorial Galaxia, impulsando a narrativa e o ensaio.
As tendencias iniciais inclúen unha narrativa continuadora da liña do Grupo Nós:
- Otero Pedrayo
- Vicente Risco
- Castelao
- Rafael Dieste
Outras tendencias inclúen a narrativa fantástica (mundo idealista e perfecto) representada por Álvaro Cunqueiro e Daniel Cortezón.
Tamén a narrativa realista centrada na Galiza rural (costumes, crenzas, paisaxes), con autores como Ánxel Fole (Terra brava), Eliseo Alonso (Cantos do camiño) e Blanco Amor.
Autores representativos
Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero: A xente da Barreira (1951).
Foi a primeira novela en galego publicada despois da Guerra Civil.
Álvaro Cunqueiro
Biografía de Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo): Estudou na universidade, foi xornalista, poeta vangardista e colaborou co proxecto de Galaxia.
Características narrativas de Cunqueiro
Características narrativas:
- Mestura o real e o marabilloso.
- Personaxes: míticos (Simbad o mariño, o mago Merlín) e reais.
- Feitos: mestura de sucesos extraordinarios/fantásticos e reais.
- Uso de recursos da tradición oral popular.
- Tendencia á digresión: introducir outras historias dentro da historia principal (historias encaixadas).
- Apelacións ao oínte.
- Elementos realistas/próximos.
- Presenza do humor e da ironía (serve para humanizar os personaxes).
- Ton lírico e nostálxico (para facer os personaxes máis próximos).
Obra narrativa de Cunqueiro
Obra narrativa:
- Novelas longas:
- Merlín e familia: Merlín é o personaxe principal, situado en Galicia para facelo máis interesante. Hai varios criados, entre eles Felipe de Amancia.
- As crónicas do sochantre: Ambientada na Bretaña francesa. Trata dun músico que dirixía un coro. Méteno nunha carroza para tocar nun enterro. Cada un dos que vai con el cóntalle unha historia.
- Se o vello Simbad volvese ás illas: Trata do mítico mariño das Mil e unha noites. Está retirado pero fanlle unha oferta para volver ao mar e tenta reunir unha tripulación, pero non o consegue.
- Al-Faris ibn Tamquim al-Galizi: Álvaro fillo de Xaquín o Galego.
- Novelas curtas:
- Escola de menciñeiros: Retrato de personaxes especiais.
- Xente de aquí e de acolá: Retratos de personaxes pintorescos.
Ánxel Fole
Biografía de Fole
Ánxel Fole: Natural de Lugo, estudou Dereito en Valladolid, foi xornalista e residiu nas montañas de Lugo (Quiroga).
Características de Fole
Características:
- Historias encaixadas.
- Linguaxe coloquial.
- Narra a realidade concreta da Galicia rural.
Obra de Fole
Obra:
- Á lus do candil: Grupo de persoas quedan incomunicadas por unha nevada e contan historias ao carón do lume.
- A Terra brava: Uns personaxes reúnense na casa dun médico do Incio e falan de diferentes temas relacionados con Galicia.
- Cantos de néboa: Ambientada en escenarios urbanos ou vilegos. Temática: terror, medo.
Eduardo Blanco Amor
Biografía de Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor (1897): Naceu na rúa Lepanto, 1º piso (Ourense). Emigrou a Bos Aires, foi xornalista. Regresou nos anos 60 e morreu en Vigo en 1975.
Características de Blanco Amor
Características:
- Ambientadas en espazos urbanos.
- Incorporou técnicas narrativas innovadoras.
Obras de Blanco Amor
Obras:
- A esmorga: Conta os sucesos de 3 mozos involucrados (Cibrán o Castizo, Xan o Bocas e Eladio o Milhomes). O relato constitúe a declaración xudicial dun deles.
- Os biosbardos: Relatos protagonizados por mozos e adolescentes.
- Xente ao lonxe (novela longa): Mostra a vida dos obreiros de Ourense.