Nacionalismos y Regionalismos en España: Siglo XIX y XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,69 KB

Nacionalismo Español

Nacido de la mano de las Cortes de Cádiz y la revolución liberal española, sufrió una escisión entre nacionalismo conservador y liberal-democrático.

Nacionalismo Conservador

Defendido por los moderados (Cánovas), consideraba que la nación española era una entidad colectiva, superior a la voluntad de los individuos, fruto de la historia y destinada a formar una unidad política inseparable. En esta unidad, jugaron un papel importante los visigodos, la Reconquista, los Reyes Católicos y Castilla (concepción orgánico-historicista). Los elementos de identificación son: la Corona, el catolicismo, una península ibérica bien delimitada geográficamente y la unidad de la patria, incompatible con particularismos locales y regionales.

Nacionalismo Español Liberal-Democrático

, defendido por demócratas e republicanos (Pi i Margall, Ortega e Gasset, Azaña) considera que a nación española é unha construción política froito da vontade dos individuos (concepción voluntarista e política). Os seus símbolo son: a participación democrática do pobo e a defensa dos dereitos e liberdades, laicismo (republicanos). Compatibilidade entre a unidade da patria e os particularismos locais (descentralización administrativa ou autonomía política).

REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS.
A partir da segunda metade do século XIX, xurdiron unha serie de manifestacións culturais e políticas na periferia da península que evolucionaron na defensa da existencia de nacións propias diferenciadas da española.
Na orixe destes movementos está:
• A diversidade cultural e lingüística (catalán, galego, vasco)
• A imposición do Estado liberal centralizador e unitario.
• O desigual desenvolvemento capitalista no que os territorios más desenvolvidos (Cataluña, País Vasco, Asturias) non coinciden coa localización dos centros de decisións política.
• O débil sentimento nacional español.
• O descontento pola marcha xeral do país.
Todos estes movementos defenden unha nova organización do Estado español, compatible co autogoberno ou mesmo da independencia (caso vasco).
O proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional propia pasou por diversas
fases:
a) O rexionalismo. Termo empregado, a partir da década de 1880, para cualificar
aqueles movementos políticos e culturais que reivindican descentralización
administrativa e autogoberno fronte ao Estado unitario.
b) O nacionalismo: movemento en defensa da consideración da comunidade propia
como unha nación diferenciada con dereito a dispoñer de soberanía política e de
Goberno propio.; aparece así a finais do século XIX e comezos do XX, a idea da
existencia da nación catalá, vasca e galega e a creación de partidos nacionalistas que
defenden estes dereitos. Nuns casos defendían o dereito a ser considerados como
Nación, dentro do estado español, sen cuestionar a unidade de España; pero outros
eran partidarios de formar un Estado propio e independente do español.


A) O catalanismo
O catalanismo defínese como un movemento de defensa dos intereses cataláns en todos os campos, desde o político ao cultural. Foise configurando desde as décadas centrais do século XIX, e adquiriu plena vertebración nas décadas finais dese século e as iniciais do XX. As manifestacións do catalanismo foron múltiples. O catalanismo político presenta unha ampla variedade:
• Ideolóxica, desde o tradicionalismo conservador ao federalismo republicano.
• Socias, unhas vinculadas aos grupos burgueses e outras ao proletariado urbano e
campesiños.
• Estratéxica, desde a colaboración e participación no goberno do Estado español á
idea da creación dun Estado propio e independente, así como a defensa do
autogoberno e do federalismo.

O rexionalismo catalán.
As primeiras manifestacións políticas do catalanismo tiveron lugar na década de 1880 e foron de carácter rexionalista. Dividíronse en dúas tendencias:
• A tendencia progresista, liderada polo federalista Valentí Almirall, iniciando a reivindicación política vinculada á idea de modernización e transformación do país. Impulsou un Memorial de agravios ao rei Alfonso XII. Tratábase dunha crítica da política do goberno acompañada de propostas para modificar a estrutura centralizada do Estado para dar cabida a unha organización rexional de España. Pero o goberno rexeitounas.
• A tendencia conservadora. Foi a que tivo mais influencia na vida política española. En 1887 fundouse a Lliga de Cataluña (Prat de la Riba, Cambó...). Pola súa iniciativa creouse en 1891 Unión Catalanista que en 1892, na súa primeira asemblea, aprobou un proxecto autonomista de carácter conservador, coñecido como as Bases de Manresa.

B) O nacionalismo vasco
A Constitución de 1812 eliminou os privilexios forais existentes, provocando un forte sentimento de oposición entre os vascos e navarros que se mantivo, salvo nalgún período (volta do absolutismo con Fernando VII, lei de 1841 que permitía aos navarros manter a súa autonomía fiscal e administrativa, os gobernos moderados restableceron parcialmente os foros vascos) e incrementouse cando coa derrota definitiva dos carlistas en 1876, o goberno de Cánovas suprimiu definitivamente os foros vascos, pero ante as protestas, fixo un concerto económico que lles permitía recadar rendas e impostos. En 1895, Sabino Arana funda o Partido Nacionalista Vasco. A partir de 1898, os nacionalistas vascos presentáronse ás eleccións xerais do Estado, logrando os primeiros éxitos. Tras a morte de Arana en 1903, o PNV completou a súa organización (constitución do Euzkadi Buro
Batzar) e precisou os seus estatutos en 1906. Paulatinamente, no seu seo apareceron dúas tendencias diferenciadas: unha de radicais independentistas e outra de autonomistas moderados.

C) O galeguismo
A partir de mediados do século XIX, xurdiu en Galicia unha progresiva toma de conciencia das súas particularidades unida a defensa dos seus intereses económicos e políticos. O galeguismo foi un movemento heteroxéneo cunha implantación social escasa. Durante o século XIX estivo limitado a determinados círculos intelectuais minoritarios; as masas populares non participaron de forma activa nas reivindicacións galeguistas ata ben entrado o século XX. Na evolución do galeguismo diferéncianse 3 fases: • Provincialismo (1840-1885). • Rexionalismo (1885-1916). -• Nacionalismo (1916-1936).

Entradas relacionadas: