Metodoloxía de Comentario de Texto: A Lírica Medieval Galego-Portuguesa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,52 KB
Introdución ao Comentario da Cantiga
Situámonos ante unha cantiga de tipo: .................... (amigo, amor ou escarnio e maldizer / xénero menor) de autor: .................... (nome do autor).
A identificación do xénero realízase pola presenza da palabra clave no verso: .................... (indicar o verso):
- Cantigas de amigo: Aparecen termos como “amigo, irmana, amiga, velida”.
- Cantigas de amor: Aparecen termos como “senhor, dama”.
- Cantigas de escarnio e maldizer: Non hai palabra identificativa, pero recoñécense polo seu carácter satírico, atacando vicios, defectos, actitudes ou persoas concretas.
Ademais, a voz poética é: .................... (masculina: nas de amor e nas de escarnio; feminina: nas de amigo).
Orixe e Contexto Histórico das Cantigas
A orixe destas composicións é:
- Cantigas de amor: Teñen orixe provenzal e réxense polo código do amor cortés. O trobador está ao servizo dunha senhor, como se fose o seu vasalo, e ela debe protexelo ou cando menos non mostrarse sanhuda con el.
- Cantigas de amigo: Teñen unha orixe autóctona que se vincula coa tradición europea oral da canción de muller e coas kharxas mozárabes na península.
- Cantigas de escarnio e maldizer: Teñen a súa orixe no sirventés provenzal, unha composición satírica de tipo moral, aínda que no caso da lírica galego-portuguesa amplían os temas.
Estrutura e Contido Temático
Tema Principal e Subxénero
Dende o punto de vista do contido, o tema principal é: .................... (lembrar que o tema se formula cun substantivo abstracto).
Ademais, dentro deste xénero, pertence ao subtipo: .................... (Nas de amor non hai subtipos. Subtipos das cantigas de amigo: mariña ou barcarola, romaría, bailada e alba).
División Estrutural do Texto
Podemos dividir o texto en ......... partes. A primeira vai do verso....... ao verso................ e trata de .................... A segunda......................
(Indícase cantas partes e que versos ou estrofas comprende cada unha, e logo explícase o seu contido. Estas cantigas son moi repetitivas; moitas veces o tema principal dáse na primeira cobra e as seguintes van achegando pequenas variacións. Nun caso así, poderiamos facer só unha parte; hai quen considera que esas pequenas variacións forman partes independentes, entón teriamos unha parte por cada cobra; e tamén é frecuente que o contido se agrupe de dúas en dúas estrofas cando hai leixaprén.)
Focos Temáticos Específicos por Xénero
*** A continuación, indícase o que se debe tratar. Isto débese redactar de forma orixinal.
Cantiga de Amigo: Personaxes e Elementos
Hai que falar das personaxes:
- Amiga: Que sentimentos manifesta.
- Amigo: Se está ausente, se ten ou non interese.
- Nai: Normalmente impide o romance.
- Irmás e amigas: Funcionan como confidentes.
Tamén se deben comentar os elementos naturais: o mar, as ondas, as árbores, o cervo, o cabelo, etc.
Cantiga de Amor: O Trobador e a Dama
Hai que falar da voz poética, do trobador, e indicar cales son os sentimentos amorosos que manifesta cara á súa senhor; a quen se dirixe (aínda que vai falar da dama, pódese dirixir a ela, a Deus, ao Amor…).
Pola relación que manifesta coa amada, débese determinar o grao de amante:
- Fenhedor
- Precador
- Entendedor
- Drudo (este último, aínda que na lírica provenzal existía, aquí só aparece en cantigas de escarnio e maldizer).
Tamén hai que falar da amada e da relación que ten coa voz poética/trobador. Ela responde a un ideal de beleza e case non hai descrición: muller nova, brancura, pelo loiro… Se se desexa, pódese comentar a diferenza entre a dama provenzal e a nosa.
Cantiga de Escarnio e Maldizer: Sátira e Obxectivo
As cantigas de escarnio fan sátiras xerais e as de maldizer, a personaxes concretas. (FALTA COMPLETAR TIPOS)
Aspectos Formais e Expresivos
Métrica e Estrutura Estrofaica
Dende o punto de vista da expresión, estamos ante unha cantiga de ........... (de refrán se ten refrán, de mestría se non ten refrán).
Esta cantiga está formada por ....... (indicar o número) de cobras de ....... (indicar o número) versos cada unha, con rima ............. (macho ou femia). O esquema métrico sería o seguinte:........ (indicar o esquema métrico).
Recursos de Repetición e Retóricos
Como todos sabemos, as cantigas teñen como finalidade seren cantadas e nese senso, abondan os recursos de repetición como:
- Paralelismo
- Leixaprén
- Dobres
- Mordobres
- Fiinda
- Ata a fiinda
(Débense explicar indicando os versos onde aparecen.)
Tamén atopamos outros recursos retóricos:
- Nos tres tipos: Comparacións, hipérboles.
- Nas de escarnio e maldizer: Equívocos, diloxías.
Léxico e Campos Semánticos (Só para a Cantiga de Amor)
Con respecto ao léxico, destacan os seguintes campos semánticos: ............ (loanza da dama, reserva da dama, coita de amor, amor do poeta). Debedes indicar que campos semánticos predominan e achegar algún exemplo. A función destes campos semánticos é enxalzar o tema principal.
Lingua Galego-Portuguesa
Con respecto á lingua, o galego-portugués era unha koiné (explicación). Destacan as grafías:
- nh ou lh
- g/j
- z/ç
(Achegar exemplos. Aquí, todo o que se vexa diferente da lingua actual ten cabida: apóstrofes, palabras como senhor que tiñan unha terminación en OR para ambos xéneros…)
Conclusión
Xa para rematar,........................ (recapitulades o máis importante ou indicades a vosa impresión, evitando xuízos de valor subxectivos como “gústame / non me gusta”).