Movementos Vangardistas e Variedades Dialectais do Galego

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,31 KB

As Vangardas: Orixe e Características

As vangardas aparecen a comezos do século XX en Europa. Formado por un grupo de artistas novos que rexeitan a tradición cultural por ser caduca e non ser quen de plasmar a nova realidade. Buscan novos camiños artísticos, ás veces rompendo con todo o anterior.

Trazos Comúns dos Movementos Vangardistas

  • Desexo de modernidade.
  • Visión da arte como experiencia autónoma.
  • Oposición ao romanticismo e sentimentalismo.
  • Supresión de barreiras entre os distintos xéneros.
  • Creación de novas técnicas: libre asociación de imaxes, colaxes e caligramas, supresión dos signos de puntuación, nova función das imaxes e das metáforas.

Termos Clave

Ismo

Corrente vangardista. Por exemplo: futurismo, surrealismo, cubismo… O nome vén dado pola terminación das distintas correntes.

Manifesto

Texto de carácter provocador que cada ismo elaboraba para dar a coñecer os principios fundamentais nos que se basea o movemento. En Galicia temos o manifesto Máis alá, feito por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

As Vangardas en Galicia

Non se desenvolveron plenamente dadas as limitacións sociais nas que se desenvolvía a nosa cultura. As mostras máis significativas son o manifesto Máis alá! e a proliferación de revistas literarias como: Alfar, Ronsel, Papel de color, Cristal, Resol e Yunque. Aparecen os seguintes movementos vangardistas: imaxinismo, neotrobadorismo e vangardismo.

Imaxinismo

Tamén chamado hilozoísmo (e animismo) porque aparece a personificación da paisaxe. Principal representante: Luís Amado Carballo (Proel, O galo e a novela Os pobres de Deus). Aparece a paisaxe humanizada e as imaxes sensoriais. A métrica é tradicional.

Neotrobadorismo

Recupera as estruturas formais das cantigas medievais (paralelismo, refrán). Tamén recupera os temas medievais pero desde unha sensibilidade contemporánea. É consecuencia do impacto que causou o coñecemento das cantigas medievais galego-portuguesas. Os principais representantes deste ismo foron: Fermín Bouza Brey (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira).

Vangardismo

Representado por poetas que asumiron as propostas dalgún movemento vangardista.

Álvaro Cunqueiro

  • Mar ao norde: fai unha poesía cubista polo carácter abstracto.
  • Poemas do si e non: fai poemas surrealistas (expresión do subconsciente e emprego da imaxe onírica).

Luís Acuña

  • Fírgoas.

Manuel Antonio

Autor creacionista (o poema é unha realidade autónoma).

Manuel Antonio: Manifesto Máis alá! e De catro a catro

O Manifesto Máis alá!, feito xunto con Álvaro Cebreiro, é o principal texto teórico da vangarda galega. Nel amosan:

  • Paixón revolucionaria.
  • Loanza do individualismo.
  • Crítica do ruralismo e dos conceptos estéticos caducos.

De catro a catro: Subtitulado: “Follas sen data dun diario de abordo”. Composto durante unha das súas navegacións. Contén 19 poemas vistos desde a perspectiva do mar. É o diario poético dunha viaxe física polo mar pero tamén dunha viaxe interior, marcada pola soidade e a ausencia. Linguaxe experimental e renovadora, influída polo creacionismo.

Rafael Dieste

A súa obra está afastada do realismo costumista da época, resultando anovadora.

A fiestra valdeira

Peza teatral orixinal e innovadora cunha riqueza formal e temática descoñecida ata entón. Comedia simbólica centrada na identidade cultural.

Dos arquivos do trasno (1926)

Son 20 contos modernos nos que mestura realidade e fantasía. Xógase co suspense, a participación do lector e o uso de diferentes voces narrativas. Os personaxes exemplifican moi ben o modo de ser da poboación galega.

Variedades Xeográficas do Galego

Son as diferentes maneiras de falar segundo o lugar onde se vive. Os diferentes xeitos de empregar un idioma dan lugar ás variantes dialectais, segundo os trazos lingüísticos de cada zona. Empréganse sobre todo na lingua falada. Nas situacións comunicativas formalizadas (o ensino, os medios de comunicación…) utilízase a variedade estándar do idioma, común para toda a poboación.

Isoglosa

É unha liña imaxinaria que marca o límite entre a presenza e a ausencia dun fenómeno lingüístico. As isoglosas da formación do plural das palabras que rematan en –n marcan a división dialectal de Galicia en tres bloques.

Os Bloques Lingüísticos do Galego

Bloque Occidental

Parte occidental das provincias da Coruña e de Pontevedra.

  • Hai seseo.
  • A 2ª persoa do plural dos verbos remata en –des.
  • O pronome suxeito é TI.
  • Hai gheada.
  • O plural dos nomes rematados en –n faise en –ns.
  • Emprégase a terminación –án.
  • Emprégase a terminación –iño.

Bloque Central

Metades orientais da Coruña e de Pontevedra e case a totalidade de Lugo e de Ourense.

  • En xeral non hai seseo.
  • A 2ª persoa do plural dos verbos remata en –des.
  • O pronome suxeito é TI en boa parte do bloque, pero na outra é TU.
  • Hai gheada na parte occidental, pero na oriental non a hai.
  • O plural dos nomes rematados en –n faise eliminando o –n e engadindo o –s.
  • Emprégase a terminación –ao.
  • Emprégase a terminación –iño.
  • Uso do pronome tónico “il”.

Bloque Oriental

Parte máis oriental das provincias de Lugo e de Ourense, así como as do galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora).

  • Non hai seseo.
  • A 2ª persoa do plural dos verbos remata en –is.
  • O pronome suxeito é TU.
  • Non hai gheada.
  • O plural dos nomes rematados en –n faise eliminando o –n e engadindo –is.
  • Emprégase a terminación –ao.
  • Emprégase a terminación –ín.

Entradas relacionadas: