Modificación da conduta na escola: control aversivo, castigo e aprendizaxe por observación

Enviado por Chuletator online y clasificado en Psicología y Sociología

Escrito el en español con un tamaño de 7,36 KB

Implicacións educativas da modificación da conduta

Control aversivo: O uso do control aversivo (utilizando reforzamento negativo ou o castigo) é moi frecuente. É difícil determinar que é máis control aversivo ou que control é positivo. O control aversivo xera dous tipos de aprendizaxe:

Tipos de aprendizaxe xerados polo control aversivo

  • Aprendizaxe das condutas de evitación: deixar de realizar ou evitar certas accións para eludir a confrontación co estímulo aversivo.
  • Aprendizaxe de condutas de escape: escapar dunha situación nada agradable para el/ela.

Castigo

Castigo: Pretende conseguir que o alumno deixe de facer algo que distorsiona a marcha da clase. Hai dous procedementos de castigo por condicionamento operante:

  • Tipo I: presentación inmediata dun estímulo aversivo para o alumno.
  • Tipo II: eliminar algún tipo de privilexio ou reforzamento positivo.

Os efectos do castigo non están tan claros. Ten máis inconvenientes que vantaxes. Produce un certo espellismo e xera un clima de tensión no alumno que é pouco propicio para a aprendizaxe. Pode converterse nunha forma de conseguir a atención dos adultos e, por tanto, actuar como un reforzador positivo. Nenos moi agresivos poden entrar nunha espiral sen fin de castigo–agresión–castigo. O repetido control aversivo produce efectos altamente indesexables.

O castigo debería utilizarse cando outros procedementos fracasaron ou diante de condutas moi inadecuadas que precisamos eliminar de maneira inmediata. Pode producir efectos negativos importantes: danos físicos; sacar a conclusión de que non serve para nada; a través do castigo dise ao neno/a o que non debe facer, pero non se lle indica cal é a conducta positiva; proporciona un modelo de conducta agresiva que acabe imitando; xera reaccións negativas cara ás persoas que o aplican, interferindo nas relacións afectivas axeitadas entre o neno/a e o adulto.

Se nos vemos obrigados a utilizar o castigo, hai que ter en conta

  • Aplicalo de forma inmediata.
  • Debe ser intenso (pero isto plantexa serios problemas éticos).
  • Debe ser breve (do contrario perde o carácter aversivo).
  • Aplicalo todas as veces que apareza a conducta.
  • É imprescindible combinar o castigo co reforzamento das condutas axeitadas.

Aprendizaxe por observación: teoría social cognitiva

Na conducta humana interveñen outros procesos de aprendizaxe distintos do condicionamento clásico e operante. Existen procesos de aprendizaxe específicos para o ser humano, sendo un deles a aprendizaxe observacional (imitación da conducta doutro individuo ao que se denomina modelo). Está estudada por Bandura e Walters e tamén se denomina aprendizaxe por imitación ou aprendizaxe social.

Albert Bandura suxire que a maior parte da aprendizaxe é por observación ou modelado. Recolle ideas dos modelos conductistas e cognitivos. A conduta, as estruturas cognitivas e o ambiente interactúan constantemente de forma que cada un destes factores determina aos restantes. Isto denomínase determinismo recíproco (as características internas do individuo, o seu entorno e a súa conduta son mutuamente interactivas á hora de determinar as condutas específicas do individuo).

Pódese adquirir unha conduta sen que teña habido ningunha experiencia directa: o suxeito que aprende pode realizar esta aprendizaxe sen ter que emitir ningunha conduta directamente (os paradigmas clásico e operante esixen que o individuo emita certo tipo de respostas). Esta forma de aprendizaxe é máis característica das primeiras etapas da vida. Para que se dea é necesaria a presenza de dous suxeitos: o observador e o modelo.

Na aprendizaxe por observación hai que considerar catro elementos principais:

  1. Adquisición e atención: o que aprende observa un modelo e recoñece os trazos distintivos da súa conduta.
  2. Retención e codificación simbólica: as respostas do modelo gárdanse activamente na memoria. As persoas que recodifican a actividade observada con códigos verbais ou imaxes aprenden e reteñen mellor a información que as que se limitan a observar.
  3. Execución e reprodución: se o observador considera o comportamento do modelo adecuado e, ademais, que ese comportamento vai producir consecuencias positivas, entón reproducirao. A posibilidade de reproducir dependerá da capacidade do suxeito para executar o comportamento do modelo.
  4. Consecuencias: a conduta do que aprende enfróntase ás consecuencias que a debilitacen ou a fortalezcan (condicionamento operante).

Hai, ademais, un quinto elemento de gran importancia: os procesos de motivación. Segundo esta teoría existen tres tipos de incentivos:

  • Directos: recibeos o suxeito directamente.
  • Vicarios: cando vemos que outra persoa obtén unha recompensa ao realizar determinada conduta, tendemos a imitar esa conduta.
  • Autoproducidos: as recompensas non teñen por que ser externas nin proporcionadas por outros; poden ser internas e autoxeneradas. Os fundamentos da motivación intrínseca son os sistemas de autoavaliación e autorreforzo, que se desenvolven en grande parte grazas aos procesos de modelación. Os modelos proporcionan criterios de avaliación que teñen gran influencia nos criterios empregados polos observadores posteriormente para valorar a súa propia conduta. As condutas autorreguladas tenden a mantenerse máis que as reguladas desde instancias externas.

Efecto do modelado na educación

Os profesores deben tratar de desenvolver as capacidades de autoavaliación e autorecompensas nos alumnos, así como a capacidade de regular a súa propia conduta. Deben fomentar situacións nas que o alumno estableza os criterios para valorar o seu rendemento e as súas actitudes. Isto pódese relacionar coa planificación de metas:

  • As metas relativamente fáciles non son moi desafiantes e non provocan moito interese.
  • As que son moderadamente difíciles manteñen un esforzo elevado e duradeiro e producen satisfaccións por medio do logro de submetas.
  • As metas que están fóra do alcance do alumno son desalentadoras.

No contexto escolar prodúcense innumerables aprendizaxes a través da observación, por exemplo:

  • O mestre reprende o alumno diante dos demais.
  • A figura do profesor actúa de modelo para a adquisición dun gran número de condutas (vocabulario, pronunciación, comportamentos sociais, relacións afectivas etc.).
  • O modelado consegue bos resultados na implantación de condutas novas en suxeitos que presentan deficiencias (autismo, deficiencia cognitiva...).

O modelado é eficaz para reforzar, aumentar ou manter condutas que xa existen no repertorio do suxeito. Ten aplicacións técnicas para a extinción de condutas de medo, observando o modelo que realiza a conducta temida sen ningunha adversidade. Todo o que se pode aprender por condicionamento (clásico ou instrumental) pódese aprender por aprendizaxe observacional. Constitúe un modelo moi axeitado para a aprendizaxe humana.

Entradas relacionadas: