A Modernización da Narrativa Galega: Irmandades da Fala e a Traxectoria de Ramón Cabanillas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,06 KB

Coleccións de Novela Curta na Modernización da Narrativa Galega

As Irmandades da Fala crearon editoras, conformaron un público cada vez máis amplo e fomentaron o cultivo dos xéneros menos desenvolvidos ata entón. Naceron así unha serie de coleccións literarias:

  • Terra Nosa: Naceu na Coruña en 1919, vinculada ao xornal El Noroeste/Céltiga. Publicou obras moi significativas, como Saudade.
  • Lar: Revista quincenal que foi a máis importante destas coleccións. Naceu en 1924 da man de Leandro Carré e Ánxel Casal. Constitúe o principal antecedente da Editorial Nós.

O Teatro das Irmandades da Fala

As Irmandades consideraron que o teatro era un dos ámbitos onde o galego debía gañar a batalla do prestixio social. Os problemas foron varios: a carencia de compañías teatrais dispostas a representar en galego, a desvalorización da lingua, etc.

A partir de 1916, observouse un notable avance:

  • Aumentou o número de obras e autores, e os textos responderon a maiores niveis de esixencia formal.
  • Os membros das Irmandades da Fala escribiron obras orixinais e realizaron traducións.
  • Fundaron pequenos grupos teatrais.
  • Ampliaros os círculos de espectadores.
  • Levaron adiante intentos renovadores das postas en escena.
  • Algunhas editoras fixeron un esforzo por ofrecer obras de xénero teatral.

Ramón Cabanillas: Figura Central da Literatura Galega

Ramón Cabanillas naceu en Cambados en 1876. En 1910 marchou a Cuba e, cando regresou, participou na creación das Irmandades da Fala. Representou o galego dentro da RAE. Na súa obra incorporou temática relixiosa, o mito artúrico, etc., demostrando un perfecto dominio da lingua.

Etapas da Obra de Cabanillas

Etapa Pregaleguista (1910-1915)

Na emigración en Cuba, publicou os seus primeiros libros: No desterro, Visión galega e Vento Mareiro. Estas obras expresan a nostalxia do desterrado e denuncian os males do foro e a miseria dos labregos.

Etapa Galeguista (1916-1920)

Corresponde á obra Da Terra asoballada e a un bo número de poemas que engrosan a segunda edición de Vento Mareiro. Nesta etapa, Cabanillas chamou aos galegos para que recuperasen o seu orgullo nacional.

Etapa Mítico-Saudosista (1921-1930)

Neste período, levou a cabo unha reconstrución do pasado nacional desde unha perspectiva saudosista. Na Noite estrelecida está composto por tres longos poemas narrativos. Nesta época, escribiu con Antón Villar Ponte a obra teatral O Mariscal e tamén deu a coñecer O bendito San Amaro con ilustracións de Castelao.

Etapa da Posguerra (1939-1959)

Pasou dez anos en silencio e volveu a ter un papel simbólico fundamental na recuperación cultural galega da posguerra. Dúas obras que mostran o seu labor como estudoso da literatura popular son Antífona da cantiga e Versos de alleas terras e tempos idos.

Entradas relacionadas: