Modalidades de Caza en Galicia: Técnicas, Especies e Xestión Cinexética

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 19,65 KB

Modalidades de Caza por Especie

Cabra Montesa

  • Caza ao Rececho: Consiste en localizar a peza cuns prismáticos, despois achégaselle cubríndose ata telo a unha distancia e posición de disparo non superior a trecentos metros. Para a práctica da caza ao rececho o máis adecuado é levar unha indumentaria lixeira e tratar de estar sempre o mellor camuflado posible, tendo en conta que posúe vista e oído moi desenvolvidos e ter certa forma física, para o esforzo que se vai realizar camiñando por zonas abruptas.

Cervo

  • Caza en Rececho: O cazador primeiro localiza o animal cuns prismáticos, despois achégase lentamente ata telo a distancia de tiro adecuada, non superior a 300 metros, tentando que sexa a mínima posible.
  • Caza en Montería: Consiste en colocar cazadores en diferentes postos dentro dunha zona que será batida con observadores e cans, co fin de botar as pezas cara ás liñas de lume establecidas. Utilízanse rehalas, compostas duns vinte cans cada unha, que son soltadas a unha hora determinada e servirán para dirixir a caza e marcar cos ladridos a súa presenza ou agarre.
  • Caza en Espera: Deberase saber cales son as zonas de paso do animal, nas que se colocará o cazador.
  • Caza en Batida: Mesmas características que a Montería. Diferénciase en que son os observadores quen, provistos das súas armas, cazan as diferentes pezas que saen. Practícase con can.
  • Caza en Gancho: Forma de caza moi similar á montería pero de menores proporcións.
  • Caza con Reclamo: Consiste en imitar sons emitidos polas femias durante a época de celo, co fin de atraer os machos.

Corzo

  • Rececho, Batida e Montería: En Batida o máis dificultoso será o momento do disparo, o corzo corre en zig-zag e dá grandes saltos, o que dificulta a apreciación da calidade do trofeo.

Lobo

  • Caza de Montería: Cercar unha superficie non moi extensa por medio de diferentes postos de cazadores, para despois facer saír o lobo por medio de observadores e cans, tentando que se dirixa cara a onde se atopa algún dos postos onde os cazadores tratarán de dispararlles.
  • Caza en Batida: Moi similar á Montería, diferénciase unicamente no feito de que na batida non hai postos fixos, senón que os observadores son os propios cazadores.

Rebezo

  • Caza ao Rececho: O normal será tirar a máis de cen metros, mesmo a 300, distancia grande se se considera que se trata dun animal de escasa estatura e que se move con facilidade nun hábitat inhóspito de montaña. A súa caza realízase ao Rececho, vai detrás da peza, o que a converte nunha das modalidades de caza máis deportivas. O Rececho adoita ser autorizado nos meses de agosto a outubro, así como de maio a xuño.

Xabaril

  • Caza ao Aguardo: Tamén denominada á espera, considerada como tipo de caza máis axeitado para o xabaril. Os mellores lugares para realizar a espera do animal é nos cebadoiros preparados e en zonas coñecidas como lugares de tránsito do animal.
  • Caza de Montería: Esta modalidade de caza consiste en cercar unha extensión de terreo colocando cazadores en diferentes lugares polos que se prevé que pasarán os xabarís.
  • Caza en Batida: Non hai postos fixos, senón que os propios cazadores fan as veces de observadores polo que irán provistos de armas coas que dispararán ás pezas que vaian saíndo.
  • Caza a Rececho: As pezas deben ser localizadas en campo aberto e tentar achegarse a elas, ata atoparse a unha distancia na que se estea seguro de poder realizar un disparo certeiro.
  • Caza de Ronda: Antigamente, practicábase a caza nocturna a cabalo, con cans de agarre e coitelo, especialmente no verán e con lúa chea. Caeu en desuso pola falta de espazos axeitados e o perigo da matanza con coitelo. Actualmente, segue a practicarse de noite, pero sen cabalos e empregando armas de fogo.
  • Caza ao Vaqueo: Consiste nun agardo no que se pretende cortar o paso ao xabaril cando este encamíñase cara ao seu encame diúrno; é un animal de costumes, adoita utilizar sempre os mesmos pasos para volver ao seu leito.

Arcea - Becada

  • Realízase ao salto preto dos ríos e regatos e é moi apreciada para a caza porque ten un despegue rápido cunha traxectoria en zig-zag de tal forma que é difícil cazalas.

Codorniz

  • A caza do paspallás require un ritmo pausado para que o can poida cubrir o máximo terreo sen afastarse demasiado. Se o rastrexo é eficaz, os paspallás desprazaranse cara ao linde. O mellor momento de caza adoita ser ao final da xornada, cando saen antes a alimentarse. A tempada principal é en agosto, pero as altas temperaturas poden afectar o can, reducindo a súa resistencia e olfacto. Para evitar a calor extrema, as xornadas divídense en dúas partes: pola mañá ata o mediodía e pola tarde desde as seis.

Coello

  • Caza con can rastreador: O cazador deberá manterse alerta dos movementos do can e tratar de observar as pezas que se movan diante del.
  • Caza con can de mostra: Labor do cazador é máis activa, cazador e can deberán bater o terreo, convén que o cazador coñeza ben a zona, camiñar a pouca distancia o un do outro.
  • Caza con furón: Para cazar coellos con furón, é fundamental seleccionar tobos con rastros frescos para evitar traballo innecesario. Non se debe introducir o furón nun tobo onde o coello acaba de entrar.

Lebre

  • Caza con Can de Rastro: O animal rastrexará a zona en busca dun encame, no momento en que o localice avisará ao seu amo, quen deberá cortarlle o paso á rabona.
  • Caza da lebre con galgos: Caza deportiva.

Perdiz Roxa

  • Caza á man: Consiste no rastrexo do terreo por un grupo de cazadores, seguimento da peza, aproximación e acoso ata poñela a tiro e abatela.
  • Caza ao ojeo: Consiste nunha serie de observadores, o número convinte sería o dobre ao de cazadores, e vaian cercando e concentrando nunha zona determinada os bandos de perdices.
  • Caza con Reclamo: Modalidade de caza na que se emprega como reclamo unha perdiz macho, que estará engaiolada.

Perdiz Charrela

  • A forma de cazala máis habitual era o salto. O cazador busca a peza rastreándoa co can, cando están preto, este último fai unha “parada”, quedando totalmente inmóbil e indicando onde está a ave. Á orde do cazador, o can levántaa e dispara.

Métodos Prohibidos de Captura

  • Lazos, trampas, aparello electrocutante, faros/lanternas de noite, ballestas, furóns sen autorización, aves de cetrería sen autorización.

Regulamento de Caza de Galicia: Sección 5ª

Modalidades de Caza Maior

  • Montería: Caza colectiva en monte pechado con entre 20 e 50 cazadores en postos fixos e ata 5 rehalas (máx. 22 cans cada unha). Os batidores non levan armas.
  • Gancho: Similar á montería pero máis pequena, con 10-30 cazadores en postos variables e ata 30 cans en dous grupos. Algúns cazadores poden acompañar os cans.
  • Rececho: O cazador busca a peza activamente coa axuda dun guía ou garda.
  • Aguardo ou espera: O cazador permanece agochado esperando que a peza se achegue de maneira natural.

Modalidades de Caza Menor

  • Á man: Grupo de cazadores avanzan en liña, con ou sen cans, cazando no terreo.
  • Ojeo: Os ojeadores baten o terreo sen cans para levar a caza cara aos cazadores en postos fixos.
  • Ao salto: O cazador, só ou con can, percorre o terreo disparando ás presas que atope.
  • Ao paso / en posto fixo: O cazador espera nun posto fixo a que as presas pasen ou acudan, con ou sen cimbeles.
  • Persecución con galgos: Exclusiva para lebres; os galgos capturan as presas sen armas de fogo.
  • Perdiz con reclamo: Desde un posto fixo, o cazador usa un macho de perdiz como reclamo para atraer outras.
  • Zapeo: Para coellos e raposos; os cazadores baten o terreo para que as presas fuxan cara aos postos de tiro.

Caza con Aves de Cetrería e con Arco

  • Caza con arco: Só permitida en terreos cinexéticos de réxime especial que a inclúan como método autorizado.
  • Cetrería: O cazador, con ou sen can, levanta a caza para que a capture a súa ave rapaz. Require autorización específica e debe estar incluída no Plan de Ordenación Cinexética.
  • Requisitos: O cetrreiro debe contar coa licenza correspondente, e o adestramento das aves debe realizarse en espazos habilitados nos plans de ordenación dos Tecor.

Requisitos para a Caza

  • Regulacións Xerais: Deben cumprirse os plans e as ordes que regulan os períodos hábiles. Non se pode disparar caza menor en caza maior e viceversa sen autorización.
  • Montería e Ojeo: Prohibido desdobrar postos.
  • Batidores e Perreiros: Non poden usar armas de fogo, pero poden rematar caza maior con arma branca.
  • Montería e Gancho: Mentres se celebren, prohíbese cazar doutras formas nesa zona.
  • Perdiz con Reclamo: Só permitida se o plan de ordenación a contempla, en época de celo e por un máximo de 6 semanas. Se o reclamo vén doutra comunidade, requírese autorización especial.
  • Aves Acuáticas: Prohibida a caza desde embarcacións a motor ou usalas para espantar as aves.
  • Caza Nocturna: Prohibida salvo esperas con autorización, podendo incluír fontes luminosas por seguridade.

Modalidades Específicas de Caza

Caza con Arco

  • Non adoitan dispoñer de elementos de puntería, así que o cazador debe disparar utilizando unicamente as habilidades da vista, coordinación muscular e memoria como única referencia.
  • O arco recto ou longbow: Tamén coñecido como “arco longo inglés”. Desenvolveuse na Europa da Idade Media e é o arco tradicional de caza que máis conservou a estética dos arcos de outrora. É o representante por excelencia dentro dos arcos tradicionais.
  • O arco recurvado: A súa principal característica é a dobre curvatura das súas pas, que mellora o rendemento do arco. Xeralmente, é máis curto que os longbows, pero cunha empuñadura máis grande e pas máis grosas que forman un arco máis pesado e estable á hora do seu manexo.
  • Arco de poleas ou composto: Os arcos compostos caracterízanse por ter no extremo das súas pas unhas poleas accionadas por un sistema de cables. Estas poleas están encargadas de diminuír a forza de tensado necesaria para manter o arco aberto. Un arco composto, a diferenza dos tradicionais, ten unha apertura máxima fixa, independentemente do tamaño do tirador. Ao chegar a ese máximo é onde as poleas xeran un efecto “relaxación” que permite aguantar o arco sen moito esforzo e apuntar con calma.

Caza con Furón

  • Expulsar os coellos das súas furas, tobeiras, covas, etc., tentando que non queden coellos mortos nos vivares. Os furóns cazan por instinto natural.

Caza de Cetrería

  • A Cetrería é unha modalidade de caza introducida polos visigodos, no que se empregan diferentes especies de rapaces para capturar unha peza de caza acorde ao tipo de ave escollida para cazar.
  • Modalidade de caza con dous protagonistas principais:
    • A ave rapaz
    • A presa
  • O home é un espectador que intervén para:
    • Forzar uns feitos que se desenvolven de xeito natural nun ecosistema, ou facer que esta situación se desenvolva nun tempo e espazo concreto.

Orixe das Aves de Cetrería

  • Só poden ser utilizadas as aves que proveñan da cría en catividade.
  • Nos centros de cría fanse inseminacións co fin de obter diferentes híbridos.
  • Todas irán aneladas e documentadas. Algunhas levan emisores para ser localizadas en casos de perda.
  • Son unhas aves que requiren moitos coidados: cazar, voar e exercitarse case a diario.

Repoboacións Cinexéticas

Normas Básicas de Repoboación

  • Animais vacinados.
  • Período de aclimatación dos animais.
  • Marcar os exemplares con anillas ou chapas.

Métodos para Reducir a Eficiencia do Depredador

  • Manexo do hábitat: Mellorar zonas de refuxio e reprodución para dificultar o encontro depredador-presa e facilitar a fuxida. Exemplo: creación de biotopos e rozas de matogueira.
  • Aumento da Interferencia entre Depredadores: Usar sinais de territorialidade, como ouriños de raposos cazados, para impedir a chegada de novos individuos.
  • Alimentación Artificial: Proporcionar alimento en épocas de reprodución para distraer os depredadores.
  • Cercados Eléctricos: Útiles para protexer zonas de cría, evitando o acceso da maioría dos carnívoros.

Normas de Repoboación do Coello Silvestre

  • Adecuación do Hábitat: Mellorar a zona, creando abrigos e controlando depredadores. Respectar as proporcións de sexos (60% femias, 40% machos) e idades (70% mozos, 30% adultos).
  • Orixe dos Individuos: Usar só coellos silvestres, evitando cruces con animais caseiros, para manter as características naturais e evitar vulnerabilidades.
  • Proporcións Adecuadas: Respectar as razóns de idades e sexos ao introducir os animais.
  • Transporte: Será o máis rápido posible, con ventilación abundante pero sempre indirecta.
  • Marcaxe e Seguimento.

Xestión do Medio

  • Sementar gramíneas, xa que se alimentan delas, forraxes e construír refuxios.

Peches de Coellos

  • Peches de Cría: Introdución de coellos autóctonos para facilitar a súa reprodución controlada, de forma extensiva ou semiintensiva.
  • Peches de Adaptación ou Corentena: Coellos procedentes doutros peches ou granxas que pasan un período de adaptación e corentena antes de ser soltados no Tecor, logo de vacinados.
  • Peches Mixtos: Peches de cría que tamén se utilizan excepcionalmente como peches de adaptación e corentena.

Mantemento dos Peches

  • Rexeneración dos Pasteiros: Mellorar a alimentación cando os pasteiros están sobreexplotados.
  • Subministración de Palla: Para a construción das camas de parideiras.
  • Desinsectación dos Tobos: Eliminar pulgas con insecticidas para previr enfermidades.
  • Introdución de Novos Exemplares: Evitar a consanguinidade nos peches de cría.

Repoboación con Perdiz

  • Adecuación do Hábitat: Crear cultivos para as perdices, comedeiros, bebedeiros e refuxios, e controlar preeiros.
  • Idades e Datas de Solta:
    • Desde mediados de xuño a setembro: animais de 1 a 3-4 meses.
    • Desde mediados de novembro a febreiro: reprodutores adultos.
  • Método de Solta: Soltar as perdices nun xaulón para facilitar a aclimatación.
  • Preparación da Zona: Elixir ben o lugar de solta e tratar os tobos con insecticida entre 5 e 15 días antes da solta.

Dinámica de Poboacións

Unha poboación é un conxunto de individuos da mesma especie que habitan nunha área determinada e que poden cruzarse, producindo descendencia fértil. Estas poboacións teñen a súa propia organización e funcionan como un todo, renovando os seus individuos e mantendo a súa identidade ao longo do tempo.

As poboacións non existen illadas, senón que interaccionan entre si, co seu contorno e co ambiente. Ningunha poboación medra de maneira indefinida, xa que participa en relacións de competencia e cooperación, mantendo un equilibrio estable.

O tamaño das poboacións varía, desde poucas especies (como o oso) ata grandes poboacións (como os insectos).

Dinámica de Poboacións

As poboacións naturais coexisten con outras poboacións e coas condicións ambientais, e a súa dinámica depende de tres factores principais:

  • As propiedades intrínsecas de cada especie.
  • O medio físico.
  • A presenza ou ausencia doutras especies.

Entradas relacionadas: