Modernización da Sociedade Galega no 1° Terzo do S.XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,72 KB
No 1° terzo do s.XX, xorden unha serie de cambios que provocaran a modernización da sociedade galega.
Agricultura e Industria
-A agricultura inicia un proceso de certa renovación:
- Desaparición da fidalguía (xa empezara a decaer no século XIX) como consecuencia do sistema foral.
- A redención, como produto da capacidade organizativa do campesiñado (agrarismo).
-Importante evolución da industria conserveira e naval.
Fenómenos Migratorios
-Fenómenos migratorios: cara ao exterior e no interior (incremento do nº de habitantes urbanos).
Ideas Nacionalistas
-Consolidación das ideas nacionalistas onde xogará un papel importante:
Irmandades da Fala
- Asociacións culturais creadas en 1916 polos irmáns Vilar Ponte.
-A partir da defensa da lingua desenvolveron un ideario reivindicativo político e nacionalista.
- Autonomía integral para Galicia (lexislativa, xudicial e tributaria).
- Cooficialidade entre galego e castelán no noso país.
-O traballo cultural das Irmandades plamouse na creación de editoriais como Lar, Nós; revistas e xornais como A nosa Terra (voceiro das Irmandades); compañias teatrais como o Conservatorio Nazonal de Arte Dramático; e institucións científicas como o Seminario de Estudos Galegos.
Xeración Nós
-1º definición teórica do nacionalismo.
-Trata de demostrar a existencia de Galicia como pobo diferenciado, creador e conservador dunha cultura propia ó longo da historia.
- Na formación do Partido Galeguista.
Seminario de Estudos Galego
-Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades.
- Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
- Formar investigadores.
- Utilizar o galego no ámbito científico.
Partido Galeguista
-Nace en 1931, froito da xuntanza de diversos grupos nacionalistas, como intento de sintetizar achegas do grupo Nós e o programa de acción das vellas Irmandades.
-O seu obxectivo fundamental era a consecución da autodeterminación política para Galicia.
-O seu principal labor era a elaboración do Estatuto de Autonomía, cuxo texto foi aprobado en en referendo o 28 de xuño de 1936 e levado ante as cortes republicanas o 15 de xullo.
-Non obstante, 3 días despois a sublevación militar que deu orixe á Guerra Civil impediu a ratificación do mesmo polas Cortes.
-En plena contenda en 1938, o Estatuto tomou estado parlamentario grazas á teima de Castelao, entre outros.
-Agora ben o estatuto xamais chegou a ter efectos prácticos ao estar Galicia en mans das tropas franquistas.