A Narración: Estrutura, Tipos e Técnicas Narrativas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Español

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,9 KB

A Narración

A narración é un tipo de texto no que se contan feitos reais ou ficticios que lles suceden a uns personaxes nun tempo e un espazo determinados.

Estrutura da Narración

Estrutura Externa

A estrutura externa da narración é a forma en que se distribúe o texto, é dicir, as diversas partes que o integran. Organiza o texto en apartados formais que, segundo o tipo de relatos, se denominan: parágrafos, capítulos, partes, tratados, libros, actos e escenas, titular e corpo.

Estrutura Interna

A estrutura interna refírese ao contido e depende da orde cronolóxica en que ocorren os sucesos e do punto de vista narrativo. Nos contidos da narración, adoita distinguirse tres partes:

  • Plantexamento: Onde se presentan os personaxes e a situación inicial.
  • Nó: Prodúcese un conflito que transforma a situación inicial e produce cambios na situación dos personaxes.
  • Desenlace: Resólvese o conflito ou os conflitos e dáse paso a unha nova situación estable.
Tipos de Estrutura Narrativa
  • Lineal: Segue a orde cronolóxica dos feitos.
  • In media res: O relato comeza no medio da narración.
  • En retrospección: O narrador, desde o presente, volve ao pasado. Menos frecuente é a anticipación, na que o narrador fai anticipacións do que sucederá no futuro.
  • Contrapunto: Altérnanse distintas secuencias narrativas; hai varias historias que se entrecruzan ao longo da narración, sendo frecuente no cine.

O Narrador e o Punto de Vista

O narrador é a persoa que conta os feitos: é un suxeito que pertence ao texto, un elemento creado polo autor, con quen non debe confundirse. O punto de vista narrativo é a perspectiva desde a que se conta a historia. É o narrador quen organiza, explica e cede a súa voz aos personaxes cando o cre conveniente.

Tipos de Punto de Vista

Punto de Vista Externo (Terceira persoa)
  • Narrador omnisciente: Sabe todo sobre os personaxes.
  • Observador externo: Só conta o que pode observar; o narrador mostra, non explica.
Punto de Vista Interno (Primeira persoa)
  • Narrador protagonista: O protagonista dos feitos é, ao mesmo tempo, quen os conta.
  • Narrador personaxe secundario: É un testemuño que conta os feitos aos que asistiu.
  • Punto de vista móbil: Distintos personaxes van alternándose para contar a historia.

Espazo e Tempo

O espazo é o marco físico no que se desenvolve a acción. O tempo da narración refírese a dous conceptos:

  • Tempo externo: Época ou momento en que se sitúa a historia.
  • Tempo interno: Período temporal que transcorre na narración.

Os Personaxes

Os personaxes son o elemento fundamental da narración; funcionan como o fío condutor do relato, pois son os axentes dos feitos.

  • Protagonista: É o centro da narración e pode ser un individuo, varios ou unha colectividade. Son personaxes redondos porque evolucionan ao longo da narración.
  • Antagonista: Contrario ao protagonista.
  • Secundario: Ten menor presenza no relato e acompaña ao protagonista. Poden ser personaxes planos, que non evolucionan.

O Diálogo e o Monólogo

No diálogo narrativo, o autor preséntanos directamente as palabras dos personaxes, combinando o diálogo (e tamén o monólogo) co discurso narrativo.

  • Estilo directo: Reprduce as palabras que din os personaxes.
  • Estilo indirecto: O narrador relata as palabras dos personaxes en terceira persoa; cóntanos o que dixeron.
  • Estilo indirecto libre: Combina os dous anteriores. O narrador en terceira persoa reproduce as palabras dos personaxes como no estilo indirecto, pero sen verbos de dicción.
  • Monólogo: Un personaxe fala consigo mesmo ou se dirixe a alguén sen esperar resposta.
  • Monólogo interior ou "fluír de consciencia": Reprodúcense os pensamentos e sentimentos máis ocultos do personaxe.

A Descrición

A descrición mostra con palabras unha realidade concreta ou abstracta, informa sobre como son as cousas. Na descrición predomina a función referencial da linguaxe.

Formas Lingüísticas da Descrición

  • Marcadores espaciais: Permiten expoñer os elementos en forma lineal. Perspectiva frontal (arriba, abaixo…). Perspectiva horizontal (esquerda, dereita…). Distancia (máis adiante, preto).
  • Enumeración: Pode ser rápida, sen nexos (asíndeton), ou con moitos nexos (polisíndeton). Tamén hai descricións caóticas nas que os elementos se enumeran sen orde nin conectores para expresar confusión.
  • Adxectivos: Expresan as cualidades ou indican a situación espacial ou temporal. Utilízanse figuras retóricas como a comparación, a metáfora ou a personificación para evitar repeticións e conseguir maior expresividade e orixinalidade.
  • Tempo verbal: Adoitan usarse o presente e o pretérito imperfecto de indicativo. Tamén se atopan verbos copulativos e os que non denotan acción.

Tipos de Descrición

  • Segundo o seu obxectivo: Técnica (fin práctico) ou literaria.
  • Segundo o tema: Prosopografía (descrición física), etopeya (psicoloxía), retrato (ambas as dúas) e caricatura (intención crítica ou humorística).
  • Segundo reflictan ou non movemento: Estática (non hai actividade) e dinámica (hai certo movemento).

Entradas relacionadas: