O Movemento Obreiro en España no Século XIX: Orixes e Evolución
Enviado por Alan y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,82 KB
O Movemento Obreiro no Século XIX
As condicións de vida e de traballo empeoran coa Revolución Industrial: horarios excesivos, traballo infantil e feminino, baixos salarios, falta de normas que protexan aos traballadores. Coas leis impostas polo liberalismo, a liberdade do empresario é total no século XIX.
Definición de Movemento Obreiro
Conxunto de manifestacións e organizacións dos traballadores para mellorar as súas condicións laborais e de vida e acadar dereitos políticos e sociais.
Instrumentos de Loita
- Ludismo
- Folga:
- Parcial ou sectorial
- Xeral
- Revolucionaria
- Manifestación
- Asemblea
- Mitin
- Motín
A) A Etapa Isabelina: O Nacemento do Movemento Obreiro
A prohibición dos gremios foi unha das primeiras reformas do liberalismo, pero tamén se prohibiu calquera asociación obreira, xa que eran vistas como contrarias á liberdade do empresario. Ao non teren organización, as primeiras manifestacións do movemento obreiro son clandestinas, espontáneas e, polo xeral, violentas.
Ludismo
Acción espontánea e violenta, propia dos primeiros tempos do movemento obreiro, pero que reaparece de xeito esporádico. O traballador considera as máquinas culpables da súa precaria situación, polo que decide destruílas.
Asociacionismo
Os traballadores comprenden que os seus problemas non están nas máquinas, senón no seu uso. O asociacionismo é a loita pola defensa do dereito á asociación.
Tipos de asociacionismo:
- Asistencial: Sociedades de socorro mutuo. Poden ser por localidade, por oficio, etc.
- Reivindicativo: Demandan o aumento de salario, diminución de xornada, etc. Organizan folgas. Son ilegais cos moderados e legais cos progresistas.
Revoltas Agrarias
Son unha constante ao longo do século XIX, especialmente en Andalucía por falta de traballo. Os xornaleiros son os protagonistas. Destacan as provocadas pola Desamortización de Madoz. En xeral, esas revoltas son reprimidas pola Garda Civil. En consecuencia, hai bandoleiros en Serra Morena.
B) O Sexenio Democrático: Internacionalismo e Novas Ideoloxías
Contexto Histórico:
Constitución de 1869: establece o dereito de asociación, amplas liberdades, auxe da AIT na Europa industrializada.
Novas Ideoloxías:
Anarquismo:
Nacida no século XIX en Europa. Ideoloxía de tipo revolucionario que defende os intereses dos traballadores fronte ao capitalismo. Bakunin é o seu ideólogo. Queren unha sociedade sen clases, sen propiedade privada, sen Estado. O paso do capitalismo á nova sociedade farase a partir de sociedades de carácter espontáneo. A nova sociedade organizarase en comunas autónomas, autoxestionadas, baseadas en acordos libres dos seus membros, sen ningunha imposición. Son contrarios a calquera autoritarismo.
Socialismo ou Marxismo:
Nacida no século XIX en Europa. Ideoloxía de tipo revolucionario que defende os intereses dos traballadores fronte ao capitalismo. Queren unha sociedade sen clases, sen propiedade privada, sen Estado. Para chegar á nova sociedade, o proletariado debe organizarse; doutro xeito, non será quen de destruír o capitalismo. Antes de destruír o Estado liberal, o proletariado deberá conquistalo. Participará na vida política, xa que defende tamén a vía reformista.
AIT ou 1ª Internacional:
Nace en Londres no 1864. Organización de traballadores que defende a solidariedade por riba dos Estados. A afiliación é persoal. Os principais ideólogos son Marx e Bakunin. Dentro da organización hai moitos problemas entre anarquistas e socialistas.
AIT en España:
Fanelli chega a España como anarquista para difundir as súas ideas. Nun congreso en Barcelona funda a FRE (Federación Rexional Española da AIT). Zonas de influencia: Cataluña, Levante, Andalucía. Lafargue vén a España como representante do marxismo. Zonas de influencia: Madrid, Asturias, País Vasco. Os problemas entre as dúas tendencias reflictense en España. Os internacionalistas participan no movemento cantonalista. A AIT é prohibida tralo golpe de Estado de Pavía.
C) A Restauración: Represión e Organización
Contexto Histórico:
Liberalismo conservador no poder, que pon trabas ao movemento obreiro. Represión e constantes ilegalizacións, polo que pasa á clandestinidade.
- 1881: Recupéranse os dereitos de reunión e prensa.
- 1887: Lei de Asociación.
- 1890: Sufraxio masculino.
Anarquismo:
Partindo do antiautoritarismo, négase a crear unha organización propia. Non participan na vida política. Desexan moi especialmente a colectivización da terra. Sofren unha durísima represión. A corrente anarcosindicalista crea: Solidariedade Obreira, CNT (1910).
Socialismo:
Crea organizacións propias, participa na vida sindical e política cando o sistema político llo permite, pero segue a conservar a vía reformista.
Definicións:
- Sindicato: Asociación de traballadores cuxo obxectivo é a defensa dos seus intereses laborais e sociais.
- Partido Político Xeral: Organización cuxo fin é participar na vida política para acadar o poder e aplicar o seu programa.
- PSOE: Partido Socialista Obreiro Español. Partido político de ideoloxía socialista fundado en 1879 por Pablo Iglesias.
- UXT: Unión Xeral de Traballadores. Sindicato de clase fundado en 1888, vinculado ao PSOE.