Movimientos artísticos del siglo XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 46,59 KB

CUBISMO

Os antecedentes deste estilo hai que buscalos no puntillismo e na obra de Cézanne. Considérase que o cubismo comeza en 1907 coa obra de Picasso “As señoritas de Avignon”. Juan Gris e Braque foron outras dúas figuras importantes ata que no 1914, a guerra, disgrega ao grupo cubista. Adoita atribuírse a Matisse o nome de cubismo porque chamou “caprichos cúbicos” ás formas que aparecían nos primeiros cadros que se expuxeron.

Principais características

  • É unha arte intelectual no que as cousas realmente non son como ven.
  • É anti-realista.
  • O volume é plano, puro e xeométrico.
  • Abandona a perspectiva tradicional, porque segundo o cubismo, non é a única.
  • As formas xeométricas obsérvanse desde diversos puntos de vista, de fronte e de perfil.
  • Tamén se utilizan transparencias porque outra forma de ver os obxectos é desde o interior. Por tanto non hai un punto de vista único e eles combínanos todos.
  • Os ángulos desde os que se observa o obxecto multiplícanse para obter así a cuarta dimensión ou suma de todas as perspectivas. Para conseguir os diversos puntos de vista cáptase a realidade en momentos diversos, é dicir a través do tempo. A cuarta dimensión(suma de todas as perspectivas) é o tempo.
  • O tema carece de importancia, adoitan ser obxectos de taller, bodegóns, naturezas mortas... Non son pinturas ao aire libre.
  • A luz desaparece destes cadros.
  • Tampouco lles interesa a cor, utilizan unha gama cromática neutra, grises, brancos, verdes claros, mesmo tenderán a realizar obras monocromas.

Fases do cubismo

  • Cubismo Analítico (1908-1911) Trátase dunha análise do obxecto que se descompón en tantos planos como puntos de vista. A súa aparencia poliédrica aseméllalle a un quebracabezas.
  • Cubismo Sintético (1912-1914) Os obxectos fanse máis lexibles, mantéñense máis enteiros e os seus planos encaixan como nun crebacabezas. Aumenta o colorido e engádense á composición anacos de xornais, letras, collages...

PICASSO

Análise e comentario de “As señoritas de Aviñón” 1907 Estilo: pintura cubista ou Cubismo. Localización: Museo de Arte Moderna de Nova York, MOMA. Contexto histórico-artístico da obra A renovación que provocaron na pintura a finais do XIX o Impresionismo, o Postimpresionismo e o Simbolismo (tanto na iconografía, como na composición, o cromatismo ou a técnica), foi o caldo de cultivo no que xurdíu a ampla variedade de tendencias ou “ismos” das novas vangardas do século XX. O cubismo comezou en París en 1907 coa obra presente obra a comentar, As señoritas de Avignon de Picasso, lenzo que rachou cos valores artísticos tradicionais, e supuxo o nacemento dunha linguaxe innovadora e radical de enorme influencia en toda a arte do século XX. O Cubismo entende o cadro como unha superficie bidimensional, e rompe así coa idea clásica de perspectiva. As figuras esquematízanse e as formas xeometrízanse. O punto de vista único abandónase e se iuxtapóñense as diversas imaxes que amosan a realidade cando a miramos desde distintos ángulos, e que se descompoñen en varios planos xeométricos. O Cubismo tería dúas etapas: a chamada «Cubismo Analítico» (1908-1912, onde os obxectos redúcense a formas xeométricas fragmentadas en planos, e o colorido é apagado, de tonos verdes, grises e ocres, sendo os temas máis usuais son naturezas mortas, paisaxes e retratos), e o «Cubismo Sintético» (1912-1920), onde xurde da técnica do collage realizada por Picasso en 1912, con temas como guitarras, violíns, naturezas mortas, retratos ou bañistas.

Os artistas máis representativos do Cubismo

Pablo Picasso, Georges Braque e Juan Gris Pablo Ruíz Picasso (1881-1973) foi un artista malagueño que emprendeu unha revolución visual e conceptual que abarcou a pintura, a escultura, a cerámica e o gravado. Dotado dun talento especial para o debuxo e dunha capacidade de traballo infatigable, os seus inicios e formación académica transcurriron entre Málaga, A Coruña, Madrid e, en especial, Barcelona, cidade que deixou para instalarse en París en 1900. En París iniciouse a súa etapa azul (1901-1904), chámase así pola cor predominante nestas obras. Trátase de cadros de gran intensidade emotiva e tristeza, que tratan sobre cegos, mendigos, nenos que sofren a soidade e outros personaxes desamparados. Estes temas están descritos amplamente en cadros como “As dúas irmás” (1902), “Pobres na beira do mar” (1903), “O vello guitarrista cego” (1903), “O asceta” (1903), “A Celestina” (1904) e “A vida”, consideradas todas elas como as primeiras obras mestras de Pablo Picasso. Posteriormente, Picasso entraría na chamada etapa rosa e a partires de 1906 racharía co seu estilo anterior, descubrindo (a través da anécdota que vos contei con Matisse) a arte africana, simplificando os rasgos e os volumes, o que se plasmou nas “Señoritas de Avignon”, obra precursora do cubismo, e que imos comentar de seguido. Con dita obra, Picasso rompía cos rasgos da pintura occidental tradicional, creando a linguaxe da pintura contemporánea. Picasso practicou tanto o cubismo analítico como o cubismo sintético. Na época de entreguerras, desenvolveuse a súa etapa de clasicismo e figuración e en 1937 pintou o Guernica, unha das obras esenciais da pintura contemporánea. Posteriormente, aínda que seguíu pintando cadros en estilo cubista, Picasso pasou gran parte da súa última etapa estudando aos clásicos e realizando versións das súas grandes obras (como “As Meninas” de Velázquez).

Análise formal da obra

A escena representa a un grupo de prostitutas que aparecen espidas diante dunha cortina, no interior dun lupanar. O nome do cadro fai referencia á rúa Avignon de Barcelona, na que había distintos prostíbulos. Para esta obra escolle un tema clásico do s.XIX, o prostíbulo, xa tratado por artistas como Delacroix, pero traballado baseándose en dous elementos: o primitivismo e a xeometría de Cezánne. No cadro, os espidos da dereita, están pintados coa preocupación de atopar novos medios de proporcionar o efecto de volume sobre unha superficie plana, distintos ós procedementos clásicos. A carencia de perspectiva e de profundidade racha coa arte tradicional: a representación dos corpos femininos faise a base de formas angulosas, e neles recóllense distintos puntos de vista de xeito simultáneo. Por exemplo, no mesmo rostro os ollos aparecen vistos de fronte e o nariz de perfil, e vemos á muller agachada do ángulo inferior dereito tanto de costas como de fronte. As dúas mulleres que aparecen no lado dereito amosan nos seus rostros a influencia das máscaras da arte africana. As figuras son arcaicas e primitivas, e os rostros, semellantes a máscaras. Abrirá así o camiño a unha serie de obras nas que domina o aspecto primitivo, escultórico e xeométrico das figuras, estruturadas por planos. A influencia da escultura negra africana é moi evidente nesta obra. É un feito auténticamente revolucionario o xeito de pintar este cadro: unha representación angulosa, dura e case salvaxe, que se atopou coa incomprensión de boa parte do mundo artístico ( de xeito, a obra non se expuso ó público ata 1937, converténdose de inmediato nunha peza de culto para os poucos privilexiados que tiveron acceso á súa contemplación, sobre todo para os pintores máis xoves, que pronto souberon sacar consecuencias da desintegración espacial, do tratamento descoxuntado das figuras femininas, da ruptura co modelado tradicional e do uso intelectual da cor)

“A fonte” (Duchamp)


1917 (Orixinal desaparecido, réplica de 1964). Marcel Duchamp
Estilo: Dadaísmo
Localización: Centro Nacional de Arte e de Cultura Georges Pompidou (París, Francia)

O dadaísmo xurdíu en Zurich (Suíza) durante a Primeira Guerra Mundial, como actitude de rexeitamento ante a realidade circundante por parte dun grupo de xoves artistas entre os que se atopaban Hans Arp e Tristan Tzara. Estes propuxeron solucións subversivas e anárquicas ante os criterios artísticos tradicionais, e chegaron a falar incluso de a “fin da arte”.
Os dadaístas reivindicaban os obxectos industriais, a imprenta, o cine, o sexo e, sobre todo, a festa, o espectáculo e o humor.
En Nova York, Francis Picabia, Man Ray e Marcel Duchamp crearon un grupo artístico semellante ao suízo. En 1918 ámbolos dous grupos uníronse, deixando sentir a súa influencia por toda Europa.
O Dadaísmo aportou á arte actual a súa eterna provocación, a importancia da imaxinación, unha nova estética e a validez do proceso creativo. Foi un precursos dos happenings e das performances.
Marcel Duchamp (1887-1968), pintor franco-americano, foi un excepcional exemplo da arte dadaísta. Cun espírito transgresor, formouse no Futurismo, rachando co Cubismo en 1912 coa polémica pintura “Espido baixando a escaleira” (que amosaba a dinámica do movemento, pero
non o espido).
Nesa mesma década revolucionou o mundo artístico ao presentar como obras de arte unha serie de obxectos cotiás (rodas de bicicleta, taburetes, urinarios, pranchas...), os chamados “ready-made”, termo que supón que calqueira obxecto que elixa un artista, independentemente do seu
valor artístico, pode ser considerado “arte”, xa que o que importan son as ideas.


ANÁLISE FORMAL DA OBRA:
Neste sentido, a súa obra máis célebre é a presente “Fonte”. Duchamp comprou este urinario en 1917. Levouno ao seu estudo, xirou o obxecto e asinouno como “R. Mutt”. Deste xeito, conseguirá darlle un sentido distinto, convertíndoo nun obxecto artístico. Duchamp fora invitado por unha galería de arte para formar parte do xurado dunha exposición. Sen informar a ninguén, o autor enviou a súa “fonte”, que escandalizou ao resto do xurado, que considerou o asunto como unha groseira provocación, decidindo non expoñela peza e arrinconala. Duchamp, entón, renunciou ao xurado, causando o incidente un escándalo que sacudíu ao mundo da arte. O asunto púxose interesante cando, posteriormente, o xurado enterouse de que o verdadeiro autor da obra polémica non era o descoñecido “R. Mutt”, senón Marcel Duchamp, un artista de certo prestixio, readmitindo a peza. Isto convenceu ao autor da hipocresía de moitos críticos e espectadores que valoran unha obra en función de quen sexa o seu autor. Duchamp pensaba que o espectador debería disfrutar da obra artística sen prexuízos, só tendo en conta se lle gusta ou emociona, independentemente de quen a asine. Con esta actitude provocadora, o artista quixo amosar a súa desilusión ante as formas tradicionais da arte, pintura e escultura, como medios de expresión, e o seu rexeitamento ante a idea de que a arte e o artista teñen “unha natureza especial”, distinta á dos homes e obxectos ordinarios. O seu xesto de enviar á exposición un produto comercial fabricado en serie e asinado por un “artista” inexistente, opoñíase radicalmente á sacralización da obra de arte como “creación única e irrepetible dun xenio”. Este desafío “antiartístico” buscaba rachar coas barreiras tradicionais da arte e ampliar os seus horizontes. Neste sentido, os “ready-made” e, especialmente, “A Fonte”, son a orixe da arte conceptual, no sentido de que o que prima neles é a súa capacidade para facernos reflexionar, aínda na actualidade, sobre que é a arte e como debemos aproximarnos a ela, asuntos esenciais en toda a arte dos séculos XX e XXI. 


Esta peza, que nun principio foi rexeitada na Exposición de Artistas Independentes de Nova York, hoxe en día está considerada como unha das obras máis influíntes do século XX, marcando o inicio da modernidade artística. Curiosamente, o orixinal perdeuse, xa que nunca chegara a exponerse en público, encargando posteriormente distintas réplicas Duchamp nos anos 1960, que agora se atopan en distintos museos do Mundo.


“A persistencia da memoria” (Dalí)
1931.Salvador Dalí Estilo: Pintura surrealista (Surrealismo)
Localización: MOMA, Museo de Arte Moderna (Nova York, EE.UU)

O Surrealismo foi un movemento literario e artístico que naceu en Francia en 1924 impulsado por André Breton. Este defendíu no seu Manifesto a incosciencia, o soño, o erotismo, o automatismo e a locura. Os surrealistas tentanron expresar por medio da plástica as imaxes procedentes do mundo onírico, do inconsciente, fóra de toda preocupación estética e moral.
O Surrealismo atopou en Sigmund Freud (o pai da psicoanálise e da psiquiatría moderna), un dos seus referentes máis importantes. Buscaba unha arte sen prexuízos nin condicionamentos sociais ou culturais, polo que o artista despóxase de toda influencia e dá renda solta á súa
imaxinación.
Por iso, entre os temas máis abondantes, atopamos temas fantásticos, imaxinarios, oníricos, absurdos e moi imaxinativos e orixinais.
Os seus integrantes comparten a temática, pero cada artista empregará a súa propia técnica e métodos para representara as súas inquietudes, fobias, filias e obsesións. A tendencia xeralizada foi recuperar o tratamento clásico da composición e a figuración, dándolle gran importancia ao debuxo. Neste sentido, moitos dos artistas deste movemento pensaban que se representaban extrañas paisaxes e personaxes do xeito máis realista posible, o efecto de desconcerto sería maior no espectador.
Representantes da pintura surrealista foron Max Ernst, René Magritte, Marc Chagall e os artistas españois Salvador Dalí e Joan Miró.
Salvador Dalí (1904-1989) foi un polifacético artista catalán, un personaxe excéntrico e provocador, pero un dos grandes xenios españois da pintura universal, destacando pola súa obra plenamente surrealista. Foi un excelente debuxante, que explorou diversos campos que van dende o Clasicismo ao
Cubismo ou o Dadaísmo.
Amigo de Lorca e de Buñuel (con quen rodara “Un perro andaluz”), Dalí convertiríase co tempo no máis surrealista dos surrealistas españois, tanto pola súa obra como pola súa vida.


En 1926 realizou unha viaxe a París, iniciando daquela a súa amistade con Picasso e recibindo a
influencia da pintura de Miró. Tamén foi un gran admirador de Velázquez. A partir de todas
esas influencias, desenvolveu o seu propio e inconfundible estilo. En 1929 coñece a Gala, quen
se converte na súa parella e musa o resto da súa vida, e quen o introduce no grupo dos
surrealistas. É entón cando pinta as súas obras máis importantes, como “O gran masturbador”,
“O enigma do desexo” e a presente “A persistencia da memoria”, nas que desenvolve as súas obsesións (o sexo, o brando, o putrefacto da materia), aplicando o chamado método “paranoico- crítico”, da súa propia invención (cultivar o engaño, pero mantendo a consciencia de que o control da razón foi suspendido deliberadamente).
Dalí representa xunto a outros pintores, como Magritte, o chamado “surrealismo figurativo”.Estes artistas caracterízanse por realizar inusitadas asociacións de obxectos e figuras humanas. Por outra banda, manteñen a perspectiva tradicional.
O estilo de Dalí baseábase en imaxes irreais en paisaxes espidos. Estas imaxes tomábaas directamente dos soños e están relacionadas coa psicoanálise.
Dalí utilizaba unha técnica precisa e hiperrealista, derivada da súa formación académica. Pinta con precisión, transmitiendo invencións paranoicas e oníricas a través de imaxes múltiples. O seu colorido é brillante e luminoso, e a luz dos seus cadros é transparente e limpa. Amosa un
asombroso debuxo, de influencia renacentista e barroco, sobre todo, de Velázquez.
Representa obxectos , paisaxes e persoas cun realismo case fotográfico. A diferenza coa pintura tradicional radica na inusual asociación dos elementos que aparecen nos seus cadros. Crea unha atmosfera onírica e delirante: “o avance paranoico da mente liberaría do inconsciente imaxes potentes e orixinais, cambiando o aspecto orixinal das cousas”. Dalí repetía moitas veces os obxectos, e combinaba o humano e o monstruoso, en medio de grandes espazos dilatados. Distorsiona o orgánico e anima o inanimado. Outras características: as formas “blandas ou derretidas”, as ilusións ópticas, e o erotismo potente en moitas das súas composicións, 


ANÁLISE FORMAL DA OBRA:
Coñecido tamén como “Os reloxos brandos”, trátase dun óleo sobre lienzo, de 24 x 33 cm.
Ante unha paisaxe onírica, que podería ser unha praia ao anoitecer ou ó mencer, posiblemente a
baía de Port Lligat (a localidade de Girona onde residía Dalí e onde está o seu famoso museo),
unha paisaxe que aparece noutras obras do pintor, en penumbras (no primeiro plano,
predominan as sombras). A paisaxe é sinxela, co mar ao fondo, e unha formación rochosa cara á
dereita.
Nesta paisaxe, despréganse unha serie de figuras extrañas: unha cabeza, de enormes pestañas,
nariz e lingua, repousa sobre a area (para algúns é un autorretrato do pintor, para outros, unha
rocha do Cabo de Creus, aínda que ese mesmo rostro aparece noutros cadros de Dalí como en
“O gran masturbador” e “O enigma do desexo”), cun reloxo enriba; á esquerda, hai tres reloxos
brandos, deformados, sobre os que se pousan insectos, como moscas ou formigas (unha
referencia á labor destructora da natureza). As formigas son símbolos da morte e tamén teñen
contido sexual na obra de Dalí.
Segundo o propio Dalí, este decidiu incorporar eses reloxos “derritidos” por ser obxectos
“tiernos, extravagantes, solitarios y paranoico-críticos”. Todos marcan a mesma hora, as 6 da
tarde.
O debuxo ten unha enorme importancia nesta obra, sendo de liñas puras, moi académico e
“relambido”. Os obxectos están representados con gran exactitude e detallismo, aínda que as
súas dimensións non son reais, e están desfigurados e deformados.
A perspectiva tradicional existe, pero o espazo semella, sen embargo, extraño. O punto de vista 

do espectador é alto, aínda que non en todos os obxectos.


JACKSON POLLOCK
One: Composición 31
1950. Técnica : óleo, esmaltes. Soporte : lienzo. Estilo ; Expresionismo abstracto
Localización actual: MoMa de Nueva York. Formato: 2,69x 3, 50 m.

CONTEXTO, AUTOR ,
Acabada la Segunda Guerra Mundial y destruida Europa ,dos grandes centros de poder se configuran que pronto iniciaran una lucha por la influencia en el mundo que se conoce como guerra fría.
El foco del arte occidental se traslada desde Paris a Nueva York allí nacen nuevas corrientes como el expresionismo abstracto que contará rápidamente con el apoyo entusiasta de la crítica
El autor J. Pollock estuvo en sus primeras obras influenciado por la pintura europea de Picasso, Miró, Ernst y de los muralistas mejicanos como Orozco y Rivera que influyeron en el hecho de que sus obras fuera de gran formato y su expresividad ; pero el descubrimiento de la expresión irraccional y totémicas de los indios americanos le hicieron abandonar las influencias
europeas e iniciar hacia 1939 un nuevo camino en la pintura: la pintura gestual y automática basada en el driping y en el Actión painting cuadros sin punto de tensión o centro que abarca hasta 1953 año en el que retorna a la figuración expresionista hasta su muerte en 1956 (en accidente de tráfico, iba pedo).


QUÉ ES EL EXPRESIONISMO ABSTRACTO?
Surge en Nueva York en el momento de crisis de la II guerra mundial. Estuvo favorecido por la apertura del Museo de Arte Moderno de N. YORK y la Galería de Peggy Guggenheim . En 1942 un grupo favorable al arte de la vanguardia se aglutina en torno a la ESCUELA DE NUEVA YORK destacando entre sus características : cuadros de gran formato y sobre todo el AUTOMATISMO, utilizando como recurso la pincelada visceral o gestual, reflejando la
expresividad del propio pintor de forma instantánea ( action painting: bien mediante driping o goteo o splashing o chorreado)
Rápidamente la crítica fue muy favorable a este movimiento. Se piensa y se ha escrito que en los momentos de la guerra fría este arte "libre" sirvió de propaganda frente al realismo social soviético. 

La presente obra es un lienzo de gran formato en el que siguiendo un procedimiento habitual del autor no tiene marco ya que primero pintaba y luego recortaba. La idea del pintor era conseguir un estado de inspiración para mediante el " automatismo " conseguir una representación libre, era la Action painting. 

¿Qué proceso seguía?
Después de colocar el lienzo sobre el suelo y tener la pintura o esmaltes u otros objetos a mano , Pollock solía anular la conciencia bien con alcohol u otras sustancias comenzando a danzar y bailar dejando líneas espontáneas y gotear o chorrear su pintura en diversas capas de manera desenfrenada para que de esta forma aflorara el subconsciente.
Cuando pintaba no solía utilizar pinceles sino palos , cuchillos, el propio bote o tubos de pintura utilizando y experimentando con materiales como barnices, acrílicos, esmaltes, aluminio, cristales, arena...


¿ Cuál es el resultado ?
El resultado son líneas y trazos enérgicos que van y vienen como en un torbellino , los colores puros no interactúan entre ellos los suele superponer amarillos, grises, azules, negros como manchas o como chorreando ( dripping) llenan todo el lienzo, es decir horror vacui.
No existe un tema, sino que al igual que en el jazz la obra se va realizando y formando a medida que se ejecuta surgiendo múltiples variaciones. No existe un centro de atención o punto de tensión sino que la mirada se desplaza o recorre
todo el cuadro, , hacia los bordes, lo importante es el acto de pintar " actión painting".


Andy WARHOL. Marilyn.

Andy WARHOL ( 1928-1987)

Título: MARILYN

1964. Estilo : Pop Art. Técnica: Serigrafía sobre lienzo
La serigrafía permitía imprimir fotografías de gran tamaño sobre el lienzo que luego se retocaba con colores muy expresivos de tinta vinílica o pintura acrílica.
CONTEXTO, ESTILO , AUTOR
El pop art tiene su origen 50 y en la década de los los 60 coincidiendo con el triunfo en Estados Unidos de la sociedad del consumo y una cultura destinada a las masas Son los años de progresismo, del presidente Kennedy, del nacimieno de los Beatles..
EL POP ART fue un movimiento artístico y cultural que se debe situar dentro de una tendencia general caracterizada por la VUELTA A LA FIGURACIÓN , como reacción al arte elitista del expresionismo abstracto, en la que se encuentra el pop art y el hiperrealismo.
En el POP-ART los artistas se inspiran en objetos y mitos de la sociedad de consumo y de masas extraídos de los medios de comunicación como anuncios, publicitarios, comic, fotografias de estrellas de cine , de música o políticas...
Mantienen diferentes actitudes ante estas imágenes en algunos casos sienten como una proximidad y empatía en tanto suponen un rejuvenecimiento del arte y una simplificación de los contenidos que llevan a lo divertido ( se produce una comunión artista espectador ,arte muy popular); pero en otros casos el pop art es una vía para la crítica hacia el consumismo que nos atrapa y aliena.

La repetición de esas imágenes populares hasta la saciedad en los medios de comunicación
conduce a su banalización o cosificación , algo que de tanto consumir queda gastado y sin
contenido . Ejemplo el mito de Che Guevara o Mao como revolucionario se cosifica , pierde su
significado o contenido revolucionario, cuando se convierte en la imagen en una camiseta.


Andy Warhol ( 1928-1987) fue un artista polifácético : pinrtor, escultor fotógrafo, publicista; ....se convirtió él mismo en un icono de los años sesenta no solo por su pintura sino también por sus relaciones con el cine , la literatura y sobre todo sus relaciones con los medios de comunicación y su papel de abanderado de la modernidad haciendo de enlace entre artistas e intelectuales, modelos, aristócratas, .....dentro de la sociedad neoyorkina. Logró una gran popularidad durante la década de los 60 por sus series de obras sobre personajes y objetos muy populares.
La primera gran exposición la realizó en 1962 y su tema fue el de las latas de conserva Campbell. Ese mismo año tras la noticia de la muerte de Marilyn comienza su serie de serigrafía que convierten más aún a la actriz en un símbolo de los años 60.
Los temas más utilizados por el autor son objetos de consumo como las latas antes citadas , la Coca-Cola , latas de conserva Campbell , las estrellas e iconos del cine y la música. Marilyn, Elvis Presley, Liz Taylor o líderes políticos como el Che Guevara o Mao. Con estas representaciones tan populares y conocidas acercaba el arte al gran público que era convertido de esta manera en consumidor. Esta obra es una de las primeras que hizo tras enterarse del suicidio de Marilyn en 1962 y el punto de partida es una fotografía de la película Nyágara ( 1953) una de las que consagró a la actriz como sex-simbol. Posteriormente realizaría varias series en las que conserva las líneas y solo cambia los colores.
Warholl produce su obra como si fuera una máquina con una analogía con las máquinas de producción en serie de hecho a su estudió lo llamaba The Factory.
Desde el punto de vista formal es una representación figurativa y aunque con cierto parecido a la fotografía de Marilyn nadie podría decir que es ella sino una representación . En cuanto a la línea si bien no está muy definida si que parecen existir en los labios, ojos, cejas, pestañas, rizos del cabello, en el óvalo de la cara. Apenas se aprecia volumen aunque si se percibe el sombreado en el cuello y sobretodo en los cabellos con efecto de claroscuro en una representación esencialmente plana. No existe efecto de profundidad o perspectiva. 


Destacan desde el punto de vista formal los colores que son intensos, vibrantes y llamativos sin apenas gradación ya que no existe efecto de luz y se distribuyen por zonas el amarillo en el pelo, rosa en el óvalo de la cara , rojo en los labios, turquesa en los párpados de los ojos.

La expresión si nos fijamos durante unos minutos no transmite nada como si lo hacía en cambio
la Mona Lisa. Tampoco existe ni ritmo ni movimiento.
La repetición en serie de estas imágenes vendrían a significar su conversión en cosas en objetos de consumo.


A lo largo del s. XX se crea un nuevo lenguaje arquitectónico, más acorde con las nuevas necesidadesde la sociedad, que supone una ruptura con el pasado y también con el decorativismo del Modernismo
Ante todo se revisa el verdadero significado de la arquitectura y a partir de este momento no podrá juzgarse suficientemente una obra si no la visitamos en su interior. Esta nueva estética radica en la función. Si el edificio está armoniosamente distribuido en su interior, si está integrado en el entorno, si resulta grata su habitabilidad, el edificio es bello. Desligados del compromiso del pasado, los arquitectos de este siglo manejan los volúmenes y los espacios con criterios absolutamente distintos producto de los nuevos materiales y de las nuevas necesidades. Este nuevo lenguaje se conoce como Movimiento Moderno, que se caracteriza por:
• La mayor diversificación de las tipologías, ya que será necesario crear tipos de edificios, sin precedentes en la historia de la arquitectura, para los que no existían modelos previos: fábricas, oficinas, mercados, aeropuertos, estaciones de ferrocarril, universidades, museos, bibliotecas, hospitales, ministerios, viviendas (tema central de muchos arquitectos)...
• Una nueva forma de construir: el rascacielos, debido a la especulación del suelo edificable que lleva al aprovechamiento máximo de los solares, el invento del ascensor y la introducción de estructuras metálicas que permiten superponer pisos sin tener que dar excesivo grosor a los pilares de los pisos bajos y abrir vidrieras casi continuas en las paredes.
• Los nuevos materiales, que ya se habían ido introduciendo en el siglo XIX, como hierro, acero, vidrio, hormigón armado, fibras sintéticas, aluminio..., junto a materiales tradicionales.
• La influencia en la arquitectura de los movimientos vanguardistas que aparecen en los primeros años del siglo XX: expresionismo, futurismo, constructivismo...
• La transformación de la figura del arquitecto, que necesita la colaboración de otros técnicos como los ingenieros por lo que hace imprescindible el trabajo en equipo. Debido a la importancia del urbanismo, surge la figura del urbanista independiente del arquitecto.


Las dos grandes tendencias que marcan la evolución de la arquitectura a lo largo del siglo XX dentro del Movimiento Moderno serán el racionalismo o funcionalismo y el organicismo.

EL RACIONALISMO FUNCIONALISTA
Este movimiento tiene varios puntos comunes: desaparecen los elementos ornamentales y nace
un nuevo lenguaje basado en la simplicidad de las formas, retorno a los volúmenes elementales
( cubo, cilindro, prisma), y tener en cuenta ante todo la función como condicionante esencial de
la forma, de ahí el nombre de funcionalismo.
Se inicia en Alemania con LA BAUHAUS que etimológicamente significa, Casa de
Construcción, fué fundada en 1919, en Weimar la capital de la República por Walter Gropius
y disuelta en 1933 en Berlín por los nazis. Por esta escuela pasaron conocidos profesores como
Kandinsky, Paul Klee. Mies van der Rohe....
Una de las figuras claves del funcionalismo es LE CORBUSIER ( 1887-1965).
Utilizando como material el hormigón armado , desarrolló esquemas-tipo , aplicables según la
clase de edificio y su función: la villa, rascacielos, museo, predominando los volúmenes
nítidos y la proporción. Su teoría constructiva se puede resumir:
- Utilización de grandes pilares ( PILOTES) o columnas dejando la casa aislada del suelo. Con
ello se eliminan las humedades
- El muro no es elemento de soporte, sino una pantalla que se puede distribuir de manera libre.
- Planta libre o plan libre: permite la distribución del espacio interior al gusto del arquitecto.
- Fachada con Ventana longitudinal: al perder el muro su función sustentante se construyen
estas ventanas que proporciona más luz y permiten ver el exterior.
- La terraza jardín o techo jardín . Es una de las invenciones más curiosas; permite organizar
el techo de modo que se pueda hacer un jardín, un solarium.....


Estas ideas se pueden observar en :
VILLA SABOYA 1928-1929. Poissy (Francia)- Edificio tipo de villas. Se levanta sobre los pilotes que la aislan del suelo , el muro pierde su función sustentante y es sustituido por grandes ventanales . Dispone de varios espacios el garaje, la planta principal y la azotea o terraza jardín
a la que se asciende mediante rampa. En la planta noble la distribución del espacio es libre. Además , Le Corbusier presenta a lo largo de su obra una gran preocupación por el urbanismo.
Interesado por los problemas que ocasionaba el crecimiento de la población urbana, opinaba que
los problemas urbanísticos se resolverían agrupando las viviendas en grandes bloques , que
albergaran a cientos de familias con un adecuado nivel de comodidad.


EL ORGANICISMO: FRANK LLOYD WRIGHT.
Contrario a los grandes rascacielos, prefería edificios bajos, muy influidos por la concepción
japonesa. Los edificios no debían ser un esqueleto cerrado de hormigón, sino que debían
integrarse con la naturaleza
Características :
- Trata de integrar la arquitectura en su ambiente natural sin prescindir de la tradición funcional,
es decir, tener en cuenta las características del hombre o grupo al que van destinadas sus obras.
- Admira la arquitectura japonesa, con la que entronca en la elaboración de espacios internos
que se continúan y confunden con los externos.
- Empleo de volúmenes claros: paralelípedos, prismas, cubos....; que le entroncan con la
corriente racionalista europea.
Entre sus obras destacan : La casa Robie, y la Casa Kaufmann o CASA DE LA CASCADA.
1934-1937. Bear Run, Pennsylvania, Estados Unidos.
Fue un encargo realizado a Frank Lloyd Wright por Edgar Kaufmann, un rico ejecutivo y
director de unos grandes almacenes en Pittsburg. En esos momentos Wright era un prestigioso
arquitecto con bastante experiencia en la construcción de casas unifamiliares.
En primer lugar, llama la atención su sorprendente ubicación: sobre una cascada y en medio de
un bosque con manantiales, un lugar idílico donde sólo se oye el murmullo del agua y de las
hojas de los árboles. Se consigue así una plena integración con el entorno, hasta el punto de que
la naturaleza parece invadir la construcción. También los materiales utilizados refuerzan este
hecho. La piedra natural de las paredes recuerda las rocas y el cristal permite que el paisaje circundante esté constantemente presente en el interior de la vivienda.


La casa consta de tres pisos escalonados y superpuestos, cada uno de los cuales tiene su propia
planta, independiente de las demás. El piso inferior está ocupado por la entrada y la gran sala de
estar, que se prolonga en una impresionante terraza que vuela sobre la cascada. También se
encuentran en este piso algunas dependencias más, como la cocina. En el piso intermedio están
los dormitorios y proyecta también una gran terraza hacia el exterior, que forma con la del piso
inferior un ángulo de 90°.
Una parte de ella está cubierta por la anterior, pero hay otra parte absolutamente libre, no
quitando ni luz ni sol a estas dependencias. En el piso superior se encuentran las habitaciones de
los invitados. El eje vertical de la casa lo constituye la chimenea, que arranca de la parte
trasera del edificio, como una torre, en donde se ensamblan las diferentes dependencias y las
terrazas, cerradas por parapetos lisos que se proyectan en diferentes direcciones. Esta utilización
del hormigón es de una gran audacia técnica, al constituir una especie de esqueleto sustentante
del edificio que libera los muros de su función de carga.
El espacio interior de la vivienda refleja la pureza y sobriedad del arte oriental. La arquitectura
pasa a ser, sobre todo, espacio interior, espacio habitable. Se antepone la función primordial de
un edificio, la habitabilidad, a cualquier otra. Pero además, se busca la comunicación con el
exterior, de modo que la Naturaleza penetra en la propia vivienda.
Como ya hemos dicho la casa está construida en materiales muy diversos, naturales como la piedra o la madera, pero también procedentes de la tecnología moderna, como el hormigón armado, el hierro o el cristal. Todos ellos se conjugan con los elementos naturales (las rocas, el
agua o la vegetación) lo que unido a los contrastes de luz y sombra produce efectos muy
interesantes. En la casa dominan las líneas horizontales, aunque equilibradax por las líneas verticales de muros y soportes.


Otro edificio a destacar de WRIGHT es el Museo Guggenheim de Nueva York ( 1944-1959).
Un espacio determinado en su interior por una rampa en espiral que los visitantes deben descender suavemente mientras contemplan los cuadros.

En el exterior la forma es de tronco de cono invertida. A partir de 1945 esta corriente orgánica tuvo
varios continuadores como Alvar Aalto ; y varios edificios que reflejan su influencia como : la terminal de la TWA en el aeropuerto de Nueva
York de Eero Sarinen o la Opera de Sydney de Jon UTZON a modo de grandes velas o conchas desplegadas sobre plataformas 


Fauvismo.
Considérase o primeiro estilo revolucionario do século XX. A súa aparición fíxase en 1905,
cando un grupo de pintores a cuxa cabeza se sitúa o francés Matisse, expoñen as súas novas
obras no Salón de Outono parisiense. Os críticos chamáronlles “ fauves”, é dicir, feras, polas
súas cores violentas. O movemento é moi curto xa que en 1908 considérase esgotado ao seguir
cada autor camiños diferentes.
As características deste movemento son:
Reacción contra o impresionismo. Critican aos impresionistas porque abandonaran a forma obsesionados pola luz e desprezaran o mundo interior. Os fauvistas, en cambio, danlle gran importancia ao obxecto e á cor. Tamén plasman o mundo interior, as sensacións que vive o
artista.
En realidade, tanto o fauvismo como o expresionismo, son dúas formas de expresar o mundo interior do artista, pero mentres que o fauvismo representa a alegría de vivir, o expresionismo representa a visión máis negativa da vida.
-A cor é puro, estridente e plano. Trátase de cores arbitrarias, simbólicos do mundo interior do artista.
-Non existen luces nin sombras.
-Non hai profundidade.
-O debuxo volve ser fundamental. Os contornos negros e grosos subliñan os obxectos.
-Os temas como no impresionismo adoitan ser paisaxes e naturezas mortas pero resaltando as
súas formas xeométricas, como o facía Cézanne.
-Os principais artistas serán Matisse, Derain e Rouault.
Matisse é o xefe do grupo. Para él o impresionismo, e sobre todo, o puntillismo esnaquizaran os obxectos por iso era necesario descubrir de novo a estrutura. Como Cézanne pretendía conseguir a plenitude da forma, a solidez. Entre as súas principais obras destacan: O retrato de
Madame Matisse, O retrato da raia verde, A Odalisca vermella, A Danza ...


Procedente dunha familia de comerciantes, comezara a pintar cara 1890, abandonando os seus estudos de xurisprudencia. Inscríbese na Academia de Belas Artes de París e visita frecuentemente o Museo do Louvre, copiando moitos dos seus cadros. Matisse pronto criticou a estrita imitación da realidade, apostando pola esencia e non pola aparencia de realidade fotográfica. Matisse abandonou pronto o naturalismo influído polas obras de Van Gogh, Gauguin e
Cézanne, centrándose na cor, que pasou a selo protagonista dos seus cadros. Emprega a cor ao
ditado das súas sensacións, non segundo a realidade.
Para el a cor é o que lle dá entidade á pintura. A cor pode desenvolver o papel de debuxo, de
perspectiva e de sombra de volumen. Observa que a vida é cor e plásmao na súa pintura. A
supresión de sombras e a súa substitución por cores puras fai que a pintura brille máis que
nunca. Matisse debuxa coa cor e a distrubúe no espazo de xeito que éste quede suxerido sen que
se produzan as deformacións da perspectiva. Traballa a base de amplas áreas de cor amosándose
así como
herdeiro de Gauguin. A pintura faise presente a través do grumo e do empaste, sentindo o
espectador a pintura como materia. A mancha plana de cor provoca en nós un valor plástico e
figurativo. Matisse é un artista que constrúe sobre a cor.
Na súa pintura, Matisse seguiu dous principios esenciais ao longo da súa carreira: o cadro tiña
que ter a súa propia autonomía (ser independente da realidade), e a cor debía aplicarse e
combinarse seguindo criterios decorativos e emocionais.
Tras unha viaxe a África e Tahití, Matisse comezou a empregar cores expresivas, de tintas
uniformes e formas planas. Ademais, introduxo arabescos, en composicións de total harmonía
pictórica. Unha das súas obras máis coñecidas é “A danza” , de 1909, pero podemos situar en
“Alegría de vivir” o auténtico inicio do que pasará á historia da arte como o movemento fauvista


“A alegría de vivir”
1905-1906 (comezos do século XX). Estilo: Fauvismo. Fundación Barnes (Filadelfia, EE.UU)
No cadro represéntase o mito da Arcadia, país imaxinario na mitoloxía grega, habitado por
pastores que ocupaban o seu tempo en cantar, danzar e compoñer música. Matisse preséntanos
unha escena na cal podemos ver a varios personaxes arquetípicos, dunha Idade de Ouro perdida
e añorada, que fan diversas tarefas como tocar instrumentos musicais, danzar, namorarse ou,
simplemente, non facer nada e descansar. Destacan a xove pintada de amarelo que se adorna
cunha guirnalda de flores, a retorcida parella de amantes, as dúas mulleres (unha morena e outra
pelirroxa, unha de fronte e a outra de costas) que están tumbadas no chan, o pastorciño que toca
a flauta ou os personaxes que bailan enlazados ao fondo (estes serían reutilizados por Matisse
máis tarde para obras como “A Danza”). As figuras están todas espidas e posan desenfadadamente sobre un prado rodeado de árbores frondosas, cun fondo de paisaxe mariña.

A composición presenta un esquema bastante tradicional, cun triángulo dominante e varios planos que xeran tridimensionalidade nun espazo á vez pechado e que se proxecta cara ao fondo, cambiando de tamaño as figuras a medida que se alonxan cara ao fondo, pero sen unha auténtica ou correcta perspectiva ao uso. O centro da composición está dominado polo grupo dos danzantes, que se atopan no plano posterior, rachando deste xeito a tradicional composición centralizada. As dúas mulleres recostadas máis diante pechan o primeiro plano. Con iso,
Matisse obtén un efecto paradóxico de centralización e dispersión ao mesmo tempo. O debuxo, liñal e sintético, presenta os típicos arabescos sensuais da obra do artista. As cores, como corresponde ao Fauvismo, son intensas e expresivas. Matisse combinou varias tonalidades de amárelos e ocres, que contrastan cos rosados dos corpos. As árbores amosan o contraste dos verdes e dos vermellos, cores complementarias. Predominan as cores cálidas (rosa, vermello e laranxa).
O foco de luz provén das dúas figuras centrais do cadro e da superfice amárela sobre a que sde atopan.


A pesar de que o colorido non representa obxectivamente os elementos plasmados nesta obra, o
conxunto está harmónicamente concebido nunha unidade, cuxa característica máis destacada é a
expresividade das figuras e das cores.
Un colorido intento, harmónico, moi sensual, case tan erótico como os propios personaxes
pintados.
O resultado é unha obra de gran beleza, coas árbores sinuosas que se unen na parte superior,
enmarcando a escena, e os arabescos que forman os corpos curvilíneos das figuras. Un cadro
moi optimista, como case todos os que pintaría Matisse
ao longo da súa traxectoria artística, recordándonos a un pintor que “celebraba todos os días a
alegría de vivir”.
O lenzo onvertiuse en icono da nova vangarda pictórica, un lenzo de enorme lirismo e novidade,
que o propio Matisse considerou como o arranque da súa traxectoria como pintor independente,
evolucionando posteriormente cara cores moi intensas repartidas en masas planas, tal como fixera anteriormente Gauguin.


O berro
189. Galería Nacional de Oslo.

O artista e a súa época.
O autor, de orixe norueguesa, vive nos últimos anos de século XIX e os principios do XX
(1863-1944). Considéraselle o precursor do movemento expresionista que alcanzará o seu
máximo desenvolvemento en Alemaña no primeiro terzo do século XX. Ademais de ser
testemuña do cambio de centuria e de experimentar a angustia e ansiedade do mundo moderno
como consecuencia dos cambios políticos, sociais e económicos derivados da Revolución
Industrial, é tamén testemuña das grandes contendas mundiais.
Munch é especialmente sensible a esta situación que se fai máis patente polo seu temperamento
nórdico e pola influencia que exerce nel a literatura escandinava, sobre todo autores como
lbsen e Strindberg. Na súa pintura pasa da realidade exterior á interior. A cor non debe significar, senon expresar. 

O antecedente máis próximo da súa obra habería que buscalo na obra de Van Gogh, que aínda que de diferente orixe e educación intelectual, ten inquietudes semellantes. Os antecedentes máis remotos habería que buscalos en autores como Goya.
Munch residiu durante un tempo en París, onde coñeceu as principais tendencias e artistas do momento e este coñecemento reafírmalle máis na arte que quería facer: introvertido, persoal e fiel reflexo da realidade e a problemática que lle rodeaba. Nos seus cadros pinta "a súa realidade os estados da alma e a súa visión da sociedade”. Estas formulacións artísticas terán a súa continuidade nun grupo de pintores europeos do primeiro terzo do século XX: O Expresionismo, cuxo centro máis importante sitúase en Alemaña, con dous grupos representativos: " DIE BRUCK'' (1905-1913), no
que se integran artistas como Kirchner, Nolde, Pechstein, Kokoschka ou Ensor, e máis adiante o grupo " DER BLAUE REITER" , con pintores como Kandinsky, Marc ou Klee, que na procura do sentimento e a "expresión" interior, levarannos á Abstracción.


Análise da obra.
Trátase dunha obra realizada en óleo sobre táboa de 83'5 x 66 cm.
No cadro, Munch pinta unha escena na que destaca do plano pictórico unha figura de formas
sinuosas e onduladas que se repiten tamén na paisaxe, tanto no fondo, onde aparece unha praia,
como nas nubes. Estas liñas curvas están cortadas por outras diagonais que marcan o camiño
que percorre a figura e unhas varandas que sinalan a presenza dunha ponte. Ao fondo,
distínguense dúas figuras que acentúan o misterio e a angustia que expresa o protagonista.
O berro, que dá título ao cadro, exprésao o pintor por medio dunha serie de ondas que se
expanden pola escena como as que forma a auga cando se remove.
A sinuosidade da figura fúndese perfectamente coas liñas da paisaxe cargando a escena de
tensión e angustia que se transmite ao espectador.
A obra caracterízase pola fluidez de liñas, soltura do trazo, falta de formas contrastadas de luz e
sombra e de cores fortes; todo, incluso as menores notas gráficas ou coloristas, alude á
continuidade do tempo, ao transcurso da vida, á imposibilidade de deter o destino.
Nesta obra, o autor abandona a técnica realista en favor de elementos expresivos como a cor, a
liña e a intencionada distorsión da figura que se adapta máis aos propósitos que quere conseguir.

Entradas relacionadas: