A Música na Antigüidade: Unha Viaxe Sonora desde a Prehistoria ata Roma

Enviado por Chuletator online y clasificado en Griego

Escrito el en español con un tamaño de 5,93 KB

Os Sons Primixenios: Da Prehistoria á Mesopotamia

A Música na Prehistoria

  • ¿Cal debeu ser o primeiro instrumento da historia? A voz.

  • Os neandertais seguramente tiñan linguaxe. ¿Como se cre que sería esa linguaxe? Estaría baseada nas variacións de tono, ritmo e timbre.

  • ¿Para que utilizarían a linguaxe os neandertais? Para expresar emocións e fomentar o sentimento de grupo.

  • ¿Cal é o único instrumento de percusión neandertal que conservamos? Un círneo de mamut.

  • ¿De que material está feita a frauta de Divje Babe, a máis antiga que se coñece? Do fémur dunha cría de oso das cavernas.

  • ¿Como se chama o instrumento primitivo que consiste en atar un anaco de madeira a unha corda e facelo xirar no aire? Bramadeira.

A Música na Mesopotamia

  • ¿Que significa a palabra Mesopotamia? Terra entre ríos.

  • ¿De que material está feita a lira de Ur? De prata.

  • ¿Que nome lle deron os sumerios a este instrumento? Ud.

  • ¿A que pobo da antigüidade se atribúe a invención da gaita? Á cultura hitita.

  • ¿Cal é a canción máis antiga que se conserva? O Himno de Ugarit.

  • ¿Como se chama o tipo de alfabeto no que está escrito o Himno de Ugarit? Alfabeto cuneiforme (en forma de cuña).

  • ¿Quen foi Ugarit? Unha cidade moi rica na costa da actual Siria.

  • ¿Que tipo de notación musical ten o Himno de Ugarit? As instrucións para tocar a melodía nun instrumento de corda.

A Música na Grecia Antiga

Instrumentos e Teoría Musical

  • ¿Que nome recibía este instrumento na Grecia antiga? Aulós.

  • ¿Como chamaban os gregos a este instrumento proveniente do Ud mesopotámico? Pandouris.

  • De todas estas afirmacións, marca catro que teñen relación co Aulós:

    • Aprendeu a tocalo Dafne, o creador da poesía pastoril.
    • Chámase Syrinx ou Siringa.
    • Asóciase ao deus Pan.
    • Era empregado nas festividades do Olimpo.
  • De todas estas afirmacións, marca catro que teñen relación co Hydraulis:

    • Foi o primeiro instrumento da historia en ser accionado mediante un teclado.
    • Chámase hydraulis.
    • Foi inventado no ano 300 a.C.
    • O aire para facer soar os tubos era empuxado mediante a forza da auga sobre un fol.
  • ¿Quen deixou por escrito as primeiras escalas musicais? Os pitagóricos: matemáticos inspirados pola figura de Pitágoras.

  • ¿Onde está escrita a canción do epitafio de Seikilos? Nunha columna que era a lápida dunha tumba.

  • ¿Como escribían os gregos as notas musicais? Con letras.

Filosofía e Teatro Musical

  • Das seguintes afirmacións, marca catro que teñen que ver co pensamento de Platón sobre a música:

    • A música ten o poder de influír no comportamento das persoas.
    • A música debería ser o ensino fundamental para unha sociedade pacífica e ordenada.
    • As persoas non escoitamos a música das esferas porque xa nacemos dentro dela e a percibimos como silencio.
    • Os planetas ao xiraren arredor da Terra emiten cada un unha nota musical que proporciona harmonía á natureza.
  • De entre estas afirmacións acerca da orixe do teatro, marca catro que son correctas:

    • O rei de Atenas encargou a Tespis que crease o teatro para entreter a xente que acudía ás festas de Dioniso.
    • O teatro grego era totalmente cantado.
    • As festas dionisíacas son a orixe das festas de Nadal e do Entroido.
    • A orixe do teatro está nas festas adicadas ao deus Dioniso.

A Música no Imperio Romano

Instrumentos e Espectáculo

  • ¿Cal foi a principal achega do Imperio Romano aos instrumentos musicais? A fabricación de instrumentos de vento metal.

  • ¿Como se chamaban as competicións romanas nas que os músicos cantaban e tocaban a cítara? Citarodias.

  • ¿Que papel tiña a música no teatro romano? Perdeu o papel protagonista e pasou a entreter ao público nos entreactos.

  • ¿Como se chama este instrumento romano que se tocaba nos entreactos do teatro? Tibia.

  • ¿A que tipo de artistas fai referencia este mosaico romano? Ioculatores.

  • De entre todas estas afirmacións, marca catro que teñan que ver cos ioculatores:

    • Representaban historias.
    • Facían acrobacias e malabares.
    • Podían ser homes e mulleres e bailaban na rúa.
  • ¿Que termo deriva de "ioculator" e designa aos artistas de rúa que perduraron ata inicios do século XX? Xograr.

  • ¿Cal é considerada a "mima" máis importante de todo o Imperio Romano? A emperatriz Teodora de Constantinopla.

Entradas relacionadas: