A Monarquía e a Igrexa na Galicia Altomedieval (Séculos X-XI)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 11,54 KB

O Reino de Galicia e a Dinastía Asturleonesa (910-1037)

Despois de Afonso III, deixamos de falar do Reino de Asturias e pasamos a falar do reino asturleonés, leonés ou galaico-leonés (a capital trasládase a León). O protagonismo da aristocracia galega está en aumento, xa que cada vez vai gañando máis poder e riqueza debido a esta nova expansión territorial.

A Partición do Reino e a Estirpe dos Ordóñez

A partición do reino prodúcese en vida de Afonso III, o cal delega o goberno nos tres fillos:

  • García recibiu Castela.
  • Ordoño (II) recibiu Galicia e Portugal.
  • Froila recibiu Asturias.

Tras a súa morte, o reino quedará diferenciado en tres gobernos: García será rei de León, mentres que Ordoño e Froila serán reis de Galicia e Asturias.

Ordoño II e a Reintegración de León

Ordoño II, como rei de Galicia, casou con Elvira (filla de Hermenexildo), e de aí xurdiría a estirpe dos Ordóñez: Sancho Ordóñez, Afonso IV e Ramiro II. Tras a morte de García I, rei de León, Ordoño II herda o trono leonés, reintegrando Galicia e León. Tras a súa morte, será sucedido polo seu irmán Froila II.

Sancho Ordóñez e o Novo Modelo Territorial

Despois da morte de Froila, acabarán reinando os fillos de Ordoño II cun novo modelo territorial no que se separa Galicia de León. A partir de entón, Asturias perde a condición de reino e prodúcese a separación Galicia-Portugal.

Sancho Ordóñez morre no 929, sendo considerado polo historiador Isla infravalorado por parte da historiografía tradicional. Morre sen descendencia, polo que Ramiro II (931-951) asume o poder do goberno de Galicia, ademais de conservar Portugal, e, retirado Afonso IV, convértese en rei único. No referente a Galicia, estará en estreito contacto coa aristocracia galega, o grupo familiar de San Rosendo, aos que lles encomendará parte do goberno de determinados territorios.

Parece que no caso de Ordoño II pódese definir como un rei en Galicia e no caso de Sancho Ordóñez pódese definir como rei de Galicia. Ata a morte de Fernando I non volve haber unha situación de reparto territorial.

O Fin da Dinastía Asturleonesa (999-1037)

Os últimos reis desta dinastía foron Vermudo III e Afonso V, que continuaron cos vínculos con Galicia, principalmente coa aristocracia. O reinado de Afonso V vai coincidir coa última incursión normanda, centrada no tramo final do Miño e en Braga. Este período rematará coa devastación de Tui no 1024, onde se dá o último ataque.

Evidencias dos Asentamentos Viquingos

A información sobre os asentamentos viquingos vén grazas a Irene García, que estuda o topónimo Bekker (presente en Normandía, Inglaterra e tamén en Galicia como “Beco”). En Galicia, estes lugares teñen unha orixe escandinava e responden ao hábitat descrito polo termo.

O Reinado de Vermudo III (1028-1037)

Vermudo III foi coroado como rei en Santiago, comezando a reinar na súa minoría de idade. Durante a rexencia, hai unha expansión de Navarra polo leste do reino de León, polo que o monarca pretende deter este avance e reacciona militarmente con condes galegos. Batallará en Tamarón contra o seu cuñado Fernando, o que provoca a morte do monarca (foi soterrado en San Isidro de León).

A Política de Galicia na Segunda Metade do Século X (951-999)

Na segunda metade do século X, os mandatos dos reis son máis prolongados, pero máis inestables, como o caso de Ramiro III e Vermudo II. Esta época está marcada polas revoltas, xa que unha parte da aristocracia se rebela contra a monarquía (os traditores), mentres que os defensores se poñen do lado do rei. O grao de pertencer a un grupo ou a outro está no grao de proximidade co rei de quenda, pero tamén hai que ter en conta o papel dos bispos implicados nas loitas polo poder.

Conflitos Aristocráticos e a Querela de Sisnando

Sancho I será destronado por unha conxuntura aristocrática, e a partir de aí reinará Ordoño IV, que conta co apoio dos Présaras. Pola contra, haberá outro sector da aristocracia galega que apoiará ao rei destronado, dirixida por Rosendo de Dumio. Sancho I recupera o trono, sendo o principal valedor San Rosendo, e Sisnando é substituído como bispo de Iria. Isto dá lugar a unha querela.

A Rexencia de Ramiro III e a Inestabilidade

O reinado de Ramiro III terá problemas ao empezar a reinar con 5 anos, polo que houbo unha etapa de rexencia onde suceden situacións moi conflitivas:

  • O gran ataque normando do 968.
  • Tensión entre Sisnando e Rosendo.
  • Guerra entre Gonzalo Menéndez e Rodrigo Velázquez.

O Ataque Normando do 968

Con respecto ao ataque normando, haberá debate: no 968, cen navíos normandos entraron pola ría de Arousa co obxectivo de Santiago. Sisnando II sae ao seu encontro, pero será derrotado e asasinado, polo que a partir de aquí os normandos atacarán Santiago, Lugo, Curtis, etc.

A Guerra Civil Galega

A guerra aberta entre Gonzalo Menéndez (dirixe aos máis críticos co rei) e Rodrigo Velázquez (dirixe aos afíns co rei) é por cuestións territoriais. A batalla acabará coa vitoria de Gonzalo Menéndez, pero que non foi definitiva; ademais, evidénciase a falta de poder real.

A Proclamación de Vermudo II

Cando comeza o reinado efectivo de Ramiro III, a inestabilidade aristocrática agrávase: Gonzalo Menéndez proclama como monarca a Vermudo (II) e será coroado no 982 como rei de León na Igrexa de Santiago. Ante isto, Ramiro III reaccionará cun exército, pero o resultado será dous monarcas simultáneos en León: Ramiro controla León e Castela, e Vermudo Galicia e Portugal.

Vermudo II vai gobernar ata o 999. Este entra en León coa axuda das tropas de Almanzor e será rei en solitario desde a morte de Ramiro III, contando co respaldo da aristocracia galega. O seu reinado está marcado por grandes problemas: as revoltas aristocráticas e os ataques de Almanzor.

A Orixe do Culto Xacobeo: A *Inventio* de Santiago

O culto a Santiago Maior chega tardiamente en Occidente, no século V, pero non será ata o século VI cando vemos unha referencia á predicación de Santiago en España e ao seu lugar de enterramento. Esta idea foi difundida por Isidoro de Sevilla, pero foi rexeitada pola Igrexa visigótica.

O Achado do Sepulcro

Todo cambia a raíz da desaparición do reino visigodo. Un salto adiante será o himno «O dei verbum», no que Santiago xa é visto como patrón da igrexa hispánica. Con respecto á *inventio*, prodúcese durante o reinado de Afonso II, o cal tiña grandes lazos con Galicia: o bispo de Iria achegouse a uns lugares de onde procedían uns sons, e unha vez alí atopou tres tumbas, unha delas a de Santiago.

O achado é nun enclave romano. Afonso II é mostrado como o primeiro peregrino e decide construír unha igrexa arredor do sepulcro e comeza a darlle privilexios. En primeiro lugar, haberá un mosteiro, e arredor irá xurdindo unha pequena cidade.

Desenvolvemento do Camiño e a Igrexa

Con respecto ás primeiras noticias sobre a tumba de Santiago, hai unha carta de Afonso III ao pobo e clero de Tours informándolles de como chegar a Santiago. A ampliación da Igrexa de Santiago dáse en tempos de Afonso III: constrúe unha segunda igrexa moito máis grande e rica pola necesidade de ampliación debido á fama da igrexa e á chegada crecente de peregrinos.

A cruz de Afonso III é doada á Igrexa de Santiago, pero será roubada máis tarde e nunca máis se vai volver a atopar. Con respecto ao Camiño, polo momento non é coñecido ata o século X, no que chegan peregrinos como o bispo de Le Puy, o bispo de Reims, etc., sentindo a cidade un crecemento que fai que a muralla se teña que ampliar. O punto culminante é o ataque de Almanzor, que o debemos recordar pola comparación de Ibn Hayyan entre a importancia da peregrinación á Meca para os musulmáns e a peregrinación a Santiago dos cristiáns.

A Rede Episcopal da Galicia Altomedieval

A organización eclesiástica en Galicia durante a Alta Idade Media presentaba unha complexa distribución de sedes:

Mondoñedo

Mondoñedo ten orixe medieval e sabemos grazas á *Crónica Albeldense* que o primeiro bispo mindoniense residía en Mondoseño e que durante o século X os bispos van estar relacionados coa familia de Rosendo.

Lugo e Ourense

Sobre Lugo, o primeiro bispo do que se teñen noticias é Odoario; por outra banda, a sé de Lugo reclamou a herdanza de Braga, e Braga non viu restaurada a súa sede episcopal ata a chegada de Don García. Con respecto a Ourense, hai unha tardanza en ver restaurada a súa vida diocesana, xa que estivo controlada durante moito tempo pola sede de Lugo.

Tui e Iria (Santiago)

En Tui, os seus bispos residen en Iria e despois regresan a Tui, pero a cidade verase atacada polos ataques normandos que foron moi graves. Afonso V decide agregar a sé de Tui á de Iria, argumentando que o dano provocado polos normandos foi moi forte, e isto foi así ata que Don García restaura definitivamente a sé. En Iria, os seus titulares residen preferentemente en Santiago, polo que a igrexa de Santiago non sería a igrexa catedral, xa que a cátedra do bispo residía en Iria. Na Península Ibérica non habería outra Igrexa apostólica, pero o uso deste título incomodará a Roma, xa que considera que eles son a única sé apostólica do mundo occidental. Os bispos de Iria acumulan un gran poder territorial e controlan a maior parte dos territorios costeiros, construíndo castelos litorais.

Mosteiros e Modelos Monásticos

Cada mosteiro é rexido pola súa regra, aínda que en Galicia predomina o pacto entre o abade e a comunidade. Entre as regras máis influentes estarían as de Isidoro e a regra beneditina.

O Mosteiro de Celanova

En Celanova atopamos un mosteiro masculino, fundado baixo parámetros novidosos do monacato galego: contará coa aproximación ao modelo beneditino e contará co apoio da monarquía. A fundación é familiar, pero non será un mosteiro familiar; atópase baixo a protección real, pero tampouco é un mosteiro real.

O Mosteiro de Samos

En Samos atopamos un mosteiro completamente diferente, xa que está vinculado aos reis de Asturias e León, polo que actuou como cabeza dunha federación monástica.

As Ordes Militares en Galicia

Hai unha presenza desigual en Galicia, coa maioría ausentes no territorio da arquidiocese compostelá. Están mal documentadas, sendo máis coñecidas como instancias de poder que na súa dimensión relixiosa.

A Orde do Temple

Sobre a Orde do Temple hai un debate: a maioría de enclaves templarios están situados en portos de mar ou xunto a camiños de peregrinación; as dúas bailías principais son litorais: Burgo de Faro e Coia en Vigo.

Os Hospitalarios

Con respecto aos Hospitalarios, hai dúas encomendas principais que agrupaban a maior parte das súas igrexas, hospitais e outro tipo de centros. Destaca Portomarín e Beade.

A Orde de Santiago

A Orde de Santiago, malia o seu nome, nace fóra de Galicia e sen vínculos co Xacobeo ao nacer en Cáceres. O esencial da orde radica fóra de Galicia, pero aquí tamén tivo presenza. O principal enclave foi Vilar de Donas, doado aos santiaguistas no século XII. Situado xunto ao Camiño Francés, levaron a cabo labores de atención e defensa do peregrino, sendo a época de maior importancia.

Entradas relacionadas: