Movementos Culturais e Literarios Galegos: Século XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,75 KB
Seminario de Estudos Galegos (SEG)
Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala.
Obxectivos principais
- Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
- Formar investigadores.
- Utilizar o galego no ámbito científico.
Para unha mellor estruturación, organizábase en seccións temáticas.
As Irmandades da Fala (1916)
No ano 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a primeira Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega.
Estendéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións, formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas, que pretendían, entre outros obxectivos:
- Cooficialidade do galego e do castelán.
- A autonomía integral para Galicia.
- Ingreso na Liga das Nacións e estudar unha relación federal con Portugal.
- Igualdade de dereitos entre home e muller.
O seu traballo plasmouse na creación de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; e xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós.
A Xeración Nós
Nos primeiros anos do século XX, a lingua adquire novos ámbitos expresivos, desenvolvéndose o ensaio e a narrativa. Aparece unha nova xeración de escritores que explorará formas de expresión distintas da lírica, condicionada polas transformacións que se están a producir na sociedade galega.
Membros destacados
Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas e os irmáns Villar Ponte.
Representaban unha xeración de inadaptados que non atopan acomodo no mundo que lles tocou vivir. Procuran algo diferente e nun primeiro momento atópano nas culturas alleas e exóticas, no ocultismo e no esoterismo, ata que se decatan de que o que procuran está no seu arredor.
Dende esta actitude, foron quen de europeizar a cultura galega, acadando universalizala para dialogar con outras culturas e estar no mundo dende a nosa propia idiosincrasia.
As Vangardas
Grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais por consideralas caducas. A situación política e os cambios sociais favorecen a aparición destes movementos, que pretenden reflectir as formas da vida moderna.
Principais movementos
- Futurismo
- Cubismo
- Dadaísmo
- Surrealismo
Difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador. Crearon moitas técnicas novas:
- A libre asociación de imaxes.
- As colaxes e caligramas.
- A supresión dos signos de puntuación.
Neotrobadorismo
Movemento que recupera as estruturas formais da lírica medieval e mesmo algúns dos seus temas, pero dende unha sensibilidade contemporánea.
Esta corrente é consecuencia do impacto que causou nos poetas novos o coñecemento das cantigas medievais de amigo e amor.
Poetas e obras destacadas
- Fermín Bouza Brey (Nao Senlleira, 1933)
- Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Ribeira, 1933)
Poesía do Exilio
Liñas temáticas
- Intimista: Distancia da terra, dor, sufrimento, morriña, saudade. Temas derivados da emigración e do exilio.
- Social: O exilio, a represión despois da Guerra Civil, vivencias da súa xeración.
Autores e obras máis importantes
- Luís Seoane: Fardel de Exiliado, As Cicatrices.
- Lorenzo Varela: Lonxe.
- Emilio Pita: Jacobusland.