Narrativa Galega Contemporánea: Tendencias e Autores Clave
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,21 KB
A Prosa de Fins do XX e Comezos do XXI
O período que abarca as dúas últimas décadas do século XX e se estende xa no século XXI, é para Galicia e para España o máis duradeiro e estable de toda a súa historia dentro dun marco formalmente democrático. O mundo cultural galego viviu un momento dinámico motivado pola repercusión de certas libertades cidadás e pola creación do novo marco administrativo autonómico. Coa chegada da democracia, a produción narrativa en galego sofre un significativo incremento que vén determinado por:
- A introdución da lingua galega ao ensino.
- A aparición de novas editoriais.
- A proliferación de premios literarios.
- A profesionalización dos escritores galegos.
A nosa narrativa sufrirá importantes cambios, tanto nos temas tratados como nas técnicas narrativas empregadas, e que podemos resumir do seguinte xeito:
- O punto de vista: desaparece o narrador omnisciente.
- Os personaxes: deixan de ser heroes.
- O tempo: hai rupturas na presentación cronolóxica dos feitos.
- A intriga: ás veces desaparece o argumento da obra ou preséntanse varias historias combinadas entre si.
- Forma: con frecuencia suprímense os capítulos e é frecuente a intertextualidade.
As Tendencias
Na literatura de quiosco explóranse novas modalidades narrativas como o relato erótico, a ficción científica, a novela do oeste e o xénero policial. A narrativa infantil e xuvenil aumenta grazas á implantación do galego no ensino, aquí destacan autores como Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, etc. A literatura autóctona relaciónase coa tradición galega e entre a que destaca a novela histórica (Morte de rei, de Darío Xohán Cabana), novela de aventuras, a novela experimental, a novela feminina, a novela artúrica, a novela intimista, a novela de misterio e a novela humorística.
Os Magníficos Narradores
A lista dos magníficos narradores do último tempo é interminable e para situarnos imos separalos en grupos atendendo á súa data de nacemento e ao inicio da produción das súas obras:
Autores de Longa Duración
Empezan coa súa andaina con obras dentro da nova narrativa galega, estes afírmanse como grandes mestres nas décadas dos 80-90 e os máis significativos son Ferrín e Casares.
Ferrín
As características da súa narrativa:
- Temas relacionados coa violencia e a morte.
- Inconstancia entre o real e o ficticio.
- Hai moitos espazos pechados.
- Desenlaces sorprendentes.
- Preocupación polos problemas de Galicia.
Principais obras: Retorno a Tagen Ata, extenso relato ao longo do cal se dá un enfrontamento entre dúas posturas dentro dunha nación sometida polo opresor; Amor de Artur, libro de relatos de temática artúrica; Bretaña, Esmeraldina, longa carta que un revolucionario bretón escribe á súa amada Esmeraldina.
Carlos Casares
- Temas: conflitos sociais e o estado da alma humana orixinado pola mentira e a calumnia.
- Moitos personaxes do clero.
- Accións en espazos urbanos.
Obras: Ilustrísima, conta as vivencias dun bispo que ten que loitar contra a intransixencia da Igrexa pola instalación do primeiro cinematógrafo nunha pequena cidade galega a comezos do século XX; Deus sentado nun sillón azul, novela na que unha muller conta a vida dun intelectual galeguista que durante a posguerra enxalza o réxime franquista.
Primeira Promoción
Escritores nados nas décadas 30-40 que comezan a publicar nos 70.
Xavier Alcalá
Exerce o relato curto, a novela e a crónica de viaxes. Entre a súa extensa obra podemos sinalar A nosa cinza onde se conta a vida na nenez e mocidade dunha xeración. Outros autores desta xeración son Alfredo Conde, Paco Martín.
Segunda Promoción
Escritores nados nas décadas 40-50 que comezan a publicar nos 80.
Víctor Freixanes
Destaca a obra O triángulo inscrito na circunferencia, unha das propostas máis complexas da novela galega do século XX.
Suso de Toro
As súas primeiras obras narrativas sitúanse nunha liña posmoderna. Son novelas como Polaroid, Land-Rover, novela na que presenta o interesante mundo dun arrabaldo, Ambulancia ou Tic-Tac. Nos 90 a súa obra segue unha liña máis clásica con obras como A sombra cazadora, Conta saldada.
Manuel Rivas
O noso máis internacional escritor, con relatos como Un millón de vacas, As chamadas perdidas, etc. e novelas como Os comedores de patacas.
Terceira Promoción
Escritores nados nas décadas dos 50-60 que comezan a publicar nos 90. Destacamos entre unha longa lista a Manuel Forcadela, Xavier Queipo...
Autores do Novo Milenio
Abarca os nosos narradores máis novos, ben pola idade ou por ter acadado o éxito narrativo nestes últimos anos. Destacamos autores como Teresa Moure, Ameixeiras ou Domingo Villar coas moi coñecidas novelas policíacas protagonizadas polo inspector Leo Caldas (A praia dos afogados).