Metodoloxía AMFE: Xestión e Prevención de Fallos en Produtos e Procesos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,96 KB

Análise Modal de Fallos e dos seus Efectos (AMFE)

O AMFE (Análise Modal de Fallos e dos seus Efectos) é unha técnica de avaliación preventiva que permite:

  • Busca de defectos potenciais (que poden chegar a ser) dun produto ou proceso mediante a análise dos seus compoñentes. Exemplo: conector RJ45 mal grimpado.
  • Identificación das causas posibles deses defectos. Exemplo: grimpadora avariada, conector RJ45 defectuoso.
  • Establecemento de medidas correctoras e preventivas.

Existen dous tipos de AMFE: o de produto e o de proceso. A diferenza fundamental é que no relativo a produtos, trabállase con funcións de produtos, e no de procesos, con operacións de procesos.

Fases da Metodoloxía AMFE

As fases principais para a aplicación do AMFE son:

  1. Análise funcional do produto ou das operacións do proceso.
  2. Identificación dos tipos de defecto posibles.
  3. Avaliación dos efectos potenciais para cada defecto.
  4. Identificación das causas posibles para cada tipo de efecto.
  5. Valoración da criticidade para cada causa.
  6. Determinación das accións correctivas e preventivas precisas.

Análise Funcional do Produto ou das Operacións do Proceso

AMFE de Produto

No referido ao produto, esta fase identifica as funcións dun produto e de todos os seus elementos. Hai dous tipos de funcións:

  • Funcións Principais: Son aquelas para as cales o produto foi fabricado. Exemplo: monitor, amosar imaxes cunha determinada resolución.
  • Funcións Restritivas: Son as funcións que o produto debe cumprir para poder desenvolver a súa función principal. Exemplo: equipo informático no ámbito industrial, resistencia fronte a impactos. As funcións restritivas obtéñense mediante a descomposición do equipo.

AMFE de Proceso

No referido a operacións do proceso, consiste en descompoñer un proceso nas súas fases e, á súa vez, as fases en operacións. Exemplo:

  • Proceso: Instalación dun sistema informático.
  • Fase 1: Desembalar o equipo informático.
    • Operacións: Desembalar a CPU, desembalar o monitor.
  • Fase 2: Instalar o software.
    • Operacións: Instalar o sistema operativo, instalar aplicacións de usuario.

Identificación dos Tipos de Defecto Posible

Consiste en buscar, para cada compoñente do produto ou para cada operación do proceso, os defectos potenciais que poden xurdir.

  • Exemplo de Produto: Defecto da pantalla do monitor: píxel defectuoso.
  • Exemplo de Proceso: Operación de instalación dun sistema operativo. Posible defecto: que se atopen clusters defectuosos no disco duro.

Unha vez detectados os defectos, é necesario avaliar os efectos que provocarían.

Identificación das Causas para Cada Defecto

Defínense as posibles causas que poden xerar os defectos detectados previamente.

  • Referido ao Produto (Causas do píxel morto): Mal montaxe, transistor de activación do píxel avariado.
  • Referido ao Proceso (Defecto: formato físico defectuoso): Utilización de software equivocado, que non se corresponde con ese disco duro.

Valoración da Criticidade para Cada Causa

A criticidade (ou Número de Prioridade de Risco) calcúlase a partir de tres parámetros fundamentais:

  • Ocorrencia: Mide a frecuencia de aparición da causa e do efecto.
  • Gravidade: Mide o nivel de consecuencias do efecto producido polo defecto.
  • Detección: Mide o momento no cal se detecta o defecto.

Entradas relacionadas: