A Narrativa Galega dos Anos 60 e a Nova Narrativa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,46 KB

A Narrativa Galega dos Anos 60

Nesta década prodúcese un notable desenvolvemento da narrativa grazas a tres grupos diferenciados de autores:

  • Escritores xa consolidados na década anterior: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
  • Escritores de temática realista (Galicia e a emigración): Xosé Neira Vilas.
  • Escritores mozos que renovan a narrativa: a Nova Narrativa Galega (NNG).

Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1929-2015)

Nado nunha familia labrega, a súa infancia e adolescencia transcorreron no mundo rural. En 1949 emigra a Arxentina, onde participa en centros da colectividade emigrante galega. Alí fundou as Mocidades Galeguistas e a editorial Follas Novas (xunto á súa muller, Anisia Miranda). En 1961 trasládase a Cuba, onde traballa na administración, estuda Filosofía e Letras e mantén unha intensa actividade no mundo cultural. En 1992 volve a Galicia e morre na súa aldea natal.

A súa narrativa

Clasificación:

  • Segundo o espazo: Galicia ou América.
  • Segundo os protagonistas: infantís ou adultos.

Temas:

  • Galicia rural: miseria, opresión, prexuízos e o poder político e relixioso.
  • Galicia emigrante: problemas de adaptación ao mundo urbano.

Destaca Memorias dun neno labrego, que recolle as inquedanzas dun rapaz nunha aldea do interior de Galicia. Foi o primeiro autor de literatura infantil galega con obras como Espantallo amigo.

Investigacións

Analizou a contribución dos emigrantes galegos en América, como en Castelao en Cuba.

A Nova Narrativa Galega (1954-1971)

Xorde entre finais dos anos 50 e os 60, introducindo novas técnicas e temáticas a través de escritores novos inspirados en narradores americanos e europeos. As súas características principais son:

  • Personaxes anónimos sumidos en estados patolóxicos.
  • Exploración do mundo do subconsciente (influencia da psicanálise de Freud).
  • Ambientes urbanos claustrófobos e sórdidos.
  • Ruptura da linearidade temporal do argumento.
  • Uso de varios narradores para un mesmo relato.
  • Emprego do monólogo interior para expresar os pensamentos.
  • Técnica do ollo cinematográfico (o narrador actúa como unha cámara).

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

Estudou en Santiago e Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. Foi fundador da UPG en 1965 xunto a Celso Emilio Ferreiro. Mantivo unha intensa actividade política na creación de partidos nacionalistas como Galicia Ceibe ou a Fronte Popular Galega.

Narrativa

  • Primeiras obras (Nova Narrativa Galega): Protagonistas antiheroes, ambientes sórdidos e influencia da literatura europea e americana. Destacan Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961) e Arrabaldo do norte (1964).
  • Anos 60 (Temática política): Centrada na violencia, a represión do Estado e a clandestinidade. Obra clave: Retorno a Tagen Ata (1971).
  • Desde 1980: Fantasía e recreacións míticas da Materia de Bretaña combinadas co compromiso político. Obras: Amor de Artur (1982), Arnoia, Arnoia (1985) e Bretaña Esmeraldina (1987).

Teatro e Ensaio

No teatro destaca Celtas sen filtro (1983). Realizou estudos sobre a nosa poesía medieval (Cancioneiro de Pero Meogo, 1966) e ensaios sobre a poesía galega de posguerra (De Pondal a Novoneyra, 1984).

Carlos Casares (Ourense, 1941 - Vigo, 2002)

En Ourense tivo unha intensa relación co grupo de Vicente Risco. Trasládase a Santiago e licénciase en Filosofía e Letras nun ambiente galeguista. Militou no Partido Socialista e foi deputado no Parlamento Galego. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega.

Narrativa

  • Primeiras obras (NNG): De carácter autobiográfico, sitúanse en distintas etapas da súa vida. Destaca Vento ferido (1967).
  • Resto da obra: Ambientada nun pasado histórico con narracións lúdicas entre os séculos X e XX (Os escuros soños de Clío, 1979) ou a chegada do cine a unha cidade galega a comezos do XX (Ilustrísima, 1980).

Tamén escribiu importantes obras de literatura infantil.

María Xosé Queizán (Vigo, 1939)

Autora de novela, conto, ensaio, teatro e poesía. Destaca pola súa implicación no movemento feminista, presente en moitos dos seus libros. Creou a revista Festa da Palabra Silenciada para sacar da escuridade a escritura feminina.

  • Narrativa: Amor de tango, O solpor, Amantia...
  • Teatro: Antígona ou a forza do sangue, Non convén chorar máis...
  • Poesía: Metáfora da metáfora, Despertar das amantes, Fóra de min...
  • Ensaio: A muller en Galicia, Evidencias...
  • Cine: Prisciliano.

Entradas relacionadas: