Migracións e Transformación Demográfica en España (Séculos XX-XXI)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,5 KB
O Éxodo Rural e as Migracións Interiores
Primeiro Terzo do Século XX e Posguerra
No primeiro terzo do século XX, correntes emigratorias das zonas rurais marcharon cara ás cidades, impulsadas polas novas actividades industriais destas áreas. Este movemento interrompeuse durante a Guerra Civil e a inmediata posguerra.
Nesta época, a economía española tivo un crecemento apoiado pola industrialización e o turismo, e produciuse un éxodo rural masivo. Cabe destacar nestas migracións interiores:
- Espazos emisores: Andalucía, Estremadura, Castela, Aragón, Asturias e Galicia.
- Espazos atractores: Madrid, Cataluña e o País Vasco, que se atopaban en plena industrialización. Tamén creceron outras cidades como Valencia, Sevilla, Valladolid e Vigo.
Novas Pautas Migratorias (1975 - Actualidade)
As migracións interiores masivas de carácter laboral finalizaron bruscamente a mediados dos anos 70 como consecuencia da crise económica. Coa recuperación económica, os fluxos reactívanse.
Destaca un novo modelo migratorio no que as migracións interprovinciais perden importancia a prol das migracións intraprovinciais. Na actualidade, os fluxos migratorios son de curta distancia e están ligados á expansión urbana. O crecemento das principais cidades desbórdase e empezan a encherse os municipios próximos, que experimentan un gran crecemento a causa de factores económicos, sociais, culturais e ambientais.
A Inmigración en España: De País Emigrante a Receptor
O desenvolvemento económico transformou España dun país tradicionalmente emigrante a un país receptor de inmigración. Tras a súa entrada na UE, converteuse nun país de inmigración. A conxunción dun descenso da emigración e un aumento sen precedentes da inmigración exterior proporcionou que o saldo migratorio en España fose claramente positivo desde os anos 80 ata o ano 2011 (debido á crise económica).
Fases da Inmigración Exterior en España
Canto á inmigración en España, pódense distinguir dúas fases:
Primeira fase (Anos 80 - 90): A maior parte dos estranxeiros procedían de Occidente, Centro e Norte de Europa.
- Numerosos xubilados europeos elixiron España para gozar do seu clima e estilo de vida.
- Os traballadores das multinacionais europeas foron asentándose en Madrid e Barcelona (BCN).
Segunda fase (Desde os 90): Desde os anos 90, chegaron ao noso país cidadáns de Europa do Leste, así como latinoamericanos, asiáticos e norteafricanos.
Distribución Espacial e Actividade Laboral
Os estranxeiros concéntranse onde hai máis oportunidades de emprego, xunto ao Mediterráneo e as illas. Tamén existe un número importante de africanos en áreas rurais, xa que a súa localización está moi relacionada co tipo de traballo que desempeñan. Os inmigrantes ocupan postos de traballo que non eran cubertos pola poboación española.
Efectos Socioeconómicos da Inmigración
Os inmigrantes, co seu traballo, contribuíron de forma decisiva ao crecemento económico de España e axudaron a frear o proceso de envellecemento da poboación. En canto á integración social dos inmigrantes, a situación é moi diferente segundo os colectivos, xa que algúns poden integrarse moito máis facilmente ca outros en función da súa lingua e a súa cultura.