A Metafísica Aristotélica: Potencia, Acto e a Doutrina das Catro Causas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,81 KB
A Explicación Aristotélica do Cambio e a Causalidade
No seu estudo, Aristóteles explica o cambio e a causa deste, unha carencia que observaba na filosofía do seu mestre (Platón).
A Teoría da Potencia e o Acto
Para Aristóteles, o movemento ou cambio é un paso da potencia ao acto. Esta distinción é fundamental para comprender a súa ontoloxía:
- O Acto é o que unha cousa é nese momento, o estado no que esta.
- A Potencia, clasificada en activa e pasiva, é o poder de producir un cambio na substancia (potencia activa) ou a capacidade dunha substancia de pasar dun estado a outro e recibir o efecto da potencia activa (potencia pasiva), respectivamente.
Tipos de Cambios
Aristóteles distingue dous tipos principais de cambios:
- Cambios Substanciais: Os que alteran a composición fundamental da materia.
- Cambios Accidentais: Os que só modifican as súas características físicas (cor, tamaño, posición, etc.).
A Doutrina das Catro Causas
Para que o cambio se produza, existen catro causas que o desencadean. Estas divídense en intrínsecas (internas ao obxecto) e extrínsecas (externas ao obxecto).
Causas Intrínsecas
Son a materia e a forma, elementos constitutivos da substancia:
- Causa Material: A substancia que recibirá os cambios (a potencia pasiva e o principio de individuación).
- Causa Formal: O aspecto ou esencia no que esa materia se atopa.
Causas Extrínsecas
Son as que inician e dirixen o proceso de cambio:
- Causa Eficiente: Aquela que pon en marcha o cambio.
- Causa Final: Aquela que determina o obxectivo ou propósito co que se vai producir o cambio.
A Crítica Aristotélica ao Sistema Platónico
Sabendo isto, podemos comprender o texto, referente á metafísica, pero con relación directa coa crítica ao sistema platónico. Aristóteles detecta unha contradición (que el identifica no seu principio de non contradición da metafísica como a imposibilidade de facer ciencia) na función das ideas para as cousas sensibles.
«De que serven as formas (ideas) para as cousas sensibles...?»
Tras formular a pregunta, afirma que estas «non son causas nin do seu movemento nin de cambio». Polo tanto, é posible afirmar tamén que «as demais cousas non poden provir das formas en ningún dos sentidos», xa que, coa concepción de idea exposta (inmóbil e eterna), o cambio non tería ningún sentido lóxico nin explicativo.
Observando a evolución do autor, podemos ver que continuou co planteamento desta cuestión, chegando a unha resolución explicada principalmente na súa teoría da potencia e o acto e das catro causas, pero tamén ao longo do seu estudo físico e metafísico.
Influencia de Aristóteles na Filosofía Posterior
Aristóteles tivo unha gran influencia na filosofía posterior, sendo un dos pensadores máis relevantes da historia occidental.
Contribucións Clave
- Empirismo: Foi considerado un dos primeiros empiristas, o que repercutiu no empirismo moderno, con pensadores como Locke, Berkeley e Hume.
- Ciencia e Política: Foi tamén un dos primeiros científicos e un precursor das teorías do contrato social, influíndo en autores como Hobbes, Locke e Rousseau.
- Metafísica e Escolástica: A súa terminoloxía continuou a ser clave na metafísica posterior. O redescubrimento da súa filosofía influíu profundamente na filosofía cristiá durante a época escolástica, especialmente a través de pensadores como Tomé de Aquino.