Narrativa Galega entre 1954 e 1969: Ruptura e Innovación

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB

Autores NNG Publican entre 1954 e 1969

As súas obras marcan unha ruptura e innovación na narrativa en galego. Foron influídas por varios factores sociolóxicos e socioliterarios:

Sociolóxicos:

  • Os autores eran novos e de clase media-baixa, con formación universitaria.
  • Viaxaron fóra do Estado español e alí aprenderon sobre os estilos literarios de outros países. Principais destinos: Francia e Inglaterra.

Socioliterarios:

  • A maioría estréase na colección Illa Nova da editorial Galaxia, e colabora no suplemento literario La Noche.
  • Foron gañando popularidade cando coincidiron nos certames das Festas Minervais de 1953.
  • Referentes: principalmente autores de Europa Occidental ou Norteamérica, como James Joyce, Kafka, William Faulkner, Proust, Camus, e correntes literarias como o Nouveau Roman francés, a literatura (ou xeración) beat estadounidense e o existencialismo.

Características:

  • Persoaxes anónimos, desequilibrados e marxináis.
  • Obxectalismo e cousificación dos individuos: amosa unha crítica ao capitalismo e como este aliena aos traballadores, facendo deles pouco máis que máquinas.
  • Ausencia da liña temporal, ou ben unha ralentización desta.
  • Ruptura formas tradicionais narración: introducción do multiperspectivismo, aparición da técnica do ollo cinematográfico (na cal a voz narradora actua como cámara), e do monólogo interior, que reproduce os pensamentos tal e como os forma o personaxe.
  • Espazos inquietantes e angustiosos, fuxindo da localización concreta.
  • Introducen temas como entomoloxía ou mundo dos bichos, a sexualidade animalizada e instinctiva, pesimismo existencial e violencia.

Autores e Obras

  • Xohán Casal: 1 dos precursores do movemento cos relatos O Camiño de Abaixo, mostra visión do mundo pesimista e desencantada.
  • Gonzalo Rodríguez: autor de Nasce unha Árbore, que os críticos consideran a obra fundacional do movemento.
  • Camilo González Suárez-Llanos "Camilo Gonsar": autor do libro de relatos Como Calquer Outro Día.
  • X.L. Méndez Ferrín: un dos autores máis relevantes da NNG.
  • Mª Xosé Queizán: escritora pioneira pensamento feminista galego.
  • Xohana Torres: poeta, dramaturga e narradora, gañadora do Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires coa obra Adiós, María.
  • Carlos Casares: os críticos debaten se pode ser incluído na NNG.
  • Xosé Neira Vilas: malia ser da mesma época que os autores/as da NNG, Neira Vilas desenvolve a súa obra á marxe desta corrente.

Entradas relacionadas: