Moral, Dereito e Relixión: Diferenzas e Universalismo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,58 KB
Aclarar a moral: moral, dereito e relixión
Semellanzas e diferenzas entre normas
Semellanzas: Os tres proporciónannos normas de comportamento e tamén pensan que as persoas son libres para decidir (polo tanto, se incumpren as normas, incúmprenas conscientemente). Moitos dos seus contidos son comúns (ex.: non matar).
Diferenzas:
- Con respecto ao comportamento: A moral diríxese á túa conciencia; é a túa conciencia a que decide que facer. A relixión apela á conciencia, pero ademais ofréceche a salvación se actúas ben ou un castigo divino.
- Con respecto aos contidos: Hai certos contidos que poden aparecer en algunhas disciplinas e non noutras e, ademais, certas cuestións que poden ser malas para a moral poden non ser ilegais para o dereito.
Funcións da moral, o dereito e a relixión
Estas diferenzas axúdannos a entender cal é a función de cada un deles:
- A moral: Orienta a acción con vistas á felicidade.
- O dereito: Orienta a acción sobre como temos que actuar para a sociedade.
- A relixión: Orienta a acción con vistas a unha salvación posterior.
Referentes morais: o bo e o xusto
Negacións do universalismo moral
O escepticismo: O escepticismo di que é imposible encontrar un criterio moral para decidir o que está ben ou está mal, o que é xusto ou inxusto. Non hai un criterio moral-racional. Fronte ao escepticismo, cabe afirmar que si hai maneira racional de saber que é preferible ou non.
O subxectivismo: Tamén é unha forma de relativismo; afirma que as decisións morais e a relación do que está ben ou está mal depende do suxeito; non hai un criterio racional para dicir o que está ben ou está mal.
O emotivismo: Afirma que non hai un criterio racional para decidir o que está ben e o que está mal. Di que os enunciados morais só expresan emocións e sentimentos; polo tanto, non se poden considerar nin verdadeiros nin falsos. Os enunciados que se poden considerar verdadeiros ou falsos son enunciados matemáticos, lóxicos e todos os que se poidan comprobar na experiencia. Para os emotivistas, un feito moral é bo ou malo dependendo do feito que produce nas persoas. Cando produce sentimentos de rexeitamento, considérase unha acción inmoral ou mala; entón, o criterio para dicir se algo está ben ou mal é o criterio sentimental ou emocional.